Validación de investimentos para a protección do medio

Certificación da validación de investimentos

Segundo a Lei 27/2014, de 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades, a partires do 1 de xaneiro de 2015 desaparece a dedución por inversións medioambientais.

As certificacións de validación de investimentos destinados á protección do medio ambiente son un incentivo fiscal que permite deducir ata un 10% do investimento realizado no imposto de sociedades.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental é o órgano competente para a emisión dos certificados, tras comprobar o carácter ambiental dos investimentos, que se acollen a algún plan, programa, convenio ou acordo coa Administración, e que foron realizados e están en condicións de funcionamento.

A solicitude leva asociado o pago de taxas. Pode descargarse o impreso de autoliquidación no seguinte enlace da Consellería de Facenda.

  • Consellería: Medioambiente e Cambio Climático – 15
  • Delegación: Servicios centrais – 13
  • Servicio: Fomento e Control da Calidade Ambiental – 20
  • Taxa: Certificado para desgravación fiscal por inversión medioambiental – 327500

Os prezos poden consultarse no documento adxunto.

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas

Contacto

Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos
Teléfono: 981 541 046

Plans, convenios, programas ou acordos

Os plans, convenios, programas ou acordos aos que se poden acoller as empresas para obter o certificado son os seguintes:

Contacto

Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos
Teléfono: 981 541 046

Os pactos ambientais

O pacto ambiental é un acordo voluntario entre Administración e entidades para planificar melloras ambientais. Permite tamén establecer pautas de adaptación á normativa ambiental e promover estratexias locais ou comarcais, compatibilizando medidas correctoras coa viabilidade das empresas.

As empresas comprométense a actuacións nun prazo determinado, mentres a Administración apoia con axudas, subvencións, beneficios fiscais e autorizacións necesarias.

Relación de pactos e convenios asinados

  • Pacto ambiental Xunta de Galicia – ENCE Enerxía e Celulosa, S.A. (2016)
  • Acordo Xunta de Galicia – Asociación Galega de Pizarristas – Explotadores de pizarra (1996)
  • Pacto ambiental Xunta de Galicia – Unión Fenosa Xeración (2000)
  • Pacto ambiental Xunta de Galicia – Grupo ENCE (2003)
  • Pacto ambiental Xunta de Galicia – Unión Fenosa Xeración (2003)
  • Pacto ambiental Xunta de Galicia – Alcoa Inespal, Alumina Española, Aluminio Español (2004)
  • Pacto ambiental Xunta de Galicia – Cementos Cosmos, S.A. (2005)
  • Pacto ambiental Xunta de Galicia – Endesa, S.A. (2005)
  • Acordo marco Xunta de Galicia – Fundación Gas Natural (2005)

Contacto

Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos
prevencion.ambiental.cma [at] xunta.es (prevencion[dot]ambiental[dot]cma[at]xunta[dot]es)
Teléfono: 981 541 046 / 981 541 779