Eventos

06/09/2018 Declaración responsable

Data do evento: 06.09.2018

Nos apartados 4 e 5 do Artigo 33 do Regulamento de desenvolvemento parcial da Lei 26/2007, de 23 de outubro, de Responsabilidade Medioambiental, aprobado polo Real Decreto 2090/2008, de 22 de decembro, establécense as obrigas relacionadas coa garantía financeira obrigatoria e a súa comunicación á autoridade competente:

4. Unha vez constituída a garantía financeira por parte do operador, este presentará, ante a autoridade competente, unha declaración responsable de ter constituída dita garantía financeira e de ter realizado as operacións previstas neste artigo, que conterá polo menos a información incluída no anexo IV.1. A autoridade competente establecerá os correspondentes sistemas de control que lle permitan comprobar o cumprimento destas obrigas. Dita contía terá carácter mínimo e non condicionará nin limitará en ningún sentido a facultade do interesado de constituír unha garantía por un importe maior, mediante o mesmo ou outros instrumentos.

5. Os operadores que, unha vez realizado o análise de riscos medioambientais da súa actividade, queden exentos de constituír a garantía financeira en virtude das exencións previstas nos apartados a) e b) do artigo 28 da Lei 26/2007, de 23 de outubro, deberán presentar ante a autoridade competente unha declaración responsable que conterá polo menos a información incluída no anexo IV.2.

Contido mínimo da Declaración Responsable:

Real Decreto 183/2015, de 13 de marzo, polo que se modifica o Regulamento de desenvolvemento parcial da Lei 26/2007, de 23 de outubro, de Responsabilidade Medioambiental, aprobado polo Real Decreto 2090/2008, de 22 de decembro. Anexo IV.1 e IV.2

04/09/2018 Garantía financeira obrigatoria “nivel de prioridade 1”: Data límite 30 de outubro de 2018

Data do evento: 04.09.2018

No BOE do 30 de outubro de 2017 publicouse a "Orde APM/1040/2017, de 23 de outubro, pola que se establece a data a partir da cal será esixible a constitución da garantía financeira obrigatoria para as actividades do anexo III da Lei 26/2007, de 23 de outubro, de Responsabilidade Medioambiental, clasificadas como nivel de prioridade 1 e 2, mediante Orde ARM/1783/2011, de 22 de xuño, e pola que se modifica o seu anexo".

Polo tanto, aquelas actividades da comunidade autónoma galega clasificadas como "nivel de prioridade 1" deberán dispoñer dunha garantía financeira que lles permita facer fronte á responsabilidade medioambiental inherente á actividade ou actividades que pretendan desenvolver, no prazo dun ano a contar desde a entrada en vigor da presente orde (30 de outubro de 2018).