- Declaración de impacto ambiental (DIA)
O órgano ambiental resolve o procedemento común de avaliación do impacto ambiental mediante a emisión da declaración de impacto ambiental (DIA).
Nesta declaración de impacto ambiental determínase a conveniencia ou non de realizar o proxecto en atención aos seus efectos ambientais e, en caso afirmativo, as condicións nas que debe executarse para garantir a adecuada protección do medio e dos recursos naturais.
O órgano ambiental fará pública na páxina web desta Consellería a declaración de impacto ambiental, previa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do correspondente anuncio.
A DIA ten carácter previo, preceptivo e determinante segundo o artigo 41 da Lei 21/2013 e, segundo o artigo 52, é vinculante para o órgano substantivo no relativo ás medidas correctoras que integre.
A declaración de impacto ambiental (DIA) non será obxecto de recurso, sen prexuízo dos que, se é o caso, procedan en vía administrativa ou xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto.
Os proxectos iniciados, parcialmente executados ou finalizados non poderán someterse ao procedemento de avaliación ambiental, salvo o previsto na disposición adicional décimo sexta da Lei 21/2013, que transpón a Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello do 13 de decembro de 2011, modificada pola Directiva 2014/52/UE.
Os incumprimentos ambientais regúlanse no título III, capítulos II e III da Lei 21/2013.
Pode consultar as DIA emitidas premendo na seguinte ligazón.
- Informe de impacto ambiental (IIA)
O órgano ambiental, tras a correspondente avaliación de impacto ambiental simplificada, resolverá mediante a emisión do informe de impacto ambiental (IIA), que poderá determinar:
- Que o proxecto debe someterse a unha avaliación de impacto ambiental ordinaria e, polo tanto, o promotor debe continuar coa tramitación ambiental.
- Que o proxecto non ten efectos significativos sobre o medio ambiente e, polo tanto, finaliza a súa tramitación ambiental.
- Que non é posible ditar unha resolución sobre os posibles efectos adversos do proxecto por falta de elementos de xuízo suficientes, procedéndose á terminación do procedemento con arquivo das actuacións.
O órgano ambiental publicará na páxina web desta Consellería o informe de impacto ambiental, previa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do correspondente anuncio.
O informe de impacto ambiental non será obxecto de recurso algún, sen prexuízo dos que, se é o caso, procedan en vía administrativa ou xudicial fronte ao acto de autorización do proxecto.
Pode consultar os IIA emitidos premendo na seguinte ligazón.
