- Procedemento ordinario
Lexislación de referencia:
- Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental
- Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
O procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica comprende as seguintes fases:
1. Solicitude de inicio
O promotor presenta ante o órgano substantivo, xunto coa documentación esixida pola lexislación sectorial, unha solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica ordinaria acompañada do borrador do plan ou programa e dun documento inicial estratéxico (DIE).
Unha vez que o órgano substantivo dea conformidade á documentación presentada remite ao órgano ambiental a solicitude de inicio, o borrador do plan e o documento inicial estratéxico.
2. Consultas previas
O órgano ambiental consultará ás administracións afectadas e ás persoas interesadas sobre a amplitude, nivel de detalle e grao de especificación que debería ter o estudo ambiental estratéxico.
3. Documento de alcance (DA)
O órgano ambiental elabora un documento de alcance no que delimita a amplitude, nivel de detalle e grado de especificación que debería ter o estudo ambiental estratéxico, e remítello ao promotor e ao órgano substantivo xunto coas respostas recibidas no período de consultas previas.
4. Estudo ambiental estratéxico (EsAE)
O promotor elabora o estudo ambiental estratéxico tendo en conta o documento de alcance. No EsAE débese identificar, describir e avaliar os posibles efectos ambientais significativos que se derivarán da aplicación do plan, así como unhas alternativas técnica e ambientalmente viables.
Tendo en conta o estudo ambiental estratéxico, o promotor elaborará a versión inicial do plan.
5. Información pública e consultas
O órgano substantivo somete a información pública e consultas a versión inicial do plan, acompañada do estudo ambiental estratéxico (o cal deberá incluír un resumo non técnico). A información pública pode realizala o promotor en lugar do órgano substantivo cando, de acordo coa lexislación sectorial, corresponde ao promotor a tramitación administrativa do plan.
6. Proposta final do plan
Tendo en conta os informes, observacións e alegacións presentados durante a fase de información pública e consultas, o promotor modifica, se é preciso, o estudo ambiental estratéxico e elabora a proposta final do plan. Debe ademais redactar un informe de participación e consultas e un documento resumo no que describa como integrou na proposta final do plan os aspectos ambientais, o estudo ambiental estratéxico e da súa adecuación ao documento de alcance, o resultado das consultas e cómo estas foron tidas en conta.
7. Declaración ambiental estratéxica (DEAE)
O órgano ambiental, unha vez que reciba o expediente de avaliación ambiental estratéxica completo, formulará a declaración ambiental estratéxica. A declaración ambiental estratéxica é un informe preceptivo e determinante que inclúe un resumo dos principais fitos do procedemento, os resultados da información pública e das consultas, así como as determinacións, medidas ou condicións finais que deben incorporarse no plan antes da súa aprobación ou adopción definitiva.
Vixencia da declaración ambiental estratéxica
A declaración ambiental estratéxica perderá a súa vixencia e cesará na produción dos seus efectos se non se aproba o plan ou programa no prazo máximo de catro anos desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, o órgano ambiental poderá acordar unha prórroga da vixencia da dita declaración ambiental estratéxica por outro prazo máximo de dous anos (artigo 35.1.d da Lei 9/2021).
8. Proposta definitiva do plan
O promotor incorpora no plan as determinacións recollidas na declaración ambiental estratéxica e, de acordo co previsto na lexislación sectorial, remite ao órgano substantivo a proposta definitiva do plan para a súa adopción ou aprobación.
9. Aprobación e publicidade
O órgano substantivo, se procede, adopta ou aproba o plan.
10. Seguimento
O órgano substantivo ha de realizar un seguimento dos efectos no ambiente como consecuencia da aplicación ou desenvolvemento do plan. Para elo o promotor debe remitir ao órgano substantivo, nos termos establecidos na declaración ambiental estratéxica, os informes de seguimento. O órgano ambiental participa no seguimento e pode solicitar información ou realizar as comprobacións que considere necesarias.
Prazos
Os distintos trámites do procedemento administrativo, a emisión de informes, así como o período de información pública e consultas, están suxeitos aos prazos establecidos na Lei 21/2013, de avaliación ambiental, e na Lei 9/2021, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
Órgano ambiental
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
Promotor
Calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, que pretende elaborar un plan ou programa dos contemplados no ámbito de aplicación da Lei 21/2013, con independencia da administración que no seu momento sexa a competente para a súa adopción ou aprobación.
Órgano substantivo
Órgano da administración pública que ostenta as competencias para adoptar ou aprobar un plan o programa.
Contacto/s relacionados
Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas :
estratexica.medioambiente [at] xunta.gal (estratexica[dot]medioambiente[at]xunta[dot]gal)
Teléfono: 981 957 672 / 981 541 052
Fax: 981 541 048
- Procedemento simplificado
Lexislación de referencia:
- Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental
- Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia
O procedemento simplificado de avaliación ambiental estratéxica comprende as seguintes fases:
1. Solicitude de inicio
O promotor presenta ante o órgano substantivo, xunto coa documentación esixida pola lexislación sectorial, unha solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada acompañada do borrador do plan ou programa e dun documento ambiental estratéxico (DAE).
Unha vez que o órgano substantivo dea conformidade á documentación presentada, este remitirá ao órgano ambiental a solicitude de inicio, o borrador do plan e o documento ambiental estratéxico.
2. Consultas previas
O órgano ambiental consulta ás administracións afectadas e ao público interesado sobre as respercusións ambientais do plan.
3. Informe ambiental estratéxico (IAE)
O órgano ambiental elabora un informe ambiental estratéxico (IAE) no que determina se o plan debe someterse ou non a unha avaliación ambiental estratéxica ordinaria, tendo en conta o resultado das consultas realizadas e de conformidade cos criterios establecidos no anexo V da Lei 21/2013.
No caso de que o plan deba someterse a unha avaliación ambiental ordinaria, o órgano ambiental elabora o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico e remítello, xunto co IAE, ao promotor para continuar co procedemento ordinario.
Se no IAE o órgano ambiental determina que o plan non ten efectos ambientais significativos, o procedemento ambiental remata; en todo caso o promotor debe considerar os condicionantes ambientais establecidos no IAE.
O informe ambiental estratéxico (IAE) publícase no Diario Oficial de Galicia e no porta web do órgano ambiental.
Vixencia do informe ambiental estratéxico
Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia)
Prazos do procedemento
Os distintos trámites do procedemento administrativo están suxeitos aos prazos establecidos na Lei 21/2013 e na Lei 9/2021.
Órgano ambiental
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
Promotor
Calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, que pretende elaborar un plan ou programa dos contemplados no ámbito de aplicación da Lei 21/2013, con independencia da administración que no seu momento sexa a competente para a súa adopción ou aprobación.
Órgano substantivo
Órgano da administración pública que ostenta as competencias para adoptar ou aprobar un plan o programa.
Contacto/s relacionados
Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas :
estratexica.medioambiente [at] xunta.gal (estratexica[dot]medioambiente[at]xunta[dot]gal)
Teléfono: 981 957 672 / 981 541 052
Fax: 981 541 048
- Proxecto de interese autonómico
Con carácter xeral, os proxectos de interese autonómico deben someterse ao procedemento simplificado de avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Lexislación de referencia
- Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia (artigos 22.2 e 55)
- Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (artigo 35)
- Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia
- Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (proxectos de interese autonómico relativos ao desenvolvemento de solo empresarial)
O procedemento comprende as seguintes fases:
1. Solicitude de inicio
O órgano substantivo remitirá ao órgano ambiental unha solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada, acompañada dun borrador do instrumento de ordenación do territorio e dun documento ambiental estratéxico.
O documento ambiental estratéxico terá, como mínimo, o contido que establece o artigo 29 da Lei 21/2013 de avaliación ambiental.
A documentación do plan (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (disposición adicional sexta L1/2021).
2. Consultas previas
O órgano ambiental consultará ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas, que se pronunciarán no prazo de 30 días hábiles.
3. Informe ambiental estratéxico (IAE)
O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico no prazo de tres meses, contados desde a recepción da documentación completa. No IAE determinará se o instrumento de ordenación do territorio ten ou non efectos significativos no medio ambiente:
- No caso de que poida ter efectos significativos sobre o medio ambiente, o proxecto de interese autonómico deberá someterse ao procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica e o órgano ambiental elaborará o documento de alcance do estudio ambiental estratéxico.
- De non prever efectos ambientais significativos, o procedemento ambiental finalizará e o instrumento de ordenación do territorio poderá aprobarse nos termos que o propio IAE estableza.
O informe ambiental estratéxico publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal web do órgano ambiental.
Órgano ambiental
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
Contacto/s relacionados
Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas :
estratexica.medioambiente [at] xunta.gal (estratexica[dot]medioambiente[at]xunta[dot]gal)
Teléfono: 981 957 672
Fax: 981 541 048
- Plan xeral de ordenación municipal (PXOM)
Os plans xerais de ordenación municipal deben someterse ao procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica.
Lexislación de referencia
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigo 60)
- Regulamento que desenvolve a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigos 144 a 147)
- Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia
- Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia
O procedemento de aprobación do PXOM comprende as seguintes fases:
1. Solicitude de inicio
O concello promotor do plan trasladará ao órgano ambiental a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica ordinaria, un borrador do plan co contido necesario para a súa análise urbanística e o documento inicial estratéxico.
A documentación do plan (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.
O órgano ambiental comprobará, no prazo máximo dun mes, que a documentación está completa. De non ser así, solicitará que se acheguen os documentos preceptivos.
2. Consultas previas
O órgano ambiental someterá a documentación completa recibida ás consultas do órgano competente en materia de urbanismo, das demais administracións públicas afectadas e das persoas interesadas, que se pronunciarán no prazo máximo de 30 días hábiles.
3. Documento de alcance (DA)
O órgano ambiental formulará o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico, no que determinará a amplitude, nivel de detalle e grado de especificación que debería ter o estudo ambiental estratéxico.
4. Estudo ambiental estratéxico (EsAE)
O concello elaborará o estudo ambiental estratéxico atendendo aos criterios contidos no documento de alcance. Tendo en conta o estudo ambiental estratéxico, o concello elaborará a versión inicial do plan.
5. Información pública e consultas
O concello, logo de obter informe dos servizos técnicos e xurídicos municipais sobre a conformidade do plan coa lexislación vixente, procederá á súa aprobación inicial e someterá o documento a información pública. A documentación sometida a información pública abranguerá todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluídos un resumo executivo, o estudo ambiental estratéxico e un resumo non técnico do estudo ambiental estratéxico.
O resumo executivo conterá, como mínimo, os seguintes extremos:
- Os ámbitos nos que a nova ordenación altere a vixente, cun plano da súa situación e indicación do alcance da dita alteración.
- No seu caso, os ámbitos nos que se suspenda o outorgamento de licencias e a tramitación doutros procedementos, indicando a duración da suspensión.
O concello trasladará esta documentación ao órgano competente en materia de urbanismo, o cal realizará as dará audiencia aos municipios limítrofes e solicitará os informes autonómicos preceptivos. O concello deberá solicitar, no momento en que corresponda, os demais informes que resulten preceptivos.
6. Proposta final do plan
Tendo en conta os informes, observacións e alegacións presentados durante o trámite de información pública e de consultas, o concello modificará, de ser preciso, o estudo ambiental estratéxico e elaborará a proposta final do plan, que remitirá ao órgano ambiental xunto co expediente de avaliación ambiental estratéxica completo constituído por:
- Proposta final do plan
- Estudo ambiental estratéxico
- Resultado da participación pública e consultas
- Documento resume que describa como se integraron na proposta final do plan os aspectos ambientais, o estudo ambiental estratéxico, a súa adecuación ao documento de alcance e o resultado das consultas.
No informe de participación pública e consultas farase unha descrición do procedemento seguido, indicaranse os medios empregados para a difusión do plan, incluirase unha relación das Administracións públicas consultadas -coas datas de solicitude e resposta- e persoas interesadas participantes, e achegarase copia dos informes sectoriais recibidos e das alegacións con contido ambiental (por exemplo, de grupos ambientalistas).
7. Declaración ambiental estratéxica (DEAE)
O órgano ambiental, tras realizar a análise técnica do expediente, formulará a declaración ambiental estratéxica.
8. Proposta definitiva do plan
O concello incorporará no plan o contido da declaración ambiental estratéxica, introducindo as modificacións que sexan necesarias, indicará as medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan, e elaborará un extracto que incluíra os seguintes aspectos (artigo 82 da Lei 2/2016 e no artigo 199.2 do RLS):
- Xustificación da integración no plan dos aspectos ambientais.
- Xustificación de como se tomaron en consideración no plan o estudo ambiental estratéxico, os resultados da información pública e das consultas e a declaración ambiental estratéxica, así como, se é o caso, as discrepancias xurdidas no proceso.
- Razóns da elección da alternativa seleccionada, en relación coas alternativas consideradas.
No caso de que se introducisen modificacións que impliquen un cambio substancial do documento inicialmente aprobado, realizarase un novo trámite de información pública.
Logo do informe dos servizos xurídicos e técnicos municipais respecto da integridade documental do expediente, das actuacións administrativas realizadas e da conformidade do plan coa lexislación vixente, o concello aprobará provisionalmente o plan, coas modificacións que sexan pertinentes.
O expediente completo, debidamente dilixenciado, remitirallo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
9. Aprobación definitiva
- Concellos con poboación superior a 50.000 habitantes: A consellaría competente en materia de urbanismo, no prazo de tres meses contados desde a entrada do expediente completo no rexistro da consellaría, emitirá informe preceptivo e vinculante as cuestións que especifica a Lei 2/2016 no apartado 15 do seu artigo 60. Transcorrido este prazo sen que se comunicase o informe solicitado, entenderase emitido con carácter favorable e poderá continuar a tramitación do plan. Correspóndelle ao órgano competente municipal a aprobación definitiva do plan.
- Concellos con poboación igual ou inferior a 50.000 habitantes: A consellaría, no prazo de tres meses, contados desde a entrada do expediente completo no rexistro da consellaría, adoptará motivadamente lgunha das seguintes decisións: aprobar definitivamente o plan nos termos nos que se formula, aprobar definitivamente o plan coas condicións que se xulguen necesarias, aprobar parcialmente o plan, ou non outorgar a aprobación definitiva. O plan xeral entenderase aprobado definitivamente se transcorren tres meses desde a entrada do expediente completo no rexistro do órgano competente sen que este comunicase a resolución, sempre que o plan conteña os documentos e determinacións preceptivos.
10. Publicidade
Logo da aprobación definitiva do plan xeral, publicarase no Diario Oficial de Galicia o seguinte:
- O acordo de aprobación definitiva
- A indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no medio ambiente
- A referencia ao enderezo electrónico no que figurará o contido íntegro do plan
- O extracto elaborado con carácter previo á aprobación definitiva do documento, que incluirá os seguintes aspectos:
- Xustificación da integración no plan dos aspectos ambientais.
- Xustificación de cómo se tomaron en consideración no plan o estudo ambiental estratéxico, os resultados da información pública e das consultas, a declaración ambiental estratéxica, así como, se de ser o caso, as discrepancias xurdidas no proceso.
- Razóns da elección da alternativa seleccionada, en relación coas alternativas consideradas.
Órgano ambiental
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
Contacto/s relacionados
Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas :
estratexica.medioambiente [at] xunta.gal (estratexica[dot]medioambiente[at]xunta[dot]gal)
Teléfono: 981 957 672
Fax: 981 541 048
- Plan parcial
Os plans parciais deben someterse a avaliación ambiental estratéxica simplificada, agás cando deban ser obxecto do procedemento ordinario.
Lexislación de referencia:
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG)
- Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG)
- Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia
- Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia
Antes de iniciar a tramitación do plan parcial, os servizos técnicos municipais e as empresas subministradoras e/ou distribuidoras deberán informar, no prazo máximo dun mes, sobre a suficiencia das infraestruturas e dos servizos existentes e previstos (artigo 185.2 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).
A súa tramitación ambiental comprende as seguintes fases (artigo 75.3 da LSG e 186.3 do RLSG):
1. Solicitude de inicio
O promotor do plan parcial debe remitir ao Concello a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada acompañada dun borrador do plan e dun documento ambiental estratéxico. O Concello dará traslado da documentación presentada polo promotor ao órgano ambiental.
O borrador será un documento que conteña, cando menos, as liñas esenciais do planeamento e permita debater os seus criterios, obxectivos e solucións xerais.
O documento ambiental estratéxico terá, como mínimo, o contido que establece o artigo 29 da Lei 21/2013 de avaliación ambiental.
A documentación do plan (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.
2. Consultas previas
O órgano ambiental consultará as administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas, que se pronunciarán no prazo de 30 días hábiles.
2. Informe ambiental estratéxico (IAE)
O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico tras o remate do período de consultas previas. No IAE determinará se o plan ten ou non efectos significativos no medio:
- No caso de prever efectos ambientais significativos, o plan deberá someterse ao procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica e o órgano ambiental elaborará o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico.
- De non prever efectos ambientais significativos, o procedemento ambiental remata e o plan poderá aprobarse nos termos que o propio IAE estableza.
O informe ambiental estratéxico publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal web do órgano ambiental.
Órgano ambiental
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
Promotor
Concellos, Administración autonómica, outros órganos competentes no ámbito urbanístico ou particulares lexitimados para a súa formulación.
Contacto/s relacionados
Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas :
estratexica.medioambiente [at] xunta.gal (estratexica[dot]medioambiente[at]xunta[dot]gal)
Teléfono: 981 957 672
Fax: 981 541 048
- Plan especial
Os plans especiais deben someterse a avaliación ambiental estratéxica simplificada, agás cando deban someterse ao procedemento ordinario.
Lexislación de referencia:
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigo 75.3)
- Regulamento que desenvolve a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigo 186.3)
- Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia
- Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia
Antes de iniciar a tramitación do plan especial, os servizos técnicos municipais e as empresas subministradoras e/ou distribuidoras deberán informar, no prazo máximo dun mes, sobre a suficiencia das infraestruturas e dos servizos existentes e previstos (punto 2 do artigo 185 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).
A súa tramitación ambiental comprende as seguintes fases:
1. Solicitude de inicio
O promotor remitirá ao concello a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada acompañada dun borrador do plan e dun documento ambiental estratéxico.
O borrador será un documento que conteña, cando menos, as liñas esenciais do planeamento e permita debater os seus criterios, obxectivos e solucións xerais.
O documento ambiental estratéxico terá, como mínimo, o contido que establece o artigo 29 da Lei 21/2013 de avaliación ambiental.
A documentación do plan (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.
2. Consultas previas
O órgano ambiental consultará as administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas, que se pronunciarán no prazo de 30 días hábiles.
No caso de plans especiais non previstos no plan xeral ou de plans especiais de protección que conteñan a ordenación detallada do solo urbano consolidado, consultarase tamén ao órgano competente en materia de urbanismo.
3. Informe ambiental estratéxico (IAE)
O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico. No IAE determinará se o plan ten ou non efectos significativos no medio:
- No caso de prever efectos ambientais significativos, o plan deberá someterse ao procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica e o órgano ambiental elaborará o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico.
- De non prever efectos ambientais significativos, o procedemento ambiental remata e o plan poderá aprobarse nos termos que o propio IAE estableza.
O informe ambiental estratéxico publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal web do órgano ambiental.
Órgano ambiental
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
Promotor
Concellos, Administración autonómica, otros órganos competentes no ámbito urbanístico ou particulares lexitimados para a súa formulación.
Contacto/s relacionados
Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas :
estratexica.medioambiente [at] xunta.gal (estratexica[dot]medioambiente[at]xunta[dot]gal)
Teléfono: 981 957 672
Fax: 981 541 048
- Delimitación de núcleo rural
As delimitacións de solo de núcleo rural deben someterse a avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Lexislación de referencia:
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigos 78 e 83.6)
- Regulamento que desenvolve a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigo 200.6)
- Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia
- Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia
O procedemento comprende as seguintes fases:
1. Solicitude de inicio
O órgano municipal competente remitirá ao órgano ambiental a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada, á que achegará un borrador do expediente de delimitación proposto e un documento ambiental estratéxico.
A documentación do plan (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, sen prexuízo do disposto no punto 3 da disposición transitoria primeira da Orde do 10 de outubro de 2019.
2. Consultas previas
O órgano ambiental consultará ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas, que se pronunciarán nun prazo de 30 días hábiles.
3. Informe ambiental estratéxico (IAE)
O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico tras o remate do período de consultas previas. No IAE determinará se o expediente de delimitación de núcleo rural ten ou non efectos significativos no medio:
- No caso de prever efectos ambientais significativos, o expediente de delimitación de núcleo deberá someterse ao procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica e o órgano ambiental elaborará o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico.
- De non prever efectos ambientais significativos, o procedemento ambiental remata e o expediente de delimitación poderá aprobarse nos termos que o propio IAE estableza.
O informe ambiental estratéxico publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal web do órgano ambiental.
Órgano ambiental
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
Contacto/s relacionados
Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas :
estratexica.medioambiente [at] xunta.gal (estratexica[dot]medioambiente[at]xunta[dot]gal)
Teléfono: 981 957 672
Fax: 981 541 048
- Modificación menor do planeamento xeral
As modificacións menores do planeamento xeral (PXOM ou NSP) deben ser obxecto de avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Lexislación de referencia:
- Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (artigo 5.2.f)
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigos 46.2.a, 83.4, 83.5)
- Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
- Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia
- Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia
O procedemento ambiental comprende as seguintes fases:
1. Solicitude de inicio
O concello promotor da modificación remitirá ao órgano ambiental a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada, un borrador da modificación co contido necesario para a súa análise urbanística e o documento ambiental estratéxico.
A documentación da modificación de planeamento (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.
2. Consultas previas
O órgano ambiental someterá a documentación recibida ás consultas do órgano competente en materia de urbanismo, das demais administracións públicas afectadas e das persoas interesadas, que se pronunciarán no prazo de 30 días hábiles.
3. Informe ambiental estratéxico (IAE)
O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico tras o remate do período de consultas previas. No IAE determinará se a modificación do planeamento xeral ten ou non efectos significativos no medio:
- No caso de prever efectos ambientais significativos, a modificación deberá someterse ao procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica e o órgano ambiental elaborará o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico.
- De non prever efectos ambientais significativos, o procedemento ambiental remata e a modificación poderá aprobarse nos termos que o propio IAE estableza.
O informe ambiental estratéxico publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal web do órgano ambiental.
Órgano ambiental
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
Contacto/s relacionados
Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas :
estratexica.medioambiente [at] xunta.gal (estratexica[dot]medioambiente[at]xunta[dot]gal)
Teléfono: 981 957 672
Fax: 981 541 048
Procedementos
Documentos
