- Instrumentos de ordenación do territorio
Deberanse presentar os datos xeográficos do plan (capas coa delimitación do ámbito de actuación, ordenación, ...) en formato vectorial compatible cos sistemas de información xeográfica e axustado ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (disposición adicional sexta da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia).
A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo habilitou na súa páxina web un espazo no que se pon a disposición de todas as persoas interesadas diversos arquivos e modelos normalizados que facilitan e axilizan o proceso de formulación do planeamento.
Ligazón/s relacionados
Contacto/s relacionados
- Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo :
sxurb [at] xunta.gal (sxurb[at]xunta[dot]gal)
Teléfono: 981 544 356
- Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo :
- Outros plans
A información cartográfica dos plans que se entreguen ao órgano ambiental no procedemento de avaliación ambiental estratéxica deberá ter un grao de detalle suficiente para poder avaliar as alternativas propostas ou o cumprimento dos criterios de sustentabilidade ambiental.
A elaboración da documentación gráfica axustarase ao indicado nas "Instrucións técnicas sobre a información xeográfica" dispoñibles nesta sección. Estas instrucións son un conxunto de especificacións técnicas coas que se pretende normalizar algúns aspectos da información, para axilizar a tramitación ambiental do plan e mellorar a súa análise territorial.
A documentación cartográfica presentarase en formato electrónico con sinatura dixital (do autor/es) ou ben copia auténtica do orixinal (cos requisitos que establece o artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).
Ligazón/s relacionados
Contacto/s relacionados
- Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas :
avaliacion.ambiental.estratexica [at] xunta.gal (avaliacion[dot]ambiental[dot]estratexica[at]xunta[dot]gal)
Teléfono: 981 957 672 / 981 541 052
Fax: 981 541 048
- Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas :
- Planeamento urbanístico
A produción e presentación da documentación gráfica dos instrumentos de planeamento urbanístico deberá axustarse ao disposto nas "Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia".
Entre outros aspectos, ditas Normas técnicas regulan os criterios, formatos e contidos a ter en conta durante a elaboración dos diferentes documentos que compoñen os instrumentos de planeamento; harmonizan a estrutura e codificación dos documentos dixitais; establecen os aspectos técnicos requiridos para a elaboración da cartografía temática urbanística en soporte SIG e para o seu tratamento informático; e regulan a elaboración da base cartográfica que sirva de soporte para o planeamento, cando a cartografía oficial do IET non estea suficientemente actualizada ou detallada para o ámbito afectado.
A Dirección Xeral de Urbanismo habilitou na súa páxina web un espazo no que se pon a disposición de todas as persoas interesadas diversos arquivos e modelos normalizados que facilitan e axilizan o proceso de formulación do planeamento.
Ligazón/s relacionados
Contacto/s relacionados
- Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas) :
sxurb [at] xunta.gal (sxurb[at]xunta[dot]gal)
Teléfono: 981 544 356
- Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas) :
