Mestres Gandeiros (Plan Proxecta)

Mestres Gandeiros é una iniciativa educativa en colaboración coa Consellería de Educación enmarcada no Plan Proxecta.

http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta 

Atopa a súa xustificación no artigo 14 da Lei 7/2008, de paisaxe de Galicia: “Formación, sensibilización, educación e concertación, recolle que “A Xunta de Galicia fomentará a incorporación da materia da paisaxe nos distintos ciclos educativos, e promoverá a formación de especialistas en materia de intervención da paisaxe”.

A Estratexia Galega da Paisaxe sinala diversas actividades encamiñadas á sensibilización, formación e divulgación en materia de paisaxe.

Unha compoñente importante da paisaxe son os valores naturais, a conectividade entre os distintos hábitats e a biodiversidade (infraestrutura verde). O principio subxacente á infraestrutura verde é que unha área de territorio pode ofrecer múltiples servizos á sociedade se os seus ecosistemas están en bo estado. De ei que os modelos territoriais farán máis eficientes as medidas que se implementen. Neste contexto os Sistemas de Información Xeográfica serán unha ferramenta fundamental.

Xurde como resultado do proxecto Interreg Europe BIOGOV no que participou o IET.

Cada territorio ofrece servizos ecosistémicos dunha forma singular. Os principais actores desta oferta de servizos é a poboación local se xestiona de forma sustentable os recurso naturais.

Quen mellor ca eles para comunicar e concienciar aos mais novos dos valores da natureza, da interacción do ser humano con ela e da importancia das boas practicas e do consumo responsable.

O programa está centrado en transmitir o coñecemento e as boas prácticas que a poboación rural están levando a cabo como xestores da natureza e a paisaxe aos mozos das cidades, empregando técnicas de xogo, sistemas de Información Xeográfica, o coñecemento das persoas e o contacto co territorio.

Obxectivos xerais do proxecto

  1. Vincular á poboación local na educación, en colaboración co profesorado
  2. Fomentar a comprensión do alumnado do rol do agricultor a través das boas prácticas que están levando a cabo como xestores da infraestrutura verde na paisaxe
  3. Fomentar a innovación educativa e promover hábitos e destrezas no alumnado para desenvolver ideas creativas e innovadoras a través da reflexión crítica, o traballo colaborativo, o xogo, o contacto ca natureza e a comunicación a poboación local

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  1. ODS 4. Educación de calidade
  2. ODS 10. Redución das desigualdades
  3. ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  4. ODS 12. Produción e consumo responsable
  5. ODS 13. Acción polo clima
  6. ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres

Está dirixido a todos os niveis da educación: infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP

Material Didáctico

Elaborouse un material específico para os centros que desenvolvesen proxectos deste programa.

Trátase dunha páxina web https://mestresgandeiros.gal/ que, entorno a un percorrido virtual, vai desenvolvendo diferentes temáticas vinculadas ás boas practicas que tradicionalmente teñen desenvolvido os agricultores e gandeiros e que redundan na conservación da biodiversidade e da paisaxe.

  • A biodiversidade
  • A conectividade
  • A multifuncionalidade
  • Os servizos ecosistémicos sociais
  • Os servizos ecosistémicos regulación
  • Os servizos ecosistémicos
  • As boas prácticas agrícolas
  • As boas prácticas gandeiras
  • As boas prácticas silvícolas

O programa contempla a posibilidade de realizar unha visita guiada a Ancares para coñecer “in situ” estas paisaxes e as experiencias que a poboación local está a desenvolver.

Preténdese que o proxecto propicie a adquisición de competencias por parte do alumnado en:

  1. Conciencia ambiental: A partir do coñecemento en vivo e en directo dos protagonistas das boas prácticas agrarias (a poboación local) facilitarase a comprensión dos ciclos ecolóxicos e os servizos que a natureza ofrece gratis o ser humano, a economía circular e a importancia do consumo responsable

  2. Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía : A través da información xeográfica dixital, mapas, bases de datos espaciais, ... relativas o medio ambiente, o medio rural, o territorio e a paisaxe se facilitará a aprendizaxe

  3. Aprender a aprender: Implementando metodoloxías activas e participativas (o xogo), onde a poboación local e o alumnado sexan protagonistas da súa propia aprendizaxe en plena natureza

  4. Competencia dixital: Utilizando as tecnoloxías da información espacial e da comunicación aprenderase a “elaborar mapas dixitais”, para identificar elementos, conflitos e impactos na natureza e a paisaxe na súa contorna

  5. Comunicación lingüística: Adquisición de espontaneidade a través da expresión oral na natureza e o xogo

  6. Competencias no coñecemento e comprensión da contorna onde viven

Entre as actividades e recursos do programa, recóllense as seguintes:

  • Páxina web. www.mestresgandeiros.gal Un sitio web multimedia onde se recolle toda a información do programa e os recursos didácticos. Esta web está protexida por un contrasinal que se lle facilitará aos centros participantes.

  • Proposta didáctica. Desde a páxina do programa pode descargarse unha Guía Didáctica orientada ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria (ESO). Non obstante, a forma de abordar os contidos deste programa, fai que sexan susceptibles de ser traballados noutros niveis educativos. Os materiais están deseñados para traballar ao longo dun curso académico, pero todos os contidos poden traballarse en sesións individuais.

  • Caderno Carqueixa. Un caderno de actividades no que se desenvolven algunhas das propostas da Guía Didáctica ca finalidade de traballar os diferentes contidos dentro da aula.

  • Percorrido multimedia. Un percorrido por todos os contidos deste programa, co gancho de seguir os pasos das vacas da Cooperativa A Carqueixa na transhumancia. En nove etapas, o alumnado poderá ir descubrindo a información en forma de texto, ilustracións e vídeos. Nestes vídeos os gandeiros e gandeiras que teñen o seu modo de vida nos Ancares, xunto con outros profesionais que viven e traballan neste entorno rural, abordarán os diferentes contidos.

  • Vídeos resumen. Un percorrido en vídeo polos contidos máis relevantes do programa. Entre os materiais atópase un vídeo de 3 minutos de introdución ao proxecto e un vídeo de 45 minutos coas principais temáticas da proposta didáctica.

  • Contidos en 3 idiomas. Todos os materiais deste programa están dispoñibles a través da páxina web en galego, castelán e inglés.

  • Visita Os Ancares. Como recurso adicional, este programa ofrece a posibilidade de organizar unha saída do centro para poder ir a coñecer de primeira man o territorio dos Ancares e os gandeiros e gandeiras de A Carqueixa.

Notas de prensa

O proxecto Mestres Gandeiros mostra a preto de 800 escolares galegos o bo facer dos profesionais do medio rural no coidado da paisaxe e da biodiversidade