Considérase información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma, que verse sobre as cuestións recollidas no artigo 2.3 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información ambiental, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/36/CE)
CONSULTAS:
- Teléfono: 981 541 733 (horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h)
- Correo electrónico: informacionambiental.medioambiente [at] xunta.gal
(Non se atenderán solicitudes por ningunha destas vías)
SOLICITUDES DE INFORMACIÓN AMBIENTAL
Electrónicamente: mediante o procedemento xenérico PR004A
Presencialmente: a traves do seguinte MODELO
En cumprimento do artigo 16.4. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas:
- No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
- Nas oficinas de Correos, na forma que reglamentariamente se estableza.
- Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no extranxeiro.
- Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
- En calquer outro que establezan as disposicións vixentes.
As solicitudes dirixiranse a:
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
San Lázaro s/n. 15781- Santiago de Compostela
Para solicitudes de Informes meteorolóxícos:
Nesta LIGAZÓN descríbese a forma de cómo solicitar informes meteorolóxicos, os tipos de informe que se emiten, así como as correspondentes taxas.
Para consultar os códigos e importe das taxas administrativas prema AQUÍ
Para acceder e consultar os datos meteorolóxicos recollidos nas estacións de Meteogalicia prema AXUDA
