A inspección ambiental de Galicia forma parte de diversas redes a nivel nacional e internacional coa finalidade de fomentar a participación e o intercambio de coñecementos e experiencias en materia de inspección ambiental, así como a realización de proxectos de interese común.
REDIA
A nivel estatal, a inspección ambiental de Galicia está integrada na Rede de Inspección Ambiental (REDIA). Esta rede é un instrumento fundamentalmente técnico de cooperación e de intercambio de experiencias entre os responsables das inspeccións ambientais das Comunidades Autónomas, orientado a establecer foros de colaboración, a desenvolver proxectos de interese común e a articular a participación das Comunidades Autónomas na Red Europea de Inspección Ambiental (IMPEL).
IMPEL
A nivel internacional, a inspección ambiental de Galicia forma parte da Red Europea de Inspección Ambiental (IMPELnova venta). Trátase dunha rede da Unión Europea para o intercambio de información na área de implantación, aplicación e cumprimento da lexislación ambiental para desenvovlvemento de estratexias prácticas comúns.
TWINNING
A inspección ambiental tamén participa no programa de hermanamento “Twinning” da Comisión Europea, que proporciona o marco para que as Administracións públicas de países beneficiarios traballen cos seus homólogos dos Estados membros da Unión Europea.
OUTRAS COLABORACIÓNS
A inspección ambiental de Galicia tamén participa xunto con institucións de medio ambiente de Holanda e Portugal, no proxecto “Fortalecemento das capacidades administrativas a nivel central e local para a aplicación e o cumprimento da normativa ambiental”, sendo a institución beneficiaria a inspección ambiental da República de Macedonia.
Contacto/s relacionados
Servizo de Intervención Ambiental :
inspeccionambiental.medioambiente [at] xunta.gal
Teléfono: 981 541 746
