- Rexistro galego de emisións REGADE
A Xunta de Galicia puxo en marcha dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ferramentas avanzadas de información, tales como os rexistros electrónicos a través da internet e a consulta de bases de datos de información ambiental.
O obxectivo último destes rexistros electrónicos oriéntase a axilizar o intercambio de información e o procesado e depuración de datos de calidade contrastada, subministrar de xeito áxil a información validada ao público e establecer a base dun sistema de comparación e mellora entre as actividades instaladas en Galicia.
Este Rexistro englobará todo o fluxo de información e o control das emisións encamiñadas ao cumprimento da normativa ambiental das instalacións da nosa comunidade.
Contacto/s relacionados
- Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia :
emisions-aire.lmag [at] xunta.es (emisions-aire[dot]lmag[at]xunta[dot]es)
Torres Quevedo 3-5, Polígono da Grela
15008 - A Coruña
Teléfono: 881 881 600
Fax: 881 881 618
Para máis información visita Rexistro galego de emisións REGADE
- Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia :
- Rexistro europeo de emisións EPER/PRTR
A Directiva 96/61/CE de 24 de setembro de 1996 relativa á prevención e ao control integrados da contaminación (IPPC), establece no seu artigo 15 a obrigatoriedade de inventariar e subministrar información sobre os datos das principais emisións e as súas fontes responsables; para estes efectos, a Comisión publicou a Decisión 2000/479/CE, do 17 de xullo de 2000, relativa á realización dun inventario europeo de emisións contaminantes.
Este conxunto normativo trasladouse á lexislación estatal mediante o artigo 8 da Lei 16/2002 polo que se incorpora ó ordenamento interno español a citada directiva.
NOTA INFORMATIVA :
Rexistro e notificación dos complexos industriais: 1 de xaneiro ao 1 de abril de cada ano, a información fará referencia ao ano anterior.Contacto/s relacionados
- Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia :
prtr.medioambiente [at] xunta.es (prtr[dot]medioambiente[at]xunta[dot]es)
Teléfono: 881 881 600
Fax: 881 881 618
Para máis información visita Rexistro europeo de emisións EPER/PRTR
- Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia :
- Rexistro galego de emisións-CAPCA
Este servizo substitúe o Libro de Rexistro de Medicións de Emisións Contaminantes á Atmosfera. Tamén regula o proceso de notificación sinalado na Lei 34/2007.
As actividades consideradas existentes segundo a dita lei e con obrigas de autorización deberán estar rexistradas no GAIA eREGADE, remitir a información necesaria para completar o seu rexistro e alcanzar o estado ACTIVO
As medidas de emisións relativas aos controis periódicos deben ser introducidas nesta aplicación, para isto deberá poñerse en contacto co Organismo de Control Autorizado que lle faga as medicións, para que lle asesore no procedemento.
Quedan excluídas do proceso de realización de medidas periódicas, as actividades que non se atopen no Anexo CAPCA-2010 do RD 100/2011, e aquelas sen grupo asignado e que, segundo o criterio do órgano competente da Xunta, non se lle engada dita esixencia.
A maiores quedan excluídas da realización de controis periódicos os seguintes focos:
- Caldeiras de calefacción de potencia inferior a 2,3 MW. Non están excluidas as instalacións de potencia superior a 1 MWt postas en marcha a partir de 2018.
- Caldeiras de combustión industrial, con combustible diferente a gas natural, de potencia inferior a 250 kW.
- Caldeiras de combustión industrial alimentadas con gas natural de potencia inferior a 700 kW.
- Instalacións de combustión en Explotacións Gandeiras (≤ 500 kWt).
- Instalacións que non provoquen contaminación sistemática (segundo o artigo 2.i) do RD 100/2011).
Onde se cita a potencia máxima para a exclusión faise referencia á potencia térmica nominal máxima da instalación de combustión.
Esta exclusión na realización das medidas está relacionada co rexime xurídico da Lei 34/2007 e o Real decreto 100/2011, sen prexuízo de que outras normas de carácter ambiental ou industrial obriguen ao control das emisións.
Contacto/s relacionados
- Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia :
emisions-aire.lmag [at] xunta.es (emisions-aire[dot]lmag[at]xunta[dot]es)
Teléfono: 881 881 600
Fax: 881 881 618
Para máis información visita Rexistro galego de emisións-CAPCA
- Rexistro galego de emisores COV
É o sistema a través do cal os titulares das instalacións comprendidas no ámbito de aplicación do Real Decreto 117/2003 rexistran unha serie de datos necesarios para que a Administración Ambiental poda comprobar o cumprimento das obligacións establecidas por dita normativa.
As instalacións afectadas polo Real Decreto 117/2003 son aquelas nas que se desenrole algunha das actividades enumeradas no seu anexo I (tendo en conta a modificación que se establece sobre o punto 12 de dito anexo mediante a disposición final primeira do Real Decreto 227/2006), e ademais o fagan superando o umbral de consumo de disolvente orgánico establecido no seu anexo II, tal e como se indica no seguinte fluxograma:

Ligazon/s relacionadas
Contacto/s relacionados
- Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia :
tecnoloxia.control.ambiental.cma [at] xunta.es (tecnoloxia[dot]control[dot]ambiental[dot]cma[at]xunta[dot]es)
Torres Quevedo, 3-5
15008 - A Coruña
Teléfono: 881 881 600
Fax: 881 881 618
Para máis información visita Rexistro galego de emisores COV
- Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia :
- Compostos orgánicos persistentes (COP)
Os Compostos Orgánicos Persistentes (COP's polas súas siglas en inglés), son químicos moi estables que se xeran na industria química ou se producen de xeito non intencional a partir de certas actividades do home (procesos de combustión ou xeración de electricidade, entre outros). Os COP's caracterízanse por ser compostos de alta toxicidade, resistentes á degradación natural, de alto potencial para bioacumularse e gran capacidade para trasladarse distancias considerables.
Representan unha lista bastante extensa, onde a maioría teñen en común na súa composición dous elementos, o cloro e o carbono, que son coñecidos co nome de organoclorados. A súa utilización é moi variada, desde o seu uso como pesticidas -entre eles algúns tan populares como o DDT, o lindano, ou o mirex- ou produtos como os PCBs, pirorretardantes haloxenados ou organoestaños. Non todos estes compostos xéranse de forma intencionada na industria, algúns deles aparecen como subprodutos non desexados procedentes de procesos industriais, como as perigosas dioxinas e os furanos.
Os efectos dos COP´s na saúde e o medio ambiente:
Polo seu carácter tóxico, os COP's están ligados a unha serie de efectos nocivos á saúde humana, como trastornos conxénitos, dano ao sistema inmunolóxico e respiratorio, problemas reprodutivos, desordes de índole sexual, períodos de lactación humana máis curtos e mal funcionamento endócrino. Outros síntomas da exposición nociva aos COP's sobre a saúde humana inclúen alerxias, hipersensibilidade, dano ao sistema nervioso, desordes neurolóxicos de comportamento e desenvolvemento, perda da curta memoria e cancro. A Organización Mundial da Saúde (OMS), a través da súa Axencia Internacional para a Investigación do Cancro, considera a moitos dos COP's como potenciais carcinóxenos humanos.
Os COP's mostran unha alta persistencia no medio ambiente debido a que presentan unha resistencia á degradación por procesos naturais.
De acordo ao Convenio de Estocolmo, a persistencia destes compostos determínase mediante a evidencia da vida media do produto químico en auga por máis de dous meses ou a vida media en terra ou sedimentos por máis de seis meses.
Ademais deles, a enfermidade máis grave á que estamos expostos polo consumo excesivo de carnes ou outros alimentos graxos contaminados con COP´s, é o cancro.
Os seres vivos en etapa de xestación son os máis vulnerables aos efectos tóxicos dos COP´s: os contaminantes pasan da nai ao feto a través da placenta e logo, nunha etapa posterior, a través do leite.
Actuacións sobre o problema
A Comunidade Internacional deu pasos importantes establecendo marcos lexislativos para a regulación e control dos COP.
O primeiro instrumento xurídico internacional vinculante sobre COP foi o Protocolo sobre Contaminantes Orgánicos Persistentes, do Convenio de Xenebra de 1979, adoptado en Aarhus (Dinamarca) en 1998. Baseado neste protocolo o Programa de Naciones Unidas para el Medio Ambiente (PNUMA) iniciou a negociación do Convenio de Estocolmo sobre Contaminantes Orgánicos Persistentes, que se asinou en maio de 2001 e entrou en vigor o 17 de maio de 2004. Tras presentar a ratificación o 28 de maio de 2004, o convenio entrou en vigor en España o 26 de agosto de 2004.
O Convenio establece a prohibición do uso intencional dos COP que se mencionan no anexo A, as restricións ao uso dalgúns COP para os que pode haber exencións identificados no anexo B e as medidas a tomar para minimizar as emisións non intencionais das sustancias identificadas no anexo C.
A Unión Europea (UE), da que España forma parte desde o 12 de xuño de 1985, ratificou tamén o Convenio e adopta o Regulamento 850/2004 sobre COP, que ten por obxecto establecer un marco xurídico común para levar a efecto as disposicións do Convenio de Estocolmo e do Protocolo sobre Contaminantes Orgánicos Persistentes, do Convenio de Xenebra de 1979.
A aplicación do Convenio de Estocolmo e do Regulamento 850/2004 representa en España unha oportunidade para a creación dun sistema transparente, incluinte e participativo na eliminación dos COP. Ambos, Convenio de Estocolmo e Regulamento 850/2004, aseguran a coordinación e a coherencia con outros tratados anteriores.
Ligazon/s relacionadas
- Secretaría da Convención de Estocolmo
- Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Contaminantes Orgánicos Persistentes
- Centro nacional de referencia sobre contaminantes orgánicos persistentes
- Eidonet. Seguemento das emisións de gases de efecto invernadoiro
- Vídeo das conferencias "Para entender o Convenio de Estocolmo". Parte 1
- Vídeo das conferencias "Para entender o Convenio de Estocolmo". Parte 2
- Vídeo das conferencias "Para entender o Convenio de Estocolmo". Parte 3
Contacto/s relacionados
- Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia :
emisions-aire.lmag [at] xunta.es (emisions-aire[dot]lmag[at]xunta[dot]es)
Teléfono: 881 881 600
Fax: 881 881 618
Para máis información visita Compostos orgánicos persistentes (COP)
