- O Observatorio Galego de Educación Ambiental
O Observatorio Galego e Educación Ambiental (OGEA) é o órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento en relación co desenvolvemento da Educación Ambiental en Galicia.
Os fins principais son a promoción, o seguimento e a avaliación permanente de Educación Ambiental na Comunidade Autónoma en base ás recomendacións contidas na EGEA.
Está nestes momentos nunha fase de redefinición e concreción cos axentes sociais, desde o Instituto de Estudos do Territorio, preténdese promover a súa actividade asignando ao CEIDA un papel fundamental na súa xestión.
Creado polo Decreto 78/2001, e modificado polo Decreto 68/2006, o Observatorio Galego de Educación Ambiental exerce as seguintes funcións:
Asesora os organismos das administracións públicas no deseño, avaliación e desenvolvemento dos programas e iniciativas de educación ambiental.
Analiza as necesidades educativas e formativas en materia ambiental da poboación galega no seu conxunto, así como dos seus sectores específicos.
Realiza un seguimento do nivel de aplicación da Estratexia Galega de Educación Ambiental, propoñendo e suxerindo directrices e liñas de actuación que faciliten o logro dos fins e obxectivos xerais e específicos nela establecidos.
Propón a elaboración de indicadores, instrumentos e procedementos de avaliación, especificamente dirixidos ao ámbito da educación ambiental.
Colleita experiencias, recursos e programas que se consideran de referencia, tanto no ámbito da Comunidade Autónoma como do Estado, da Unión Europea e das distintas axencias das Nacións Unidas, facilitando a súa divulgación, promoción, adaptación e aplicación á realidade galega.
- Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia CEIDA
Descrición:
O CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en tódolos sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido. É froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia , o Concello de Oleiros
e a Universidade da Coruña
para coordinar, dinamizar e promover a Educación Ambiental en Galicia.Para saber máisÁreas de traballo:
O CEIDA conta con tres áreas de traballo: formación e capacitación, educación e divulgación e o centro de documentación en medio ambiente "Domingo Quiroga".
Educación e Divulgación: O CEIDA desenvolve programas anuais de educación ambiental, dirixidos á comunidade educativa e a todo tipo de colectivos. Complementa a súa oferta divulgativa coa producción de exposicións monográficas itinerantes, conferencias e a elaboración de publicacións de carácter científico ou técnico. Así mesmo o centro acolle ao longo do ano diversas exposicións nas salas destinadas para ese fin. Actúa tamén como punto de encontro e de cooperación entre as diferentes administracións, colectivos e axentes que traballan pola sustentabilidade dende cadansúas competencias e enfoques, aplicando a participación como un proceso e praxe necesaria para a procura de solucións aos problemas ambientais. Podes obter máis información sobre a área de Educación e Divulgación
.Formación: O CEIDA promove a formación e capacitación ambiental, tentando respostar ás necesidades de profesionais e xestores así como a demanda de coñecemento da cidadanía cada vez mais preocupada pola protección do noso medio. Organiza cursos, congresos e seminarios de formación inicial ou continua centrados principalmente en conservación e educación ambiental. Podes obter máis información sobre a área de Formación
.Centro de Documentación en Medio Ambiente Domingo Quiroga: Oferta a todos os interesados un servizo de procura e acceso á mais recente información sobre a realidade ambiental a través de monografías, publicacións periódicas, recursos audiovisuais e electrónicos, cartografía, etc. Este catálogo, único en Galicia, está especializado en Educación Ambiental, Conservación e Sustentabilidade. Podes obter máis información sobre o Centro de Documentación en Medio Ambiente Domingo Quiroga
.
Ligazon/s relacionadas
- Proxecto Ríos
Descrición:
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
Quen pode participar?
O Proxecto Ríos está aberto a calquera persoa ou colectivo que asuma o compromiso de levalo adiante: asociacións de veciños, de pescadores, deportivas, culturais, sociais, centros educativos, escolas de tempo libre, grupos familiares ou de amigos ....Todo o mundo é benvido , teña ou non coñecementos previos sobre os ríos.
O Proxecto Ríos ten distintos niveis de participación e un proceso temporal para o seu cumprimento:
Contacto coas persoas e grupos participantes: Unha vez que os/as interesados teñan contactado co Proxecto, celebrarase unha primeira xuntanza para expoñer polo miúdo os contidos e metodoloxía do proxecto e resolver calquera dúbida que se poida ter.
Compromiso de mínimos e entrega de materiais: As persoas ou colectivos participantes asinarán un Compromiso de Mínimos co Proxecto Ríos, no que asumirán a responsabilidade de realizar a Inspección de Ríos no tramo ou tramos que escollan, tras o que se lle entregará o material correspondente.
Actividade formativa "Coñece o río": Complementariamente á participación no Proxecto, pódese solicitar a realización da actividade formativa "Coñece o río". Esta actividade componse dunha charla explicativa sobre o ecosistema fluvial e unha visita a unha zona de río. Impartida por técnicos especializados de ADEGA.
Inspección de Ríos: Realización da inspección de ríos e envío das follas de datos recollidos á sede do Proxecto para a súa inclusión na base de datos e no informe anual. + información.
Adopción de ríos: Os/as participantes aceptan responsabilizarse dun tramo de río e involucrarse na súa conservación. O grao de implicación decídeo cada colectivo en función das súas expectativas e posibilidades. + información.
A rede Proxecto Ríos: Un dos obxectivos do Proxecto é a creación dunha rede de cidadáns activos e activas na protección dos ríos e que permita coñecer o seu estado de saúde e prever e solucionar os seus problemas. Para acadar este fin realizaranse encontros entre os distintos grupos participantes, actividades formativas, lúdicas, concursos etc. Entre os plans de futuro figura elaborar unha publicación periódica propia do Proxecto.
Ligazon/s relacionadas
