Os estatutos do Instituto de Estudos do Territorio aprobáronse polo Decreto 244/2011, do 29 de decembro. O seu artigo 9 recolle que o Instituto de Estudos do Territorio ten por obxecto a análise, estudo e asesoramento en materia de urbanismo e ordenación do territorio, entendéndose comprendida nela a ordenación, protección e xestión da paisaxe.
Entre outras, son funcións do Instituto de Estudos do Territorio a promoción, deseño, execución e seguimento de programas ou accións e actividades formativas de concienciación para a sustentabilidade dirixidas ao conxunto da sociedade de Galicia e nas súas institucións, públicas e privadas, en especial, mediante a educación e formación nas materias de urbanismo, ordenación do territorio e paisaxe.
