- Procedemento ordinario
A avaliación de impacto ambiental é un trámite que se integra no procedemento substantivo de autorización ou adopción do proxecto.
Non se realizará a avaliación de impacto ambiental regulada no título II dos proxectos incluídos no artígo 7 desta lei que se atopen parcial ou totalmente executados sen terse sometido previamente ao procedemento de avaliación de impacto ambiental, excepto en aqueles casos nos que (segundo a Disposición adicional 16ª introducidad pola citada Lei 9/2018, de 5 de decembro) como consecuencia de sentencia firme, deba levarse a cabo dita avaliación, ou se, segundo o artigo 35.4 da Lei 1/1995 de 2 de xaneiro de protección ambiental de Galicia, por resolución sancionadora firme se impón a obriga de realizar a Avaliación de Impacto Ambiental.
Para iniciar a avaliación do impacto ambiental ordinaria dun proxecto o promotor elaborará o:
- Estudo de impacto ambiental (EsIA). O promotor elabora (por técnico competente con coñecementos en flora, fauna, biodiversidade e a interación entre elas, segundo o artigo 16 da Lei 21/2013) o EsIA coa amplitude e o nivel de detalle que determina o artigo 35 da Lei 21/2013, incluíndo unha prospección sobre o terreo, descripción das especies existentes, a súa vinculación e as medidas para paliar a perda de hábitats.
- Solicitude de avaliación de impacto ambiental ordinaria. O promotor presentará ante o órgano substantivo, xunto coa documentación esixida pola lexislación sectorial, unha solicitude de avaliación de impacto ambiental ordinaria acompañada da seguinte documentación:
- Documento técnico do proxecto
- Estudo de impacto ambiental
- Trámite de información pública e consultas. O promotor presenta o proxecto e o EsIA ante o órgano substantivo e este, dentro do procedemento substantivo de autorización do proxecto, realiza os trámites de información pública e de consultas ás Administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas. O promotor debe ter en consideración os resultados das consultas e da información pública e, no que corresponda, as alegacións recibidas.
- Revisión do expediente. O órgano substantivo revisa o expediente antes de remitirllo ao órgano ambiental, verificando que inclúe a solicitude de inicio e todos os documentos necesarios.
Análise polo órgano ambiental. Unha vez revisado o expediente, pódense derivar as seguintes situacións:
- Inadmisión a trámite: cando o proxecto é manifestamente inviable por razóns ambientais ou o EsIA non reúne condicións de calidade suficientes.
- Análise técnica do expediente: o órgano ambiental avalía os efectos esperados do proxecto e propón medidas de prevención, corrección ou compensación, así como os seus seguimentos.
Analizarase a calidade e suficiencia do estudo de impacto ambiental, a súa conformidade co documento de alcance e como se tiveron en conta os resultados do trámite de información pública e das consultas.
Declaración de impacto ambiental (DIA). O órgano ambiental formula a DIA e nela determina a conveniencia ou non de realizar o proxecto e, en caso afirmativo, as condicións nas que pode desenvolverse, as medidas correctoras e compensatorias.
A DIA ten natureza de informe preceptivo e determinante e debe incluír o contido que establece o artigo 41 da Lei 21/2013. Publícase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería (ligazón).
- Seguimento e control. Finalizado o trámite ambiental, emitirase a DIA e remitirase ao órgano substantivo para que continúe co procedemento de autorización e o seguimento da vixilancia ambiental.
Prazos
Os distintos trámites do procedemento administrativo, a emisión de informes e o período de consultas están suxeitos aos prazos establecidos no texto consolidado da Lei 21/2013.
Órgano ambiental
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental
Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos
Edificio administrativo de San Lázaro s/n
15771 Santiago de Compostela
Contacto
- Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade: dxcalidadeambiental.medioambiente [at] xunta.gal (dxcalidadeambiental[dot]medioambiente[at]xunta[dot]gal)
- Procedemento simplificado
O procedemento simplificado de avaliación do impacto ambiental de proxectos comprende as seguintes fases:
- Solicitude de inicio. Dentro do procedemento substantivo de autorización do proxecto, o promotor presenta ante o órgano substantivo unha solicitude motivada de avaliación ambiental simplificada, acompañada dun documento ambiental co contido do artigo 45 da Lei 21/2013.
- Inadmisión a trámite. O órgano ambiental pode resolver motivadamente a inadmisión da solicitude cando o proxecto é manifestamente inviable ou o documento ambiental non reúne condicións de calidade suficientes.
Consultas. O órgano ambiental realiza as consultas ás Administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas sobre o documento ambiental do proxecto.
Para acceder aos proxectos nesta fase, prema nesta ligazón.
Informe de impacto ambiental. O órgano ambiental formula o informe determinando, segundo os criterios do anexo III da Lei 21/2013, se o proxecto debe someterse ou non ao procedemento ordinario.
O anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería. Pode consultarse nesta ligazón.
Prazos
Os distintos trámites, emisión de informes e período de consultas estarán suxeitos aos prazos establecidos no texto consolidado da Lei 21/2013.
Órgano ambiental
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental
Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos
Edificio administrativo de San Lázaro s/n
15771 Santiago de Compostela
Ligazón relacionada
