Guías da Colección Paisaxe Galega

Guías da Colección Paisaxe Galega

Aprendendo a mirar...

O documento de referencia para a elaboración do Estudo de Impacto e Integración Paisaxística (EIIP) concíbense como o documento técnico no que se avaliarán os impactos que os proxectos considerados poidan provocar na paisaxe e as medidas de integración paisaxística propostas polas entidades promotoras.

O EIIP incluirá unha diagnose do estado actual da paisaxe, a xustificación do proceso de incorporación das directrices, unha vez aprobadas, correspondentes á unidade da paisaxe na que se pretenda actuar. E, finalmente, os criterios e medidas adoptadas para acadar a integración paisaxística do proxecto.

Conforme ao establecido no artigo 11.1 da lei 7/2008, de 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, todos os proxectos que deban someterse ao procedemento de Declaración de Impacto Ambiental, segundo se establece na lexislación sectorial vixente, as entidades promotoras deberán de incorporar no estudo de impacto ambiental un estudo de impacto e integración paisaxística, documento específico no que se avaliarán os efectos e impactos que o proxecto poida provocar na paisaxe e as medidas de integración paisaxística propostas.

O citado estudo deberá conter, como mínimo:

  1. Unha diagnose do estado actual da paisaxe: principais compoñentes, valores paisaxísticos, visibilidade e fraxilidade da paisaxe.
  2. O impacto previsto do proxecto sobre os elementos que configuran a paisaxe
  3. Os criterios e as medidas que se deban adoptar para acadar a integración paisaxística

El EIIP debe ter un carácter operativo e flexible, con un contido específico que incida nos aspectos de maior impacto potencial, sen necesidade de repetir a análise de aquelas variables da matriz biofísica ou cultural que xa son obxecto de tratamento pormenorizado nos estudios derivados do procedemento de Declaración de Impacto Ambiental, recollido na normativa vixente.

Haberá que evitar descricións excesivas e a acumulación dos datos recollidos nos Estudos de Impacto Am­biental vinculados ap proxecto, de ser o caso.

O xeito adecuado de informar sobre a diagnose da paisaxe será, sobre todo, a través de documentación gráfica e cartográfica. A escala de cada uno dos elementos recollidos en dita cartografía será a necesaria para a comprensión dos parámetros descritos.

O índice de tales estudios deberá conter, a lo menos, os seguintes epígrafes:

  1. Análise e diagnose das compoñentes da paisaxe, caracterización sensorial e distribución territorial.
  2. Xustificación, descrición e alcance da actuación prevista.
  3. Determinación de impactos. Fraxilidade paisaxística e capacidade de acollida.
  4. Análise de visibilidade.
  5. Valoración de impactos e grado de afectación e reversibilidade.
  6. Valoración da estratexia de integración paisaxística, con expresión das alternativas analizadas.
  7. Xustificación do cumprimento das determinacións contidas na lexislación vixente, así como as derivadas dos instrumentos de protección, xestión e ordenación da paisaxe que lles sexan de aplicación.
Guía de Estudos de Impacto e Integración Paisaxística

... comprendendo o lugar.

En proceso de actualización e adaptación á normativa sobre Paisaxe.

Guía de Criterios de Sustentabilidade e Integración Paisaxística dos Establecementos de Acuicultura Litoral

A acuicultura litoral é unha actividade estreitamente relacionada co medio ambiente e a paisaxe, polo que a sustentabilidade e o respecto ó medio debe ser unha condición inherente á súa implantación e desenvolvemento.

Esta guía parte do recoñecemento do litoral como unha unidade ambiental, social, paisaxística e produtiva. O Seu reto consiste en axudar a establecer un marco metodolóxico de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística aos profesionais que interveñen no proceso de implantación dos establecementos de acuicultura litoral.

Trátase dun documento metodoloxicamente completo e con todo de fácil manexo, de tal forma que calquera público interesado poida achegarse a esta materia.

A súa edición enmárcase dentro do ámbito da Estratexia Galega da Paisaxe, integrando o desenvolvemento da acuicultura no modelo proposto polas Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), o Plan de Ordenación do Litoral (POL) e a Lei de Protección da Paisaxe de Galicia.

A experiencia sobre establecementos de acuicultura ven a demostrar que un dos conflitos destacados que xeran é súa falta de integración paisaxística, porque a acuicultura litoral comparte os retos da sustentabilidade con todas as demais actividades humanas. Esta guía ofrece as claves para dar cumprida resposta ao desafío de integrar esta tarefa no medio ambiente e na paisaxe das nosas costas.

Guía de Boas Prácticas para a Intervención nos Núcleos Rurais

A guía será o instrumento que permita racionalizar o crecemento dos núcleos rurais ofrecendo modelos e alternativas que, sen deixar de ser contemporáneos, conserven e potencien un modelo de asentamento sustentable e respectuoso co medio e a paisaxe.

Que é?

Documento de apoio

  • Dirixido a
    • Técnicos municipais
    • Equipos urbanísticos
    • Profesionais que interveñen nos núcleos rurais
  • Para
    • Buscar equilibrio entre desenvolvemento e conservación
    • Integración harmoniosa das novas edificacións no conxunto existente

Por que esta guía?

  • É necesario achegar alternativas aos modos de intervención que están a deteriorar o medio rural
  • É desexable evitar a dispersión que contribúe, non só ao menoscabo do medio e da paisaxe, senon tamén a un maior gasto en infraestruturas
  • É imprescindible a protección dos núcleos singulares e daqueles de interese arqueolóxico, patrimonial ou arquitectónico

Para que é a guía?

Debe servir de axuda para alcanzar solucións de equilibrio no noso desenvolvemento territorial mediante:

  • A análise e entendemento dos procesos de ocupación do solo
  • A posta en valor dos diferentes e diversos valores patrimoniais e físicos existentes

Achéganse claves interpretativas e criterios sistematizados para intervir dende unha lóxica integradora e de respecto polo medio

Establécense como obxectivo criterios e referencias para a axeitada consecución de:

  • A delimitación e as ordenacións urbanísticas dos núcleos rurais
  • A localización e implantación da edificación no terreo
  • O entendemento dos principios de deseño en relación á construción, renovación ou ampliación de vivendas unifamiliares nos núcleos rurais ou na sua contorna
  • A urbanización e acondicionamento do espazo público dos núcleos
  • Exemplos de desenvolvemento dun deseño contemporáneo e sustentable
Guia de Boas Prácticas de Intervención en Sistemas Praia-Duna

A guía de boas prácticas de intervención en sistemas praia-duna é a resposta desde o Goberno Galego ao sentir que existe na sociedade sobre a necesidade de dotar dun instrumento de consenso, capaz de establecer as regras de xogo desde as que superar os desaxustes entre un aproveitamento do litoral e os valores naturais e culturais que albergan as nosas costas e moldean a nosa sociedade.

A guía será útil, tanto para os concellos e as demais administracións como para as oficinas que proxectan o planeamento e para todos os axentes que interveñen no litoral.

Nas últimas décadas, este límite terra-mar sufriu presións de diversa natureza que provocaron ameazas e disfuncións que comprometían os seus valores ambientais e, polo tanto, identitarios e culturais.

Esta guía concíbese co propósito de divulgar a riqueza destes medios naturais, para propoñer métodos e técnicas de conservación ou restauración eficaces, promovendo unha cultura sensible aos valores singulares dos nosos areais que guíe o noso comportamento á hora de actuar neles.

O Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, que obtivo o recoñecemento das Nacións Unidas como “boa práctica”, marca as liñas de traballo a seguir para as actuacións nas nosas costas. Este manual materializa unha destas liñas, ofrecendo un compendio de solucións para as actuacións nos sistemas praia-duna.

Este documento forma parte da colección Paisaxe Galega. Nesta colección pretendemos dar cabida a outras formas de facer as cousas, poñendo sobre a mesa as preguntas que nos temos que facer cando actuamos sobre o territorio. Neste caso, a necesidade faise moito máis acusada por tratarse dunha zona como o litoral galego, de gran riqueza ambiental, patrimonial e social, sometido, como temos dito, a importantes ameazas.

Guía de Cor e Materiais de Galicia

A finalidade da Guía de Cor e Materiais de Galicia é proporcionar uns criterios e directrices técnicas e obxectivas para a regulación do emprego da cor e os materiais de revestimentos arquitectónicos nas paisaxes urbanas, rururbanas e rurais das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia. Esta Guía está fundamentada sobre unha investigación das características das edificacións tradicionais e orientada a asegurar unhas boas condicións de integración paisaxística, tanto en obras de rehabilitación ou reforma de edificacións existentes, como en obras de nova construción. Os criterios expresados na Guía pretenden lograr un equilibrio entre a congruencia coa arquitectura tradicional, e por tanto co patrimonio cultural en sentido amplo, e a procura dun nivel alto de calidade escénica nas contornas humanas.

Con este fin, tras unha análise de preto de 3.800 edificacións en núcleos urbanos, periurbanos ou núcleos rurais, solo rústico e polígonos industriais, obtívose un diagnóstico sobre os materiais e cores empregados na arquitectura tradicional e recente en cada comarca paisaxística, así como unha proposta sobre os materiais e cores recomendados para ser utilizados en cada tipoloxía de edificación.

A Guía está estruturada en catorce tomos:

  • Unha Memoria na que se expoñen os antecedentes, outras experiencias semellantes, se explica a metodoloxía desenvolvida, se resumen as características da paisaxe de cada Grande Área Paisaxística e se sintetizan os traballos de recollida de información e as conclusións xerais de diagnóstico de materiais e cores para cada unha das grandes áreas paisaxísticas.
  • Un tomo de Instrucións de uso, que inclúe as instrucións para a utilización da Guía, así como os criterios e recomendacións xerais para o emprego dos materiais e as cores nas construcións.
  • Doce cadernos, un por cada Grande Área Paisaxística, nos que se recollen as cartas de cores detalladas para cada unha das tipoloxías de edificación consideradas.

Documento/s relacionados

  • Memoria Descargar  (1.100 Kb)
  • Instrucións de Uso Descargar  (7.415 Kb)
  • Tomo I - Serras Orientais Descargar  (3.213 Kb)
  • Tomo II - Serras Surorientais Descargar  (3.549 Kb)
  • Tomo III - Chairas e Fosas Luguesas Descargar  (3.686 Kb)
  • Tomo IV - Chairas, Fosas e Serras Ourensás Descargar  (4.365 Kb)
  • Tomo V - Ribeiras Encaixadas do Miño e do Sil Descargar  (4.537 Kb)
  • Tomo VI - Costa Sur – Baixo Miño Descargar  (2.291 Kb)
  • Tomo VII - Galicia Central Descargar  (2.772 Kb)
  • Tomo VIII- Rías Baixas Descargar  (3.373 Kb)
  • Tomo IX - Chairas e Fosas Occidentais Descargar  (3.457 Kb)
  • Tomo X - Golfo Ártabro Descargar  (3.299 Kb)
  • Tomo XI - Galicia Setentrional Descargar  (2.116 Kb)
  • Tomo XII - A Mariña – Baixo Eo Descargar  (5.466 Kb)
  • Anexo I - Fichas da Toma de Datos - I - Serras Orientais Descargar  (26.561 Kb)
  • Anexo I - Fichas da Toma de Datos - II - Serras Surorientais Descargar  (20.635 Kb)
  • Anexo I - Fichas da Toma de Datos - III - Chairas e Fosas Luguesas Descargar  (27.636 Kb)
  • Anexo I - Fichas da Toma de Datos - IV - Chairas, Fosas e Serras Ourensás Descargar  (44.560 Kb)
  • Anexo I - Fichas da Toma de Datos - V - Ribeiras Encaixadas do Miño e do Sil Descargar  (41.539 Kb)
  • Anexo I - Fichas da Toma de Datos - VI - Costa Sur – Baixo Miño Descargar  (65.101 Kb)
  • Anexo I - Fichas da Toma de Datos - VII - Galicia Central Descargar  (201.841 Kb)
  • Anexo I - Fichas da Toma de Datos - VIII- Rías Baixas Descargar  (139.126 Kb)
  • Anexo I - Fichas da Toma de Datos - IX - Chairas e Fosas Occidentais Descargar (125.303 Kb)
  • Anexo I - Fichas da Toma de Datos - X - Golfo Ártabro Descargar  (5.062 Kb)
  • Anexo I - Fichas da Toma de Datos - XI - Galicia Setentrional Descargar  (25.721 Kb)
  • Anexo I - Fichas da Toma de Datos - XII - A Mariña – Baixo Eo Descargar  (14.234 Kb)
  • Anexo II – Fichas das Propostas de Integración por Comarca Paisaxísticas Descargar  (93.774 Kb)

Ligazon/s relacionadas

Guía de Estudos da Paisaxe Urbana

As paisaxes urbanas son os espazos nos que reside un importante número da poboación galega e nos que se desexa dispor de ámbitos atractivos nos que se mellore a nosa calidade de vida e benestar, xa que a contorna preceptiva das persoas inflúe notablemente na súa vida cotiá, por este motivo é importante acadar unhas boas condicións de calidade paisaxística nas zonas urbanas.

A determinación 8.6 das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia estableceu que o planeamento urbanístico realizará un estudo da paisaxe urbana, tratase dunha determinación orientativa, o cal quere dicir que Administración debe concretar a proposta que conteñen as directrices.

Para acadar unha mellora dos espazos urbanos é necesario unha planificación na que se comprenda o espazo que nos rodea e se planifique e constrúa colectivamente. A finalidade da guía de estudos da paisaxe urbana é dispoñer dunha metodoloxía que permita a elaboración dos estudos da paisaxe urbana no planeamento urbanístico xeral. A guía fundamentase nunha visión bidireccional e procurase estudar a paisaxe urbana coma unha entidade viva e dinámica, con capacidade de mellorar o planeamento. O resultado é unha metodoloxía adaptada a unha realidade urbana tan singular como a galega resultado do seu devir histórico.

A guía está estruturada en tres partes:

Parte I: Introdución. Esta parte presenta os conceptos básicos sobre a paisaxe urbana, o seu marco teórico e conceptual. Asemade, proporciona unha visión xeral do fenómeno urbano en Galicia tanto no seu desenvolvemento histórico como na súa situación actual que permiten mostrar varias ferramentas do instrumental que se desenvolverá na Metodoloxía. O capítulo final desta introdución achega unha visión sintética da metodoloxía, que se desenvolve integramente na parte II.

O contido da parte I: Introdución, definición do marco teórico, conceptual e metodolóxico da paisaxe urbana, diagnose do sistema urbano galego e métodos e instrumentos para a análise da paisaxe urbana.

Parte II: Metodoloxía. Esta parte explica o conxunto de métodos que compoñen a metodoloxía de análise da paisaxe urbana, descomposta nos seus dous compoñentes esenciais: a paisaxe urbana exterior e a paisaxe urbana interior, cada unha coas súas esixencias e circunstancias específicas, que dan lugar a métodos diferentes de análise e avaliación, diagnose, medidas e recomendacións.

O contido da parte II: Visión sintética da metodoloxía proposta, elaboración das bases informativas do estudo, estudo da paisaxe urbana exterior como imaxe do conxunto e estudo da paisaxe urbana interior como imaxe do fragmento.

Parte III: Anexos: A última parte do contido da Guía é o grupo de anexos que provén información complementaria que admite, en función do interese do lector ou usuario, unha lectura máis serodia e/ou específica. Achega un percorrido tanto polo marco legal como pola fecunda contorna histórica e artística do concepto de paisaxe urbana. Dase información de carácter práctico sobre técnicas de participación, unha relación de experiencias coa paisaxe urbana coma protagonista normativo ou obxecto de investigación, consellos prácticos sobre o uso das fontes de información, a bibliografía tanto a consultada para a redacción do documento como outra que tamén suma coñecemento, un glosario que define todos os conceptos tal como se usan na Guía, exemplos de aplicación da metodoloxía, un guión básico de documentación ou contido mínimo e, finalmente como colofón, un estudo tipo que explica a aplicación práctica de todo o antedito nas páxinas precedentes.

O contido da parte III: Análise do marco legal, percorrido pola imaxe da paisaxe urbana, técnicas de participación, estudos de paisaxe urbana con valor normativo, estudos de investigación sobre a paisaxe urbana, fontes de información e rexistro dos datos, bibliografía, glosario, exemplos de aplicación da metodoloxía, guión básico da documentación da EPU e estudo tipo.

Guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos

Os espazos públicos foron lugares centrais no desenvolvemento dos asentamentos humanos. Estes espazos son a día de hoxe moi importantes como indicador da calidade de vida. Con todas as súas dimensións sociais, económicas e culturais son elementos de enorme importancia na identificación da cidadanía coas súas cidades, vilas e aldeas e marcan o seu carácter e imaxe como elementos distintivos destas.

Os obxectivos da guía son por unha banda dar visibilidade á calidade dos espazos públicos galegos, e proporcionar criterios para que todas as intervencións resulten en espazos integrados, eficientes, inclusivos e responsables, tendo en conta as contornas urbanas, rurais e naturais, e respectando a diversidade paisaxística de Galicia que vai máis ala destas contornas.

A guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos pretende servir de referente e marcar pautas para as intervencións nos espazos públicos para mellorar a calidade urbanística e territorial de Galicia e, polo tanto, da súa paisaxe.

A estrutura da guía organízase en 5 bloques de consulta:

  1. Introdución e metodoloxía, que recolle outros estudos de referencia ao respecto do espazo público.
  2. Criterios xerais de deseño, para garantir a integración paisaxística de calquera intervención, incluíndo aspectos de paisaxe cultural, integración e cohesión social, factores bioclimáticos, de biofilia e servizos ecosistémicos, ou de economía verde e circular.
  3. Criterios técnicos: materiais e detalles, onde se afonda sobre os elementos construtivos que conforman cada espazo, como os pavimentos, muros, mobiliario, vexetación, ou instalacións de drenaxe e iluminación.
  4. Criterios específicos por tipoloxía, para aportar solucións concretas a casos recorrentes que afectan aos nosos espazos públicos cotiáns.
  5. Espazos públicos de referencia, un segundo tomo cunha antoloxía de máis de 50 espazos distribuídos por todo o territorio, para coñecer os espazos públicos galegos e recoñecer as boas prácticas de intervención.

Ligazon/s relacionadas

Guía de Boas Prácticas para a Integración Paisaxística das Actividades Extractivas

O Convenio Europeo da Paisaxe (Consello de Europa, 2000) definiu a paisaxe como “calquera parte do territorio tal como a percibe a poboación, cuxo carácter sexa o resultado da acción e a interacción de factores naturais e/ou humanos.”, poñendo así o acento no carácter global da paisaxe, e no papel fundamental que nela xogan as intervencións humanas.

Desde o mesmo momento en que o ser humano comezou a habitar o territorio comezou a súa transformación, inicialmente como consecuencia de actividades elementais relacionadas co aproveitamento básico dos recursos naturais, para ir sucesivamente desenvolvendo operacións e intervencións cada vez máis complexas, de forma que as pegadas do home sobre a natureza foron acumulándose, e como resultado delas podemos falar, por exemplo, de “paisaxes agrarias” ou “paisaxes urbanas”.

A pesar do paso do tempo e a introdución de técnicas e procedementos cada vez máis desenvolvidos, determinadas actividades humanas seguen sendo conceptualmente as mesmas que hai séculos. Unha delas é o aproveitamento dos recursos minerais, que continúan a ser necesarios para cubrir as demandas da sociedade.

A explotación dos recursos minerais implica en determinados casos unha transformación importante da morfoloxía do territorio, e por tanto da paisaxe, como tamén o fan outras moitas actividades humanas. Unha das particularidades dos cambios na paisaxe que introducen as actividades extractivas é que son susceptibles de seren restaurados mediante solucións baseadas na natureza, o que permite, en definitiva, que a pegada final non só se vexa reducida, senón que incluso poida achegar novos elementos de composición paisaxística.

Esta guía ofrece criterios e recomendacións para a súa aplicación nos sucesivos procesos que implican as actividades extractivas de recursos minerais, desde a fase de exploración ou investigación, o proxecto e a explotación, ata a restauración final.

O contido da guía conxuga unha introdución xeral á caracterización xeolóxica de Galicia e ao sector mineiro con referencias e solucións técnicas máis detalladas, e inclúe así mesmo unha serie de exemplos que amosan como as boas prácticas de explotación e de restauración permiten acadar bos resultados de integración paisaxística.

A Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas enmárcase na colección Paisaxe Galega, da que fai o seu noveno número. Con estas publicacións a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pretende afondar no estudo e explicación de boas prácticas para a integración paisaxística, así como cumprir tamén unha función divulgativa moi necesaria para que todas e todos comprendamos mellor os valores das nosas paisaxes e avancemos cara a súa adecuada protección, xestión e ordenación.

Guía da Paisaxe do Tempo

Esta publicación pretende achegar unha interesante investigación sobre os “núcleos históricos menores”, que é como os autores denominan a unha serie de asentamentos históricos que no seu día foron pezas moi importantes na rede urbana de Galicia, pero que non tiveron o mesmo tipo de desenvolvemento que as cidades e outras vilas maiores, e por esa razón presentan actualmente unha problemática e tamén uns valores peculiares e diferenciados.

As cuestións que se abordan neste traballo amosan a singular interrelación e coordinación entre catro das principais funcións públicas que desenvolve a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, como son a ordenación do territorio e o urbanismo, a paisaxe e a vivenda, todas elas no marco do medio ambiente e o desenvolvemento sostible, e que ademais forman unha parte importante da nosa identidade e do noso patrimonio cultural.

Os redactores, José González-Cebrián Tello e Miguel Ferreira Villar, atesouran un amplo bagaxe nos campos da ordenación territorial e urbanística, e nos ofrecen nesta obra un compendio de experiencias e de propostas de sumo interese e utilidade, tanto para os especialistas como para o público en xeral.

A obra, que se apoia nun importante traballo de representación gráfica e fotográfica, está organizada en tres apartados principais.

No primeiro deles analízanse as diferentes tipoloxías de núcleos históricos, en función da súa morfoloxía urbana e a súa inserción e relación co territorio, e así distínguense entre os que responden a unha estrutura pechada de orixe medieval, as vilas itinerarias, os enclaves defensivos en forma de baluarte, e os núcleos mariñeiros, nos que se identifican dous tipos, as vilas-ponte de fondo de ría e os portos fondeadoiro.

No segundo bloque do traballo faise un repaso ao marco legal en materia de patrimonio cultural e urbanismo, aplicado de forma práctica aos plans especiais de ordenación e protección de cascos históricos aprobados en Galicia, respecto dos cales diferéncianse tres etapas: unha primeira que vai desde 1985, ano en que se aproba a Lei do patrimonio histórico español, ata o ano 1995, cando se aproba a primeira lei galega de patrimonio cultural; unha segunda etapa correspóndese coa década 1995-2005, e a terceira ao planeamento especial despois de 2005. Así mesmo, nesta parte central do traballo analízase a evolución e a representatividade destes núcleos históricos menores no seu contexto urbano.

A terceira parte adopta un certo carácter de guía, por canto ocúpase de analizar unha serie de problemas comúns aos cascos históricos menores, e ofrece criterios e exemplos de intervencións orientadas a resolver ou minimizar eses problemas e, en definitiva, a amosar como con determinadas pautas e actitudes é posible realizar intervencións respectuosas e potenciadoras do valor cultural e do carácter ambiental e paisaxístico deste tipo de núcleos.

Na publicación non se pretende analizar a totalidade dos núcleos históricos de Galicia, tan só un conxunto deles, que representan diversas situacións máis ou menos paradigmáticas no que atinxe á localización, morfoloxía e tratamento urbanístico. No traballo analízanse os seguintes núcleos históricos menores:

  • Betanzos, Corcubión, Fisterra, Mugardos, Muros, Noia, Padrón e Pontedeume na provincia da Coruña.
  • Castro de Rei, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Portomarín, Ribadeo, Samos, Sarria e Viveiro na provincia de Lugo.
  • Allariz, O Barco de Valdeorras, Castro de Valdeorras, Castro Caldelas, Celanova, Manzaneda, Monterrei, Ribadavia e Vilanova dos Infantes na provincia de Ourense.
  • Baiona, Cambados, Combarro, Tui e Vilanova de Arousa na provincia de Pontevedra.

Non se trata unicamente dunha investigación histórica, xa que, ademais, a análise oriéntase desde a perspectiva da ordenación urbanística, tanto dos feitos acontecidos no pasado, como tamén das posibilidades que se abren para o futuro. E faise sen perder de vista a consideración da paisaxe (tanto no referente á paisaxe urbana interior como á silueta urbana exterior), a problemática dos tecidos residenciais (coa correspondente singularidade dos procesos de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas) e o valor cultural que representan estes núcleos históricos.

Neste traballo, por tanto, abórdanse desde unha óptica cualificada cuestións da máxima actualidade e importancia para as vilas históricas de Galicia, o que xustifica plenamente a súa publicación e posta a disposición dos especialistas e de todo o público interesado.

Guía de Boas Práctricas para a Identificación e Acondicionamento de Miradorios

De acordo co Convenio Europeo da Paisaxe (Florencia, 2000), e consonte co artigo 3º da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, paisaxe é calquera parte do territorio tal e como a percibe a poboación, cuxo carácter é o resultado da acción e da interacción de factores naturais e humanos; por iso (tal como afirma o artigo 4º da mesma Lei), o concepto de paisaxe engloba todas as partes do territorio, xa sexan naturais, rurais, urbanas ou periurbanas.

Vemos que o concepto de percepción vai intimamente asociado ao de paisaxe, e máis directamente o sentido da vista. Contemplar a paisaxe sempre foi e seguirá sendo unha das manifestacións máis evidentes da interacción e a relación vital entre as persoas e a nosa contorna. Observar é un modo de participar na paisaxe, e tamén é unha vía fundamental para comprender a natureza e todo o que nos rodea, constituíndose nunha das labores básicas para acometer as funcións de protección, xestión e ordenación das paisaxes que demandan o Convenio Europeo da Paisaxe e a Lei galega 7/2008.

Pero a observación da paisaxe constitúe tamén, mesmo principalmente, un acto de lecer, unha apertura panorámica da vista e da alma, que produce satisfacción e íntima conxunción coa natureza. E cumpre unha importante función didáctica, como vía para o coñecemento da nosa contorna, base principal para valorala e utilizala de forma adecuada e respectuosa.

O paradigma da contemplación das paisaxes constitúeno os miradoiros, eses lugares singulares que debido á súa localización e relación topográfica coa contorna ofrecen as mellores vistas panorámicas. A diversidade de tipos de paisaxe, unida ás características particulares de cada lugar, da lugar tamén a unha diversidade de tipos de miradoiros.

O principal obxectivo da Guía de boas prácticas para a identificación e acondicionamento de miradoiros é establecer unhas pautas para a identificación e acondicionamento de miradoiros, de xeito que queden reflectidos uns criterios básicos de aplicación para a selección de novos puntos de observación, así como de boas prácticas para a integración paisaxística, tanto nas intervencións en novos miradoiros como nas actuacións de mellora dos existentes.

A tal fin, realízase unha análise dos miradoiros galegos de referencia, clasificados en varias categorías. En función do tipo de paisaxe observado analízanse as paisaxes de augas doces, as costeiras, as paisaxes agrícolas, as de montaña, o ceo nocturno, os bens do patrimonio cultural, as áreas urbanas e as zonas industriais. E atendendo á tipoloxía do lugar de observación distínguese entre sentadoiro, fiestra, refuxio, torre, balcón e área.

Para cada tipo na guía elabórase unha ficha caracterizadora, na que se detallan aspectos como a topografía, o tipo de cunca visual, a temática observada, a relación cos elementos presentes na contorna e o tipo de acondicionamento existente.

Para finalizar, a guía recolle un conxunto de criterios e recomendacións para as actuacións nos miradoiros, diferenciadas segundo a súa tipoloxía, así como unha análise moi detallada de casos e propostas de mellora do acceso, acondicionamento e sinalización de miradoiros.

A guía elaborouse en colaboración coa Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, e vai dirixida tanto ao público en xeral como ás entidades responsables da identificación, mantemento e divulgación dos miradoiros, coa mirada posta en fortalecer os valores das nosas paisaxes e aproveitar de forma sostible os recursos de lecer e didácticos que nos ofrecen.

Descargar:

Guía de Boas Práctricas para a Identificación e Acondicionamento de Miradorios

Guía de Boas Prácticas para a Integración Paisaxística das Redes de Abastecemento de Auga Potable

Historicamente, na execución das infraestruturas hidráulicas impúxose a funcionalidade das mesmas fronte a calquera outra consideración, sen considerar en moitos casos as consecuencias ecolóxicas e ambientais da súa implantación. A entrada en vigor da Directiva Marco da auga no ano 2000, que se incorpora ao dereito español mediante a Lei 62/2003 do 30 de decembro, supón un cambio na xestión dos recursos hídricos ao considerar a protección dos ecosistemas como un dos seus principais obxectivos. Aínda que a Directiva non fai alusión explícita á paisaxe, si reforza de forma substancial a necesidade de considerar a paisaxe nas políticas de auga, cuestión que queda definitivamente concretada tras a entrada en vigor da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

Por tanto, pódense realizar mellores infraestruturas se se ten en conta a paisaxe nas distintas fases de concepción, execución e xestión. Así pois, os proxectos de enxeñería hidráulica e, máis concretamente, os proxectos de abastecemento de auga potable deben volver fundamentarse no coñecemento profundo da paisaxe e facelo coa paisaxe e para a paisaxe.

Esta Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das redes de abastecemento de auga potable pretende servir como documento de referencia, proporcionando os criterios e as recomendacións que contribúan a mellorar a integración paisaxística dos elementos constitutivos das redes de abastecemento de auga potable de Galicia, tanto dos xa existentes como daqueles que se poidan construír no futuro.

O contido da guía estrutúrase en tres bloques:

  1. Introdución sobre a contorna normativa do sector.
  2. O abastecemento de auga potable en Galicia e a súa incidencia na paisaxe. Neste apartado faise unha aproximación ao sector a través da súa historia e da descrición do presente e do futuro da actividade en Galicia.
  3. Boas prácticas paisaxísticas en canto ao abastecemento de auga potable. Este bloque principal establece os criterios xerais para a integración paisaxística das redes de abastecemento de auga potable, desde a caracterización da paisaxe do lugar ata as medidas concretas de integración paisaxística.

Ligazon/s relacionadas

A Paisaxe de Galicia desde a Bicicleta

Esta guía interactiva conta con fichas descargables cos datos máis importantes como fotografías, mapas, perfís de terreo e a situación dos miradoiros e dos lugares con alto valor paisaxístico.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presentou hoxe o visor A paisaxe de Galicia desde a bicicleta, unha ferramenta que inclúe 52 rutas con alto valor paisaxístico con máis de 2.300 quilómetros que descorren polas catro provincias galegas. “Trátase de percorridos seguros e naturais que ofrecen alternativas para diferentes niveis de dificultade co obxectivo de que moitas rutas sexan aptas para as familias”, engadiu a conselleira.

A paisaxe de Galicia desde a bicicleta forma parte da Colección Paisaxe Galega, unha serie de guías monográficas que conta cun investimento de máis de 750.000 euros e que, coa presentada hoxe, inclúe xa 13 publicacións e 7 están en elaboración. O seu obxectivo é protexer as diferentes formas de paisaxe existentes na Comunidade, impulsando a súa conservación e o seu mantemento e ofrecendo criterios para a planificación e deseño das futuras intervencións sobre o territorio.

Nesta ocasión, non obstante, déuselle formato de visor para, segundo explicou a conselleira, “facela interactiva e permitir a planificación de rutas a medida” . Deste xeito, cada percorrido conta con fichas descargables cos datos máis importantes como fotografías, mapas, perfís de terreo e, por suposto, a situación dos miradoiros e dos lugares con alto valor paisaxístico.

Ademais de facilitar ao máximo a navegación, este visor permite ver en detalle as rutas para realizar unha planificación e gardar o percorrido en diferentes dispositivos como reloxos intelixentes, GPS ou móbiles. A maiores, tamén ofrece a posibilidade de utilizar a plataforma Wikiloc, gratuíta e cun uso moi estendido ao contar con 10 millóns de usuarios.

Esta guía, elaborada polo Instituto de Estudos para o Territorio coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo, ofrece unha “experiencia turística diferenciadora para descubrir as nosas paisaxes e uns percorridos cos que poder coñecer desde a bicicleta todo o que ofrece a nosa Comunidade”, concluíu Ángeles Vázquez.

Ligazon/s relacionadas

Guía de Boas Prácticas nos Carteis Publicitarios

O Convenio Europeo da Paisaxe (Consello de Europa, 2000) iniciou unha nova etapa na consideración da paisaxe, que cristalizou en Galicia no ano 2008 coa entrada en vigor da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe.

Un dos piares deste novo entendemento é a consideración global da paisaxe, pois xa non se limita só á preocupación e atención a determinados lugares ou elementos senlleiros, senón que amplía o foco a calquera contorna perceptible polas persoas.

Esta perspectiva inclúe, por tanto, paisaxes naturais e sobresaíntes, pero tamén paisaxes rurais, urbanas, industriais, e mesmo ámbitos nos que por determinados motivos se produciu un deterioro ou perda de valores paisaxísticos.

Así mesmo, a consideración “holística” leva a ter en conta elementos compositivos das paisaxes que pola súa intervención, directa ou indirecta, inflúen na conformación dos diferentes caracteres que definen a ampla tipoloxía de paisaxes presentes en Galicia.

Entre eses elementos compositivos atopamos os carteis e demais elementos de sinalización e identificación de establecementos, organismos ou equipamentos.

Trátase de elementos que normalmente se asocian coas paisaxes urbanas, na medida en que é nas vilas e cidades onde se asentan os establecementos comerciais e outras dotacións propias da vida comunitaria. Pero a cartelería incide tamén máis alá das cidades, e está presente nas paisaxes rurais e naturais.

Por tanto, na liña marcada polas anteriores guías da Colección Paisaxe Galega, coa “Guía de boas prácticas nos carteis publicitarios” a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pretende ofrecer unha aproximación aos factores que enmarcan a cuestión de como incide a cartelería na composición das escenas paisaxísticas, e consecuentemente propor un catálogo de boas prácticas e exemplos que están orientados a mellorar o estado das paisaxes.

Na elaboración da guía tivéronse en conta aspectos importantes, como os dereitos de propiedade intelectual e a incidencia da normativa urbanística na colocación e deseño dos carteis publicitarios. Así mesmo tivéronse presentes determinadas experiencias e reflexións sobre esta materia, entre as cales queremos mencionar as análises e estudos de campo que desenvolveu a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, cuxa achega resultou de interese na elaboración da guía.

Os contidos da guía estrutúranse sobre a base da identificación de distintos tipos de paisaxes, que van desde os cascos históricos ata as zonas rurais, pois cada unha desas zonas presentan unhas peculiaridades propias que determinaron a procedencia de establecer tamén recomendacións e referencias específicas.

Como o resto de volumes da Colección Paisaxe Galega, esta guía pretende ser unha ferramenta de referencia e axuda, dirixida tanto ás Administracións Públicas como aos particulares, para avanzar na investigación e aplicación de boas prácticas para a integración paisaxística, en consonancia coas políticas de protección, xestión e ordenación da paisaxe que propugnan o Convenio Europeo da Paisaxe e a Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

Ángeles Vázquez Mejuto

Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Ligazon/s relacionadas

Guía de Boas Prácticas para a Integración Paisaxística das Áreas Empresariais

Os polígonos e áreas empresariais naceron coa intención de afastar actividades molestas dos núcleos de poboación, creándose así un novo tipo de infraestrutura urbana adaptada ás necesidades funcionais das empresas. Esa compoñente funcional foi, en case todos os casos, o criterio fundamental para o deseño e a ordenación deste tipo de áreas, deixando menos atendidos outro tipo de requirimentos, como a adecuada organización dos espazos públicos, a presenza de elementos vexetais, o mobiliario urbano, ou as características das edificacións.

Esta situación derivou en que moitas das áreas empresariais presentan hoxe un conxunto de problemáticas, que afectan xa non só ás condicións de integración paisaxística, senón á propia funcionalidade dos espazos: diferentes acabados do pavimento, materiais de pouca calidade, descontinuidades nas beirarrúas, desorde na circulación e no estacionamento de vehículos ou falta de vexetación e solucións naturais que humanicen a contorna.

O desenvolvemento de actividades económicas non debe ser incompatible coa creación de espazos públicos coidados e ambientalmente sostibles. Na planificación e xestión dos polígonos empresariais debe compatibilizarse a súa funcionalidade económica coas vantaxes que ofrece unha contorna agradable para o traballo, con solucións que melloren a calidade do aire, reduzan a demanda enerxética e que, en definitiva, supoñan un sinal de calidade e identidade para o propio polígono.

As áreas empresariais constitúen unha tipoloxía específica de paisaxe urbana, na que tamén deben aplicarse os principios do Convenio Europeo da Paisaxe (Florencia, 2000) e da lexislación sobre protección da paisaxe, Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, o seu Regulamento de desenvolvemento (Decreto 96/2020, do 29 de maio), e as Directrices de paisaxe (Decreto 238/2020, do 29 de decembro).

As Directrices de paisaxe conteñen unha serie de normas e recomendacións específicas para as áreas empresariais, orientadas precisamente a acadar os mellores resultados posibles na integración territorial e paisxística deste tipo de espazos.

A presente guía ten por obxecto afondar na análise das anteditas problemáticas, e avanzar na consideración de medidas e solucións eficaces e concretas para conseguir os obxectivos e os criterios que expresan as Directrices de paisaxe.

Para tal fin, a guía, logo dunha sintética análise da situación actual, aborda os condicionantes e a presentación de criterios de deseño para unha seríe de elementos: a consideración da contorna, accesos, aspectos xerais de deseño, adaptación á topografía, vías principais e interiores, vías de bordo, espazos públicos, paseos peonís, interseccións de vías, alumeado, parcelas, edificacións e colectores de residuos.

En cada un deses apartados expóñense os aspectos principais que condicionan e rexen o deseño e a xestión de cada elemento, expresando tanto as problemáticas detectadas como posibles solucións e boas prácticas para evitalas ou, mesmo, emendalas.

Finalmente, a guía aborda un aspecto especialmente relevante, como é a conservación, tanto de edificios como das espazos públicos (viario e zonas verdes), desde o convencemento da importancia que tén o mantemento e xestión permanente das áreas empresariais.

En definitiva, con esta nova publicación da Colección Paisaxe Galega pretendemos dar un paso adiante para incorporar a consideración na paisaxe nunha das ramas de actividade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, como é a relativa ao solo empresarial, sempre na procura de facer compatible a disposición de bases para o desenvolvemento económico cos requirimentos de sostibilidade ambiental e calidade paisaxística.

Ligazon/s relacionadas

Atlas da Paisaxe dos Camiños Xacobeos

Paisaxe e rutas xacobeas son dúas das principais marcas de identidade do territorio de Galicia, que o fan recoñecible, singular e merecente de respecto e de admiración.

Existen moitas acepcións do termo paisaxe, probablemente tantas como disciplinas e enfoques que a poden abordar, pero sobre todas elas, ou mesmo como unha conxunción de consenso, podemos dicir que a paisaxe é todo o que rodea ás persoas, e como tal está composta por unha combinación de feitos físicos, tanxibles en maior ou menor medida, e elementos intanxibles, asociados á herdanza cultural e á memoria. As infinitas combinacións posibles entre todos eses factores xeran unha multiplicidade de paisaxes, todas elas cun carácter propio e diferenciado, que van dese as paisaxes naturais, moi pouco transformadas pola intervención humana, ata as áreas urbanas, máxima expresión da construción antrópica da contorna.

As rutas xacobeas constitúen un fabuloso fío condutor que permite observar, e tamén comprender, múltiples tipos de paisaxes presentes en Galicia. De feito, ao longo dos tramos dos diferentes Camiños, estes nos agasallan con todos os variados valores que caracterizan as paisaxes de Galicia: as aperturas panorámicas con amplas vistas que se desfrutan dese cumios e sendas; as contornas naturais nas que dominan as formas xeolóxicas, a vexetación e os elementos hidrolóxicos; as áreas nas que a intervención das persoas ao longo de séculos deixou pegadas construídas de elevado valor cultural; zonas caracterizadas pola explotación racional dos recursos agrarios, gandeiros e forestais; e tamén os territorios máis transformados, nos que maioritariamente reside e traballa a poboación.

Os Camiños de Santiago constitúen, pois, un dos mellores escaparates de Galicia, xa que permiten, tanto á poboación local como aos visitantes, un achegamento moi preciso e significativo ás diferentes realidades que nutren, a través das paisaxes, a identidade territorial de Galicia.

Esta publicación pretende recoller, coa entidade que corresponde, esa íntima relación entre as rutas xacobeas e as paisaxes que atravesan, co obxectivo de capturar e mostrar unhas esencias das experiencias que aquelas nos ofrecen.

Ligazon/s relacionadas

Guía de Boas Prácticas para a Integración Paisaxística dos Sistemas de Conterización de Residuos Urbanos

Sobre o fundamento que forman o Convenio Europeo da Paisaxe (Consello de Europa, 2000) e a Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén avanzando nas políticas de protección, xestión e ordenación das paisaxes de Galicia, atendendo varias frontes, que van desde o desenvolvemento dos instrumentos de planificación previstos na Lei 7/2008 ata ferramentas de concienciación e divulgación, como as que nutren a Colección Paisaxe Galega.

Neste caso abordamos uns elementos imprescindibles para a satisfacción de necesidades individuais e colectivas de primeira magnitude, como son os sistemas para a recollida e xestión dos residuos urbanos, un servizo fundamental para acadar os obxectivos da Economía Circular e a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, cos que está comprometida a Xunta de Galicia.

Nas paisaxes urbanas, pero tamén nas zonas periurbanas e as rurais, todo o relacionado cos residuos domésticos garda unha relación directa e moi importante coa calidade dos espazos públicos, tanto na súa compoñente estética como funcional, de seguridade e de hixiene. A presenza de contedores de lixo constitúe xa un elemento habitual nas paisaxes cotiás, e tanto o deseño dos elementos, como a súa localización e distribución, determinarán uns resultados máis ou menos satisfactorios no que atinxe á calidade da paisaxe.

Non pode ignorarse que en moitos casos o deseño, a situación e a xestión dos contedores son susceptibles de notables melloras, incluso ao nivel do propio sistema de recollida e tratamento. Pero tampouco pode descoñecerse que se trata dunha cuestión complexa, na que interveñen esenciais factores funcionais, en boa medida relacionados co uso dos espazos públicos por parte de peóns e vehículos. E indubidablemente trátase dun servizo público, atendido polos concellos, polo que non poden esquecerse todas as circunstancias de diversa índole que condicionan a prestación deste servizo.

Todas estas cuestións xustifican a elaboración desta guía, coa que se pretenden ofrecer exemplos de boas prácticas e solucións eficientes para os diversos requirimentos e tamén as diferentes realidades territoriais.

Analízanse primeiramente os diferentes sistemas de recollida e de tratamento de residuos, para logo abordar unhas cuestións xerais de integración paisaxística, seguidas de consideracións particularizadas para as contornas urbanas, para as zonas rurais, e tamén para as praias e zonas naturais, así como as zonas históricas, xa que todas estas tipoloxías de paisaxes presentan caracteres diferenciados e requiren, en consecuencia, de solucións específicas. Finalmente, a guía ofrece un abano de boas prácticas documentadas nos correspondentes exemplos.

Como todas as publicacións da Colección Paisaxe Galega, esta guía elabórase coa finalidade de que serva de referencia e axuda, dirixida tanto ás Administracións Públicas, eminentemente os concellos, como aos particulares, para mellorar a consideración da paisaxe en todo tipo de políticas públicas e na utilización e xestión cotiá dos espazos públicos e os elementos que caracterizan e conforman as escenas paisaxísticas nas que nos desenvolvemos todos.

Ángeles Vázquez Mejuto

Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Ligazon/s relacionadas

Guía de Boas Prácticas para a Integración Paisaxística dos Portos de Galicia

Dentro do espazo litoral, os portos constitúen unha das máis antigas testemuñas da relación entre a sociedade e esta contorna E é que, precisamente, foi nesta franxa onde se implantaron históricamente as instalacións necesarias para utilizar o mar como medio de transporte e como recurso aproveitable, fundamentalmente, para a pesca. De modo que, así entendidos, a orixe deste ámbito remóntanse á prehistoria e, ao longo do tempo, foise ampliando e adquirindo complexidade para irse acomodando a requirimentos funcionáis cada vez máis particulares.

Esa compoñente funcional, xunto coa aplicación de solucións técnicas específicas para as instalacións portuarias e as construcións que se implantan nelas, deron lugar, en moitos casos, a unhas áreas ñas que a compoñente visual e estética non sempre foi un criterio reitor.

Galicia non se entende sen a súa costa nin sen as súas zonas portuarias. Os portos forman parte da nosa fronte litoral, nuns casos como peza senlleira e dominante da fachada urbana, noutros, como elementos máis discretos, pero igualmente relevantes na conformación paisaxística de todo este conxunto. Pola súa directa participación no nacemento de moitas das nosas cidades e vilas e pola súa significativa influencia na evolución presente e futura daquelas, os espazos portuarios merecen unha especial atención en termos de integración paisaxística. Así o demostra o tratamento singular recollido tanto no Plan de ordenación do litoral, aprobado en 2011, como na normativa de paisaxe, en concreto, ñas Directrices de paisaxe, aprobadas en 2020.

É por iso que esta guía elaborouse coa intención de dar un paso máis nesa consideración da paisaxe na ordenación e uso dos espazos portuarios. Para tal fin, pártese dunha consideración sobre a relación entre a paisaxe e os portos, onde tamén se analizan anteriores experiencias nesta materia. O contido material organizase en tres apartados principáis. No primeiro deles realízase unha caracterización dos portos de Galicia, no relativo ás súas condicións de integración e relación coa paisaxe, diferenciándose catro tipoloxías: peiraos e ramplas, pequeños portos, portos mixtos e portos especializados. No seguinte apartado, recóllense un conxunto de criterios base para a integración paisaxística. Finalmente, a guía inclúe un catálogo de boas prácticas, particularizadas en cinco exemplos (Caión, Vilanova de Arousa, Malpica, Porto do Son e Corme), que poden servir de referencia para outras actuacións futuras.

Elaborouse en estreita colaboración con Portos de Galicia, coa finalidade de que poida resultar útil para na aplicación de pautas e medidas orientadas a integrar adecuadamente na paisaxe novas inten/encións, así como a mellorar, cando fose necesario, a calidade escénica destes senlleiros espazos. Por todo isto, o meu agradecemento para todas aquelas persoas que fixestes posible este documento de tanta valía e parabéns polo magnífico resultado. Guías como esta son unha aposta polo fermosismo da nosa Comunidade.

Ángeles Vázquez Mejuto

Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Ligazon/s relacionadas

Guía de Boas Prácticas para as Terrazas no Espazo Público

As terrazas son máis que unha parte dos establecementos hostaleiros; son parte da nosa vida social.

Ademais, a súa localización na vía pública convérteas nun espazo de transición entre o público e o privado, entre o exterior e o interior, entre o individual e o colectivo. Chegan, incluso, a integrarse nas diferentes paisaxes urbanas, rurais e, tamén naturais, como acontece nas contornas das praias.

De aí xurde a motivación desta guía de boas prácticas.

A guía estrutúrase en dous grandes bloques:

  • O primeiro refírese aos criterios xerais de deseño e disposición. Nel abórdase a relación das terrazas cos restantes elementos compositivos das paisaxes, cunha especial atención aos condicionantes relacionados coa mobilidade. Así mesmo, analízanse en detalle todos os elementos do mobiliario, aos que antes se facía referencia: mesas e cadeiras, parasoles, separadores do vento, plataformas, testos, carteis informativos ou estufas.
  • O segundo bloque céntrase nas peculiaridades dos diferentes tipos de lugares públicos (os cascos históricos, as prazas, os soportais, os parques, as praias...).

A finalidade desta guía é a de contribuír á mellora da calidade paisaxística da nosa Comunidade. Sen esquecer que a guía non ten un carácter normativo, senón que busca servir de axuda tanto a concellos como ao sector da hostalaría, aos que lles agradezo a súa colaboración e contribución a esta guía, por ser eles aos que lles corresponden as decisións de control e de efectiva implantación e mantemento das terrazas.

Con esta guía a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático vén a complementar as xa editadas sobre integración paisaxística dos espazos públicos, dos carteis publicitarios e dos sistemas de conterización de residuos, que tratan de enriquecer os actuais criterios e referencias e poñer en práctica modelos a seguir.

Esta guía é agora vosa. Agardo que acade o seu cometido, porque non hai mellor modo de desfrutar do descanso, do ocio e da compañía da nosa xente, que facelo nunha contorna de calidade, harmoniosa e ben integrada na paisaxe.

Ángeles Vázquez Mejuto 
 

Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ligazon/s relacionadas