- Conceptos de responsabilidade medioambiental
Actividade económica ou profesional
Toda aquéla realizada con ocasión dunha actividade de índole económica, un negocio ou unha empresa, con indenpendencia do seu carácter público ou privado e de que teña ou non fins lucrativos.
Ameaza inminente de danosUnha probabilidade suficiente de que se produzan danos medioambientais nun futuro próximo.
Dano
O cambio adverso e mensurable dun recurso natural ou o perxuizo dun servizo de recursos naturais, tanto si se produce directa como indirectamente. Quedan incluidos no concepto de dano aqueles danos medioambientais que foran ocasionados polos elementos transportados polo aire.
Dano medioambiental
Os danos ás especies silvestres e ós hábitat, é dicir, calquera dano que produza efectos adversos significativos na posibilidade de alcanzar ou de manter o estado favorable de conservación deses hábitat ou especies.
Os danos ás augas entendidos como calquera dano que produza efectos adversos significativos:1º Tanto no estado ecolóxico, química e cuantitativo das masas de augas superficiais ou subterráneas, como no potencial ecolóxico das masas de auga artificiais e moi modificadas (non terán a consideración de danos ás augas os efectos adversos aos que lles sexa de aplicación o artigo 39 do Regulamento da Planificación Hidrolóxica, aprobado polo Real Decreto 907/2007, do 6 de xullo);2º No estado medioambiental das augas mariñas, tal e como se define na Lei 41/2010, do 29 de decembro, de protección do medio mariño, na medida en que diversos aspectos do estado medioambiental do medio mariño non estean xa cubertos polo texto refundido da Lei de Augas aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo. Os danos á ribeira do mar e das rías, entendidos como calquera dano que produza efectos adversos significativos sobre a súa integridade física e axeitada conservación, así como tamén aqueles outros que impliquen dificultade ou imposibilidade de conseguir ou manter un axeitado nivel de calidade de aquéla. Os danos ó solo, é dicir, calquera contaminación do solo que supoña un risco significativo de que se produzan efectos adversos para a saúde humana ou para o medio ambiente debidos ó depósito, vertido ou introducción directos ou indirectos de sustancias, preparados, organismos ou microorganismos no solo ou no subsolo.
Índice de dano medioambiental
É un índice que ten por obxecto estimar o dano asociado a cada escenario accidental, e baséase nunha serie de estimadores da cantidade de recurso danado e dos custos de reparación dos recursos naturais cubertos pola lei, ofrecendo un resultado semicuantitativo, pero que permite ordenar por orde de magnitude os escenarios accidentais en función dos potenciais danos medioambientais que poden xenerar.
Operador
Calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, que desempeñe unha actividade económica ou profesional ou que, en virtude de calquera título, controle dita actividade ou teña un poder económico determinante sobre o seu funcionamento técnico.
Recursos naturais
As especies silvestres e os hábitat, a auga, a ribeira do mar e das rías e o solo.
Servizos de recursos naturais
As funcións que desempeña un recurso natural en beneficio doutro recurso natural ou do público.
- Tipos de responsabilidade medioambiental
Responsabilidade medioambiental das actividades económicas ou profesionais incluidas no Anexo III LRM
- Responsabilidade obxectiva: Deberán adoptalas medidas de prevención, evitación e reparación independentemente de que actuaran ou non con dolo, culpa ou neglixencia
- Responsabilidade ilimitada: Deberán adoptalas medidas de prevención, evitación e reparación independentemente do custe das mesmas
- Presunción de dano: Se presumirá que son causantes do dano medioambiental ou da ameaza inminente de dano, cando atendendo á súa natureza intrínseca ou á forma en que se desenvolvera, sexa axeitada para causalo. Polo tanto, deberá ser o operador da actividade económica ou profesional o que demostre que non causou o dano medioambiental ou a ameaza inminente de dano medioambiental
Responsabilidade medioambiental das actividades económicas ou profesionais non incluidas no Anexo III LRM
- Responsabilidade obxectiva: Deberán adoptar las medidas de prevención y evitación independientemente de que actuaran o no con dolo, culpa o negligencia.
- Responsabilidade por culpa: Deberán tamén adoptalas medidas de reparación cando actuaran con dolo, culpa ou neglixencia, ou cando non adoptaran as medidas de prevención e evitación
- Responsabilidade ilimitada: Deberán adoptalas medidas de prevención, evitación e reparación, nos casos en que proceda, independentemente do custe das mesmas
- Supostos de inesixibilidade de custes
Supostos nos que non será esixible a obriga de sufragalos custes das medidas de prevención, evitación e reparación
O operador dunha actividade económica ou profesional non estará obrigado a sufragalos custes das medidas de prevención, evitación e reparación, cando demostre que os danos medioambientais ou a ameaza inminente de tales danos se produxeron exclusivamente por calquera das seguintes causas:
- a) A actuación dun terceiro alleo ó ambito da organización da actividade de que se trate e independente dela, a pesar de existir medidas de seguridade axeitadas
- b) O cumprimento dunha orde ou instrucción obrigatoria dictada por unha autoridade pública competente, incluíndo as ordes dadas en execución dun contrato a que se refire a lexislación de contratos das Administracións Públicas
Supostos nos que non será esixible a obriga de sufragalos custes das medidas de reparación, pero nos que polo tanto sí será esixible a obriga de sufragalos custes das medidas de prevención e evitación
O operador deberá demostrar que non incurriu en dolo, culpa ou neglixencia, e que concorre algunha das seguintes circunstancias:
- a) Que a emisión ou o feito que sexa causa directa do dano medioambiental constitúa o obxecto expreso e específico dunha autorización administrativa outorgada de conformidade coa normativa aplicable ás actividades enumeradas no Anexo III LRM. Ademáis será necesario que o operador se axustara estrictamente no desenvolvemento da súa actividade ás determinacións ou condicións establecidas ó efecto na referida autorización, e tamén á normativa que lle sexa aplicable no momento de producirse a emisión ou o feito causante do dano medioambiental
- b) Que o operador probe que o dano medioambiental foi causado por unha actividade, unha emisión, ou a utilización dun producto que, no momento de realizarse ou empregarse, non eran considerados como potencialmente perxudiciais para o medio ambiente, atendendo ó estado dos coñecementos científicos e técnicos existentes naquel momento
- Medidas de prevención, evitación e reparación
Nos supostos en que proceda, o operador dunha actividade económica ou profesional deberá adoptalas medidas de prevención, evitación e reparación:
- Medidas de prevención: Aquelas que se deben adoptar como resposta a un suceso, a un acto ou a unha emisión que supuxera unha ameaza inminente de dano medioambiental, co obxecto de impedila súa producción ou reducir ó maximo dito dano.
- Medidas de evitación: Aquelas que, xa producido o dano medioambiental, teñan por finalidade limitar ou impedir maiores danos medioambientais, controlando, contendo ou eliminando os factores que orixinaran o dano, ou facendo frente a eles de calquera outro xeito.
- Medidas de reparación: Toda acción ou conxunto de accións, incluidas as de carácter provisional, que teña por obxecto reparar, restaurar ou reemplazar os recursos naturais e servizos de recursos naturais danados, ou facilitar unha alternativa equivalente a eles segundo o previsto no Anexo II LRM
- Garantías Financieiras Obrigatorias
Obrigados a constituílas
Unicamente están obrigados a constituir a garantía financeira e, polo tanto, a efectuar a comunicación á autoridade competente, os operadores das actividades económicas ou profesionais do anexo III da LRM que, á súa vez, se recollen no artigo 37.2 letra a) do Real Decreto 2090/2008 (na súa redación dada polo Real Decreto 183/2015) e, que son as seguintes:
-As actividades e instalacións suxeitas ao ámbito de aplicación do Real Decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas e a referencia á Lei 16/2002 pola do Real Decreto Lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación;
-As actividades e instalacións suxeitas ao ámbito de aplicación do Real Decreto Lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación;
-Os operadores que conten con instalacións de residuos mineiros clasificadas como de categoría A consonte ao establecido no Real Decreto 975/2009, de 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras
Exencións
Ademais, os operadores destas actividades económicas ou profesionais recollidas no anexo III da LRM e, á súa vez, recollidas no artigo 37.2 letra a) do Real Decreto 2090/2008 (na súa redación dada polo Real Decreto 183/2015), quedarán exentos da obriga de constituír unha garantía financeira e de efectuar a comunicación correspondente á autoridade competente, cando se atopen nalgún dos seguintes supostos:
-Aquelas actividades con danos potenciais sobre o medio ambiente, cuxa reparación sexa inferior a 300.000 euros;
-Aquelas actividades con danos potenciais sobre o medio ambiente cuxa reparación se estime entre 300.000 euros a 2.000.000 euros, sempre e cando conten cun certificado de sistema de xestión ambiental, ben conforme ao Regulamento EMAS ou ben conforme á Norma UNE EN ISO 14001;
-A utilización de produtos fitosanitarios e biocidas con fins agropecuarios e forestais
Modalidades
Existen tres modalidades de garantía financeira que o operador das actividades económicas ou profesionais incluídas no Anexo III LRM pode constituír alternativa ou complementariamente entre sí, e que son as seguintes:
-Póliza de seguro: Ten que estar subscrita cunha entidade aseguradora autorizada para operar en España
-Aval: Concedido por algunha entidade financeira autorizada para operar en España
-Reserva técnica: Constituída mediante unha dotación dun fondo ad hoc con materialización en inversións financeiras respaldadas polo sector público
Alcance
Esta garantía financeira obrigatoria debe cubrilos custes derivados das obrigas do operador en materia de prevención, evitación e reparación.
Os suxeitos que deben quedar cubertos pola garantía financeira obrigatoria serán en todo caso os operadores.
Facultativamente a garantía financeira obrigatoria pode cubrir tamén ós subcontratistas e ós profesionais que colaboren cos operadores na realización da actividade garantizada.
Debe manterse en vigor durante todo o tempo que a actividade continúe funcionando.
Data de esixibilidade
Con data 30 de outubro de 2017 publicouse no Boletín Oficial do Estado a Orden APM/1040/2017, de 23 de outubro, pola que se establece a data a partir da cal será esixible a constitución da garantía financieira obrigatoria para as actividades do Anexo III da Lei 26/2007, de 23 de outubro, de Responsabilidade Medioambiental clasificadas como nivel de prioridade 1, e como nivel de prioridade 2, mediante a Orden ARM/1783/2011, de 22 de xuño e pola que se modifica o seu anexo.
A garantía financeira obrigatoria debe manterse en vigor durante todo o tempo que a actividade continúe funcionando
Análise de riscos
A contía da garantía financeira obrigatoria determínase en función da análise de riscos medioambientais da actividade económica ou profesional.
En consecuencia, unicamente están obrigados á realización dunha análise de riscos medioambientais, os operadores das actividades económicas ou profesionais recollidas no anexo III da LRM e que, á súa vez, estén recollidas no artigo 37.2 letra a) do Real Decreto 2090/2008 (na súa redación dada polo Real Decreto 183/2015).
Esta análise de riscos poderá realizarse polo propio operador ou ben por un terceiro contratado por este e debe realizarse conforme á norma UNE 150.008 ou outras normas equivalentes e conforme aos criterios recollidos no Real Decreto 2090/2008.
As análises de riscos medioambientais non resultan esixibles ata a data a partir da cal sexa esixible a constitución da garantía financeira obrigatoria.
Existen distintos instrumentos de carácter voluntario (modelos de informe de riscos medioambientais tipo – MIRAT -, guías metodolóxicas, táboas de baremos) que permiten aos operadores obrigados a realizar unha análise de riscos medioambientais, a súa realización a nivel sectorial
Índice de dano medioambiental
É un índice que ten por obxecto estimar o dano asociado a cada escenario accidental, e baséase nunha serie de estimadores da cantidade de recurso danado e dos custos de reparación dos recursos naturais cubertos pola lei, ofrecendo un resultado semicuantitativo, pero que permite ordenar por orde de magnitude os escenarios accidentais en función dos potenciais danos medioambientais que poden xerar.
O Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente desenvolveu unha aplicación informática para estimar o IDM asociado a cada escenario accidental, dispoñible no seguinte enlace
https://servicio.mapama.gob.es/mora/idm/editarSeleccionIdmAgentes.action
Para facilitar a utilización desta aplicación informática facilítase un enlace á guía de usuario:
- Obrigas dos operadores de actividades económicas ou profesionais
Protocolo de actuación en caso de accidente
Sen prexuízo das obrigas que consonte á normativa de responsabilidade medioambiental corresponden aos operadores de actividades económicas ou profesionais, a Comisión Técnica de Prevención y Reparación de Daños Medioambientales, aprobou o documento “Protocolo de actuación en caso de accidentes y procedimiento de exigencia de responsabilidad medioambiental”, que pode resultar de interese aos efectos de axudar a cumprir as devanditas obrigas por parte dos operadores.
Proxectos de reparación de danos medioambientais
Aos efectos de axudar aos operadores de actividades económicas ou profesionais a cumprir, no seu caso, a obriga de presentar un proxecto de reparación de danos medioambientais, a Comisión Técnica de Prevención y Reparación de Daños Medioambientales aprobou o documento “Estructura y contenidos generales de los proyectos de reparación de daños medioambientales”.
Obrigas dos operadores de actividades económicas ou profesionais incluidas no Anexo III LRM
- Adoptar sen demora e sen necesidade de advertencia, de requerimento ou de acto administrativo previo, todas aquelas medidas provisionais necesarias para reparar, restaurar e reemplazalos recursos naturais e servizos de recursos naturais danados
- Adoptar e executalas medidas de prevención, evitación e reparación en caso de dano medioambiental ou ameaza inminente de dano medioambiental, así como sufragalos seus custes calquera que sexa a súa contía, cando resulten responsables dos mesmos
- Comunicar inmediatamente á autoridade competente a existencia de danos medioambientais ou ameazas inminentes de danos medioambientais derivados da súa actividade, así como as medidas de prevención e evitación que adoptara
- Facilitar á autoridade competente a información que ésta lle requira cando existan indicios de que vai producirse un dano medioambiental, ou respecto ós danos producidos
- Realizar unha análise de riscos medioambientais da súa actividade (esta obriga non será esixible ata a data que sinalen as Ordes Ministeriais)
- Constituir unha garantía financeira - unicamente aquelas actividades económicas ou profesionais que á súa vez se inclúen no artigo 37.2 letra a) do Real Decreto 2090/2008, na súa redación dada polo Real Decreto 183/2015
- Cumprilas instruccións dadas pola autoridade competente para a adopción das medidas de prevención, evitación e reparación
- Recopilar ante unha ameaza inminente de dano medioambiental ou ante un dano medioambiental, a información necesaria para a mellor definición das medidas de prevención ou para determinala magnitude do dano
- Ante danos medioambientais, somter á aprobación da autoridade competente, unha proposta de medidas reparadoras dos danos medioambientais causados
- Levar a cabo o seguimento do proxecto de reparación, coa periodicidade que se determine no programa de seguimento
- Presentar unha vez executado o proxecto de reparación, un informe final de cumprimento
- Colaborar na definición das medidas reparadoras e na execución das adoptadas pola autoridade competente
Obrigas dos operadores de actividades económicas ou profesionais non incluidas no Anexo III LRM
- Comunicar inmediatamente á autoridade competente a existencia de danos medioambientais ou ameazas inminentes de danos medioambientais derivados da súa actividade, así como as medidas de prevención e evitación que adoptara
- Facilitar á autoridade competente a información que ésta lle requira cando existan indicios de que vai producirse un dano medioambiental, ou respecto ós danos producidos
- Cumprilas instruccións dadas pola autoridade competente para a adopción das medidas de prevención, evitación e reparación
- Recopilar ante unha ameaza inminente de dano medioambiental ou ante un dano medioambiental, a información necesaria para a mellor definición das medidas de prevención ou para determinala magnitude do dano
- Adoptar e executalas medidas de prevención e evitación en caso de dano medioambiental ou ameaza inminente de dano medioambiental, así como sufragalos seus custes calquera que sexa a súa contía, cando resulten responsables dos mesmos, e independentemente de que actuaran ou non con dolo, culpa ou neglixencia
- Cando actuaran con dolo, culpa ou neglixencia, ou cando non adoptaran as medidas de prevención e evitación, deberán:
- Adoptar e executalas medidas de reparación dos danos medioambientais
- Sufragalos custes das medidas de reparación adoptadas, calquera que sexa a súa contía, cando resulten responsables dos danos medioambientais
- Someter á aprobación da autoridade competente unha proposta de medidas reparadoras dos danos medioambientais causados
- Levar a cabo o seguimento do proxecto de reparación
- Presentar unha vez executado o proxecto de reparación, un informe final de cumprimento
- Colaborar na definición das medidas reparadoras e na execución das adoptadas pola autoridade competente
- Réxime sancionador
Infraccións moi graves:
- Non adoptalas medidas preventivas ou de evitación esixidas pola autoridade competente, cando teña como resultado o dano que se pretendía evitar
- Non axustarse ás instruccións recibidas da autoridade competente ó poñer en práctica as medidas de prevención e evitación, cando teña como resultado o dano que se pretendía evitar
- Non adoptalas medidas reparadoras esixibles ó operador, cando teña como resultado un detrimento da eficacia reparadora de tales medidas
- Non axustarse ás instruccións recibidas da autoridade competente, ó poñer en práctica as medidas reparadoras a que estea obrigado o operador, cando teña como resultado un detrimento da eficacia reparadora de tales medidas
- Non informar á autoridade competente da existencia dun dano medioambiental ou dunha ameaza inminente de dano producido ou que poida producilo operador e dos que tivera coñecemento, ou facelo con inxustificada demora, cando tivera como consecuencia que os seus efectos se agravaran ou chegaran a producirse efectivamente
- O incumprimento da obrigación de concertar nos términos previstos na lei, as garantías financeiras obrigatorias a que estea obrigado o operador, así como o feito de que non se manteñan en vigor o tempo que subsista dita obriga
Infraccións graves:
- Non adoptalas medidas preventivas ou de evitación esixidas pola autoridade competente ó operador, cando non sexa constitutiva de infracción moi grave
- Non axustarse ás instruccións recibidas da autoridade competente ó poñer en práctica as medidas preventivas ou as de evitación a que estea obrigado o operador, cando non sexa constitutiva de infracción moi grave
- Non adoptalas medidas reparadoras esixidas ó operador pola autoridade competente, cando non sexa constitutiva de infracción moi grave
- Non axustarse ás instruccións recibidas da autoridade competente á hora de poñer en práctica as medidas reparadoras a que estea obrigado o operador, cando non sexa constitutiva de infracción moi grave
- Non informar á autoridade competente da existencia dun dano medioambiental ou dunha ameaza inminente de dano producido ou que poida producilo operador e dos que tivera coñecemento, ou facelo con inxustificada demora, cando non sexa constitutiva de infracción moi grave
- Non facilitala información requirida pola autoridade competente ó operador, ou facelo con retraso
- Non prestar o operador afectado a asistencia que lle fora requirida pola autoridade competente para a execución das medidas reparadoras, preventivas ou de evitación
- A omisión, a resistencia ou a obstrucción daquelas actuacións que foran de obrigado cumprimento dacordo co previsto na LRM
Sancións:
- A sanción correspondente ás infraccións moi graves será: Multa de 50.001 ata 2 millóns de euros, e/ou Extinción ou suspensión da autorización por un período mínimo dun ano e máximo de 2 anos
- A sanción correspondente ás infraccións graves será: Multa de 10.001 ata 50.000 euros, e/ou Suspensión da autorización por un período máximo dun ano
