A Directiva 96/61/CE de 24 de setembro de 1996 relativa á prevención e ao control integrados da contaminación (IPPC), establece no seu artigo 15 a obrigatoriedade de inventariar e subministrar información sobre os datos das principais emisións e as súas fontes responsables; para estes efectos, a Comisión publicou a Decisión 2000/479/CE, do 17 de xullo de 2000, relativa á realización dun inventario europeo de emisións contaminantes.
Este conxunto normativo trasladouse á lexislación estatal mediante o artigo 8 da Lei 16/2002 polo que se incorpora ó ordenamento interno español a citada directiva.
NOTA INFORMATIVA :
Rexistro e notificación dos complexos industriais: 1 de xaneiro ao 1 de abril de cada ano, a información fará referencia ao ano anterior.
Contacto/s relacionados
- Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia :
prtr.medioambiente [at] xunta.es (prtr[dot]medioambiente[at]xunta[dot]es)
Teléfono: 881 881 600
Fax: 881 881 618
