- 01/10/2020 MIRAT e Táboa de Baremos do sector da avicultura de posta e de carne e do sector porcino
Data do evento: 01.10.2020
Os MIRAT e as Táboas de Baremo para o sector da avicultura de posta e de carne para o sector porcino, xa están publicados na sección de responsabilidade medioambiental da páxina web do Ministerio.
Están dispoñibles no apartado de análise de riscos sectoriais da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico: https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/responsabilidad-mediambiental/analisis-de-riesgos-sectoriales/herramientas.aspx
Os operadores de estos sectores que estéan dentro do ámbito de aplicación do Real Decreto Lexislativo 1/2016, de 16 de decembre, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, teñen a obriga de determinar e no seu caso constituir a garantía financieira prevista na Lei 26/2007, de 23 de outubro, de responsabilidade medioambiental, a partir do 16 de outubro de 2022.- 27/11/2019 Documento guía sobre a aplicación da responsabilidade medioambiental en España
Data do evento: 27.11.2019
Co obxectivo de facilitar a aplicación da normativa de responsabilidade medioambiental, o MITECO elaborou o " Documento guía sobre la aplicación de la normativa de responsabilidad medioambiental en España ".
Este documento guía resume os principais elementos que constituen a normativa de responsabilidade medioambiental, o seu ámbito de aplicación, as principais obligacións que establece cara os operadores, as potestades da administración e a distribución de competencias na súa aplicación.
Asimesmo, recolle un resumo de todas as ferramentas específicas deseñadas, análisis de riscos medioambientais individuais e sectoriais elaborados, documentos guía e protocolos aprobados, así como outras actividades levadas a cabo pola Dirección General de Biodiversidad y Calidad Ambiental, no exercizo das súas funcións de Presidencia e Secretaría da Comisión técnica de prevención y reparación de daños medioambientales.
Por outro lado o MITECO elaborou un folleto divulgativo, que recolle dunha forma didáctica e resumida toda esta información.
- 16/10/2019 Publicación da Orden Ministerial TEC_1023_2019
Data do evento: 16.10.2019
Orden TEC/1023/2019, de 10 de outubro, pola que se establece a data a partir da cal será esixible a constitución da garantía financeira obrigatoria para as actividades do anexo III da Lei 26/2007, de 23 de outubro, de Responsabilidade Medioambiental, clasificadas como nivel de prioridade 3, mediante Orden ARM/1783/2011, de 22 de xuño.
- 26/07/2018 Proxectos de reparación de danos medioambientais
Data do evento: 26.07.2018
A Comisión Técnica de Prevención y Reparación de Daños Medioambientales aprobou o documento “Estructura y contenidos generales de los proyectos de reparación de daños medioambientales”, que pode resultar de interese aos efectos de axudar aos operadores de actividades económicas ou profesionais a cumprir, no seu caso, a obriga de presentar un proxecto de reparación de danos medioambientais.
- 26/07/2018 Protocolo de actuación en caso de accidente
Data do evento: 26.07.2018
A Comisión Técnica de Prevención y Reparación de Daños Medioambientales, aprobou o documento “Protocolo de actuación en caso de accidentes y procedimiento de exigencia de responsabilidad medioambiental”, que pode resultar de interese aos efectos de axudar aos operadores de actividades económicas ou profesionais a cumprir as súas obrigas en materia de responsabilidade medioambiental.
- 30/10/2017 Publicación da Orde Ministerial APM/1040/2017
Data do evento: 30.10.2017
Con data 30 de outubro de 2017 publicouse no Boletín Oficial do Estado a Orden APM/1040/2017, de 23 de outubro, pola que se establece a data a partir da cal será esixible a constitución da garantía financieira obrigatoria para as actividades do Anexo III da Lei 26/2007, de 23 de outubro, de Responsabilidade Medioambiental clasificadas como nivel de prioridade 1, e como nivel de prioridade 2, mediante a Orden ARM/1783/2011, de 22 de xuño e pola que se modifica o seu anexo.
Consonte ao establecido nesta Orde APM/1040/2017 as actividades clasificadas con nivel de prioridade 1 e 2 na Orde ARM/1783/2011 deberán dispoñer dunha garantía financeira que lles permita facer fronte á súa posible responsabilidade medioambiental nos prazos de 1 e 2 anos respectivamente a contar dende o pasado 31 de outubro do ano en curso.
En consecuencia, as actividades clasificadas consonte ao establecido na Orde ARM/1783/2011 cun nivel de prioridade 1 / 2, dispoñen ata o vindeiro 31 de outubro de 2018/2019 para acreditar ante a Dirección xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio algunhas das seguintes cuestións:
- o cumprimento da obriga de constituír a garantía financeira regulada na Lei 26/2007, para o cal deberá presentar a declaración responsable prevista no artigo 33.4 e no anexo IV.1 do Real Decreto 2090/2008; ou ben
- o cumprimento da obriga de determinar a contía da garantía financeira e o cumprimento dalgunha das exencións previstas nos apartados a) e b) do artigo 28 da Lei 26/2007, para o cal deberá presentar a declaración responsable prevista no artigo 33.5 e no anexo IV.2 do Real Decreto 2090/2008.
