Declaración ambiental

Declaración de impacto ambiental (DIA)

O órgano ambiental resolve o procedemento ordinario de avaliación do impacto ambiental mediante a emisión da declaración de impacto ambiental (DIA).

Nesta declaración de impacto ambiental determínase a conveniencia ou non de realizar o proxecto en atención aos seus efectos ambientais e, en caso afirmativo, as condicións nas que se debe realizar para a adecuada protección do medio e dos recursos naturais. 

O órgano ambiental fará publica na páxina web desta Consellería a declaración de impacto ambiental, previa pubicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do correspondente anuncio.

A DIA ten carácter previo, preceptivo e determinante segundo o artígo 41 da Lei 21/2013 e segundo o artigo 52, vinculante para o organo substantivo, en canto as medidas correctoras que integre.

A declaración de impacto ambiental (DIA) non será obxecto de recurso, sen prexuizo dos que, no seu caso procedan en vía administrativa e xudicial frente ao acto polo que se autoriza o proxecto.

Os proxectos iniciados, parcialmente executados ou finalizados, non poderán ser sometidos ao procedemento de avaliación ambiental, salvo o previsto na disposición adicional decimo sexta da Lei 21/2013, que é a norma básica que transpón a Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello de 13 de decembro de 2011 relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente, modificada pola Directiva 2014/52/UE.

Os incumprimentos ambientáis regúlanse no título III, cápitulos II e III da Lei 21/2013

Pode consultar as DIA emitidas premendo na seguinte ligazón.

Informe de impacto ambiental (IIA)

O órgano ambiental, tras a correspondente avaliación de impacto ambiental simplificada, resolverá mediante a emisión do informe de impacto ambiental que:

a) O proxecto debe someterse a unha avaliación de impacto ambiental ordinaria e, polo tanto, o promotor debe continuar a tramitación ambiental.

b) O proxecto non ten efectos significativos sobre o ambiente e, polo tanto, finaliza a tramitación ambiental.

c) Non é posible dictar unha resolución fundada sobre os posibles efectos adversos do proxecto sobre o medio ambiente, ao non dispor o órgano ambiental de elementos de xuizo suficientes procedendose á terminación do procedimento co arquivo de actuacións.

O órgano ambiental publicará na páxina web desta Consellería o informe de impacto ambiental (IIA), previa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do correspondente anuncio.

O informe de impacto ambiental non será obxecto de recurso algún sen perxuízo dos que, no seu caso, procedan en vía administrativa ou xudicial fronte ao acto, no seu caso, de autorización do proxecto.

Pode consultar os IIA emitidos premendo na seguinte ligazón.