Oficinas

Oficinas de economía circular

A Rede Galega de Economía Circular é unha iniciativa da Xunta de Galicia que conecta entidades locais, empresas, centros tecnolóxicos e cidadanía arredor dun obxectivo común: reducir residuos, mellorar a eficiencia e fomentar un novo modelo produtivo sostible e colaborativo. 

Aquí atoparás recursos técnicos, ferramentas prácticas e espazos para participar activamente na transición circular de Galicia.

SOLICITA ASESORAMENTO

As Oficinas de Economía Circular son espazos de apoio técnico e estratéxico creados para impulsar a transformación do modelo económico en Galicia. Están deseñadas para ofrecer asesoramento especializado tanto a empresas do sector industrial como a concellos, co obxectivo de fomentar a reutilización de recursos, reducir os residuos e promover un uso sostible dos materiais.

Tanto se eres unha empresa que desexa adoptar prácticas máis sostibles como se es unha entidade local que quere mellorar a xestión dos residuos municipais, as Oficinas de Economía Circular son o recurso ideal para avanzar cara ao futuro circular.

Para industria Para concellos

SERVIZOS DAS OFICINAS

  • ASESORAMENTO PERSONALIZADO Recibe o apoio necesario para transformar os teus servizos e procesos e avanzar cara un modelo circular.
  • FORMACIÓN ESPECIALIZADA Participa en seminarios, obradoiros e xornadas formativas para aprender as mellores prácticas en economía circular.
  • PROXECTOS COLABORATIVOS Fomenta a cooperación entre empresas, administracións e outras entidades para impulsar a economía circular no ámbito local e industrial.
  • ACCESO A FINANCIAMENTO Guiámoste nas convocatorias de fondos europeos e outras axudas para implementar solucións circulares e sostibles.

BENEFICIOS PARA A INDUSTRIA

As empresas que adopten prácticas de economía circular mellorarán a súa eficiencia, reducindo custos operativos, optimizando recursos e mellorando a súa imaxe de cara aos consumidores. Ademais, contribuirán á loita contra o cambio climático, xa que a economía circular xira en torno á reducción das emisións e á minimización dos residuos.

Solicitar asesoramento

BENEFICIOS PARA OS CONCELLOS

Os concellos galegos que aposten pola economía circular optimizarán a xestión de residuos, mellorarán os servizos públicos e fomentarán a participación cidadá. A través das Oficinas de Economía Circular poden acceder a ferramentas, información e formación para avanzar na sostibilidade e circularidade no eido local.

Solicitar asesoramento

PROGRAMA DE MENTORING EN CIRCULARIDADE INDUSTRIAL DE GALICIA

É unha iniciativa para impulsar a circularidade industrial en Galicia co acompañamento de líderes en sostibilidade do sector, que compartirán a súa experiencia, estratexia, ferramentas e coñecementos para a transformación circular do ecosistema industrial galego.

A través deste programa, as empresas mentorizadas poderán integrarse nun modelo produtivo máis sostible e colaborativo, beneficiándose do coñecemento e experiencia das tractoras.

EMPRESAS TRACTORAS

APORTACIÓNS

  • Experiencia e coñecemento para desenvolver proxectos de simbiose industrial.
  • Capacidade de liderado, impulsando a transición cara a modelos circulares.
  • Oportunidades de colaboración e innovación, fortalecendo o ecosistema industrial.

RESULTADOS

  • Influir estratexicamente no ecosistema industrial galego.
  • Transferir coñecemento cara a outras empresas.
  • Potenciar novas liñas de negocio e innovación.
  • Mellorar a súa imaxe corporativa e reputación.
  • Fortalecer sinerxías e colaboracións con outras empresas.

ALTA COMO EMPRESA TRACTORA

EMPRESAS MENTORIZADAS

As empresas mentorizadas recibirán apoio personalizado para optimizar os seus procesos e integrar a circularidade no seu modelo de negocio. Ao participar no programa, conseguirán: 

  • Optimizar recursos e reducir custos mediante modelos de colaboración.
  • Identificar novas oportunidades de negocio vinculadas á economía circular.
  • Fortalecer a súa competitividade mediante prácticas sostibles.
  • Conectar con empresas tractoras para impulsar proxectos conxuntos.

ALTA COMO EMPRESA MENTORIZADA