- Plans de inspección ambiental
O Plan de inspección ambiental de Galicia é un documento marco de carácter plurianual que ten como finalidade articular, programar e racionalizar as inspeccións ambientais que efectúe en Galicia a Administración autonómica. É obxecto de revisión periódica, como mínimo, cada tres anos e, cando procede, de actualización.
Na actualidade está vixente o Plan de Inspección Ambiental de Galicia 2025-2030, aprobado por resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.
- Programas
A partir do plan de inspección ambiental, elabórase anualmente un programa de inspección ambiental que inclúe a frecuencia das visitas de inspección aos distintos tipos de instalacións e actividades cubertas polo devandito plan.
O Programa de Inspección Ambiental de Galicia para o ano 2025 aprobouse por Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.
- Memorias
Anualmente elabórase unha memoria de inspección ambiental na que se describen e valoran as actuacións inspectoras realizadas e os seus resultados, así como o grao de cumprimento da planificación das inspeccións ambientais.
Contacto/s relacionados
Servizo de Intervención Ambiental :
inspeccionambiental.medioambiente [at] xunta.gal
Teléfono: 981 541 746
