A Inspección Ambiental en Galicia

Obxecto

O exercicio da inspección ambiental ten por obxecto garantir o dereito a gozar dun ambiente axeitado para o desenvolvemento da persoa e o deber de utilización racional dos recursos naturais, así como garantir o cumprimento da normativa ambiental das instalacións e actividades incluídas no ámbito de aplicación deste decreto.

As funcións da inspección ambiental consisten no control e vixilancia daquelas  actividades e instalacións susceptibles de afectar negativamente o medio ambiente para os efectos de comprobar a súa adecuación á normativa ambiental, verificar o cumprimento e a eficacia das condicións establecidas nos instrumentos preventivos ambientais,  contribuír a mellorar o comportamento ambiental das instalacións e actividades e, se for o caso, constatar feitos que poidan ser constitutivos de infracción administrativa ou de delito ambiental.

Para uniformar e coordinar o traballo dos diferentes servizos que comprende a Inspección ambiental en Galicia e  a súa coordinación con outros organismos, elaborouse o Manual de Inspección Ambiental.

Contacto/s relacionados
Servizo de Intervención Ambiental :
inspeccionambiental.medioambiente [at] xunta.gal
Complexo administrativo de San Lázaro
- Santiago de Compostela
Teléfono: 981 541 746

Órganos competentes

A busca continua da excelencia e da calidade dentro das administracións públicas, levou á Inspección Ambiental de Galicia a certificar un sistema de xestión de calidade en base á norma ISO 9001:2015.

A Política de Calidade da Inspección Ambiental recolle, entre outros, o compromiso coa calidade e as esixencias sociais, ambientais e laborais demandadas por os grupos de interese en base aos principios establecidos na propia norma.

Pode consultar o documento da Política de Calidade e o Certicado UNE_EN ISO 9001:2015 nos documentos que se xuntan.

Contacto/s relacionados
Servizo de Intervención Ambiental :
inspeccionambiental.medioambiente [at] xunta.gal

Teléfono: 981 541 746

Participación da inspección ambiental en Redes e Programas estatais e comunitarios

A inspección ambiental de Galicia forma parte de diversas redes a nivel nacional e internacional coa finalidade de fomentar a participación e o intercambio de coñecementos e experiencias en materia de inspección ambiental, así como a realización de proxectos de interese común.

Deste xeito e, a nivel estatal, a inspección ambiental de Galicia intégrase na Red de Inspección Ambiental (REDIA), que é un instrumento fundamentalmente técnico de cooperación e de intercambio de experiencias entre os responsables das inspeccións ambientais das Comunidades Autónomas, orientado a establecer foros de colaboración, a desenvolver proxectos de interese común e a articular a participación das Comunidades Autónomas na Red Europea de Inspección Ambiental (IMPEL).

Pola súa parte e, a nivel internacional, a inspección ambiental de Galicia intégrase na Red Europea de Inspección Ambiental (IMPEL) que é a rede da Unión Europea para a aplicación e o cumprimento da lexislación en materia de medio ambiente, constituíndo os seus proxectos a súa principal actividade.

A inspección ambiental tamén participa no programa de hermanamento denominado “Twinning” da Comisión Europea que proporciona o marco para que as Administracións públicas de países beneficiarios traballen cos seus homólogos dos Estados membros da Unión Europea.

Na actualidade, a inspección ambiental de Galicia participa xunto con institucións de medio ambiente de Holanda e Portugal, no proxecto denominado “Fortalecimiento de las capacidades administrativas a nivel central y local para la aplicación y el cumplimiento de la normativa ambiental”, sendo a institución beneficiaria a inspección ambiental da República de Macedonia.

Contacto/s relacionados
Servizo de Intervención Ambiental :
inspeccionambiental.medioambiente [at] xunta.gal

Teléfono: 981 541 746

Normativa

I. Ámbito comunitario

Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de novembro de 2010 sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación)

Recomendación do Parlamento Europeo e do Consello, do 4 de abril de 2001 sobre criterios mínimos das inspeccións medioambientais nos Estados membros.

II. Ámbito estatal

Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación.

Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

III. Ámbito autonómico

Decreto 7/2020, do 9 de xaneiro, de inspección ambiental de Galicia.