Premios de Sostibilidade Empresarial de Galicia 2026

Os Premios de sostibilidade empresarial de Galicia nacen co obxectivo de poñer en valor o compromiso das organizacións galegas adheridas ao Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais (EMAS).

A través das categorías de premios que se establecen, pretende poñerse en valor o compromiso daquelas organizacións que, no ámbito da nosa Comunidade Autónoma, incorporan criterios voluntarios de mellora continua, transparencia, medición obxectiva, prevención de impactos e rendición de contas na súa xestión ambiental.

Os premios estrutúranse en tres categorías principais, en función do tamaño da organización: pequena organización, mediana organización e grande organización.

Ademais, o xurado poderá outorgar dous recoñecementos adicionais:

  • Premio EMAS Galicia +20, destinado a recoñecer a traxectoria medioambiental de organizacións rexistradas en EMAS durante 20 ou máis anos.
  • Premio EMAS Galicia +Sostible, orientado a distinguir a mellor iniciativa de sostibilidade.

Bases reguladoras e convocatoria 2026: ver DOG

Excel de autoavaliación para as entidades: ver documento