Axúdenos a mellorar achegando as súas observacións e suxestións de carácter técnico ambiental
A participación pública é un elemento fundamental na avaliación ambiental, dando oportunidade aos cidadáns para que contribúan na elaboración de proxectos que poidan afectar o ambiente e na decisión da súa viabilidade.
As administracións públicas afectadas, o público interesado e o público en xeral poden formular, no prazo que corresponda a cada tipo de trámite, as observacións e suxestións de carácter ambiental (con contenido técnico e razoado) que estimen oportunas para determinar, no procedemento de Avaliación Ambiental:
se un proxecto, sometido ao procedemento simplificado de avaliación do impacto ambiental, ten ou non efectos ambientais significativos, dentro do prazo de 20 días establecido segundo o texto consolidado da Lei 21/2013. (AIA simplificada)
o alcance que debería ter o estudo de impacto ambiental dun proxecto sometido ao procedemento ordinario de avaliación do impacto ambiental. (Alcance do EsIA)
aportacións á avaliación dun proxecto sometido ao procedemento ordinario de avaliación do impacto ambiental en período de información pública mediante anuncio no DOG, dentro do prazo de 30 días establecido segundo o texto consolidado da Lei 21/2013. . (IP AIA ordinaria)
As observacións e suxestións de caracter ambiental formularanse por calquera das seguintes vías:
A través do formulario informático habilitado nesta páxina web
Mediante o rexistro electrónico da Xunta de Galicia.
En calquera dos medios empregados deberá identificarse quen formula as observacións ou suxestións (nome da unidade administrativa, ou nome do colectivo, ou nome e apelidos da persoa), facilitando tamén os datos de contacto.
Para consultar os proxectos que teñen aberto o prazo de participación pública, prema nesta ligazón
