- Outras actividades formativas do IET
O Instituto de Estudos do Territorio colabora con diversas entidades que teñen entre os seus obxectivos a protección, a mellora e a promoción dos valores paisaxísticos de Galicia.
Ligazon/s relacionadas
- Fundación Eduardo Pondal
Desde o curso 2012-2013 o IET colabora coa Fundación Eduardo Pondal no desenvolvemento de actividades formativas e divulgativas e na elaboración de material didáctico que ten como fío condutor a promoción do entendemento, respecto e salvagarda dos elementos que configuran as nosas paisaxes, en especial a da comarca paisaxística da Costa da Morte, amplamente loada polo bardo bergantiñán; estas actividades están dirixidas tanto ao alumnado coma ao profesorado e ao público en xeral.
