Documentos

Borrador de PXOM

O borrador do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) é un documento que debe conter as liñas esenciais do planeamento para permitir a súa análise ambiental e urbanística.

O Regulamento da Lei 2/2016 do solo de Galicia especifica o seu contido no artigo 145.

Ademais, o Regulamento da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia (RLPPG) establece que a documentación que se elabore para dar inicio ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria (o borrador ou o documento inicial estratéxico) incluirá os seguintes contidos:

  • Estudo da paisaxe (artigo 35)
  • Estudo da paisaxe urbana, agás que no municipio non exista ningún núcleo urbano (artigo 36)
  • Descrición e xustificación dos impactos sobre a paisaxe que pode producir a ordenación do instrumento (artigo 38.1.a)
  • Xustificación da adecuación ou cumprimento do instrumento cos instrumentos para a protección, xestión e ordenación da paisaxe (artigo 38.1.b)

Modificación do PXOM

Cando se pretenda tramitar a modificación dun plan xeral xa aprobado o contido do borrador poderá variar en función do tipo e do alcance da dita modificación.

Formato de entrega

A documentación do plan (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, organizada en dúas carpetas (PDF e EDIT).

Contacto/s relacionados

  • Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas : 

    estratexica.medioambiente [at] xunta.gal (estratexica[dot]medioambiente[at]xunta[dot]gal)

    Teléfono: 981 957 672 / 981 541 052

Borrador de plans de desenvolvemento urbanístico

O borrador dos instrumentos de desenvolvemento urbanístico conterá a información escrita e gráfica suficiente que permita debater sobre os seus criterios, obxectivos e solucións xerais.

Formato de entrega

A documentación do plan (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, organizada en dúas carpetas (PDF e EDIT).

Contacto/s relacionados

  • Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas : 

    estratexica.medioambiente [at] xunta.gal (estratexica[dot]medioambiente[at]xunta[dot]gal)

    Teléfono: 981 957 672

Documento ambiental estratéxico

A solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada dun plan ou programa debe remitirse ao órgano substantivo, xunto coa documentación esixida pola lexislación sectorial, o borrador do plan ou programa e un documento ambiental estratéxico (DAE).

Lexislación

A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental establece no artigo 29 o contido que, como mínimo, debe ter o documento ambiental estratéxico.

Contido

O contido mínimo do documento ambiental estratéxico é o seguinte:

  1. Obxectivos da planificación.
  2. Alcance e contido do plan proposto e das súas alternativas razoables, técnica e ambientalmente viables.
  3. Desenvolvemento previsible do plan ou programa.
  4. Caracterización da situación do medio antes do desenvolvemento do plan ou programa no ámbito territorial afectado.
  5. Efectos ambientais previsibles e, se procede, a súa cuantificación.
  6. Efectos previsibles sobre os plans sectoriais e territoriais concorrentes.
  7. Motivación da aplicación do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada.
  8. Resumo dos motivos da selección das alternativas consideradas.
  9. Medidas previstas para previr, reducir e, na medida do posible, corrixir calquera efecto negativo relevante no medio da aplicación do plan ou programa, tomando en consideración o cambio climático.
  10. Descrición das medidas previstas para o seguimento ambiental do plan.
  11. Información cartográfica

Afección a espazos protexidos Rede Natura 2000

Cando o plan que se inicia poida afectar a espazos da Rede Natura 2000 - e o plan non teña relación directa coa xestión destes espazos ou non sexa necesario para a mesma-, no documento ambiental estratéxico o promotor poderá acreditar de dúas maneiras que o plan non é susceptible de causar efectos apreciables sobre as especies ou os hábitats do espazo: (1) sinalando a parte do plan de xestión no que conste expresamente como actividade permitida o obxecto do devandito plan; (2) incorporando o informe emitido polo órgano competente para a xestión do espazo no que se determine tal circunstancia. [Artigo 84.2 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia]

Modificación menor dun plan ou programa

Cando se pretenda tramitar a modificación menor dun plan ou programa xa aprobado o contido do documento ambiental estratéxico poderá variar en función do tipo e do alcance da dita modificación, mais en todo caso deberase xustificar no documento a non inclusión dalgún apartado.

Capacidade técnica e responsabilidade

No documento ambiental estratéxico deberase identificar o/s seu autor/es indicando a súa titulación e, no seu caso, profesión regulada. Ademais, deberá constar a data de remate e sinatura do/s autor/es.

Confidencialidade

O promotor deberá indicar que parte da información contida no documento presentado considera que debería gozar de confidencialidade.

Formato de entrega

Formato dixital non editable (PDF), asinado dixitalmente, e formato non editable (EDIT).

Cando se trate dun instrumento de ordenación do territorio ou de planeamento urbanístico, deberá estar adaptado ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

Contacto/s relacionados

  • Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas : 

    estratexica.medioambiente [at] xunta.gal (estratexica[dot]medioambiente[at]xunta[dot]gal)

    Teléfono: 981 957 672

Documento inicial estratéxico

A solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica ordinaria dun plan ou programa debe remitirse ao órgano substantivo, xunto coa documentación esixida pola lexislación sectorial, o borrador do plan ou programa e un documento inicial estratéxico (DIE).

Lexislación

- Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental

- Regulamento da Lei 7/2008, do 8 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia (RLPPG)

Contido

O documento inicial estratéxico deberá conter, como mínimo, a seguinte información (artigo 18 da Lei 21/2013):

  • Obxectivos da planificación
  • Alcance e contido do plan ou programa proposto e das súas alternativas razoables, técnica e ambientalmente viables
  • Desenvolvemento previsible do plan ou programa
  • Potenciais efectos ambientais, considerando tamén os efectos sobre o cambio climático
  • Incidencias previsibles sobre os plans sectoriais e territoriais concorrentes
  • Cartografía

Ademais, cando se trate dun instrumento de ordenación do territorio ou de planeamento urbanístico, a documentación que se elabore para dar inicio ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria (o documento inicial estratéxico ou o borrador) deberá conter (artigos 35 a 38 do RLPPG):

  • Un estudo da paisaxe (artigo 35)
  • Un estudo da paisaxe urbana, agás que no municipio non exista ningún núcleo urbano (artigo 36)
  • A descrición e xustificación dos impactos sobre a paisaxe que pode producir a ordenación do instrumento (artigo 38.1.a)
  • A xustificación da adecuación ou cumprimento do instrumento cos instrumentos para a protección, xestión e ordenación da paisaxe (artigo 38.1.b)

Modificación dun plan ou programa

Cando se pretenda tramitar a modificación dun plan ou programa xa aprobado o contido do documento inicial estratéxico poderá variar en función do tipo e do alcance da dita modificación, mais en todo caso deberase xustificar no documento a non inclusión dalgún apartado.

Capacidade técnica e responsabilidade

No documento inicial estratéxico deberase identificar o seu autor/es, indicando a súa titulación e, no seu caso, profesión regulada. Ademais, deberá constar a data de remate e sinatura do autor.

Confidencialidade

O promotor deberá indicar que parte da información contida no documento presentado considera que debería gozar de confidencialidade.

Formato de entrega

Formato dixital non editable (PDF), asinado dixitalmente, e editable (EDIT).

Cando se trate dun instrumento de ordenación do territorio ou de planeamento urbanístico, o formato do documento deberá estar adaptado ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

Contacto/s relacionados

  • Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas : 

    estratexica.medioambiente [at] xunta.gal (estratexica[dot]medioambiente[at]xunta[dot]gal)

    Teléfono: 981 957 672

Estudo ambiental estratéxico

No procedemento de avaliación ambiental ordinaria de plans e programas, o promotor debe elaborar un estudo ambiental estratéxico tendo en conta o documento de alcance formulado polo órgano ambiental. O estudo ambiental estratéxico considérase parte integrante do plan ou programa.

Lexislación

A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental establece no anexo IV o contido mínimo que debe ter o estudo ambiental estratéxico.

Estrutura e contido

O contido mínimo do estudo ambiental estratéxico é o seguinte:

  1. Esbozo do contido, obxectivos principais do plan e relacións con outros plans e programas pertinentes.
  2. Aspectos relevantes da situación actual do ambiente e a súa probable evolución no caso de non aplicar o plan.
  3. Características ambientais das zonas que podan verse afectadas de maneira significativa e a súa evolución, tendo en conta o cambio climático esperado, no prazo de vixencia do plan.
  4. Calquera problema ambiental existente que sexa relevante para o plan, incluíndo en particular os problemas relacionados con calquera zona de especial importancia ambiental.
  5. Obxectivos de protección ambiental fixados nos ámbitos internacional, comunitario ou nacional que garden relación co plan e a maneira en que estes obxectivos e calquera aspecto ambiental se tiveron en conta durante a súa elaboración.
  6. Probables efectos significativos no ambiente incluídos aspectos como a biodiversidade, a poboación, a saúde humana, a fauna, a flora, a terra, a auga, o aire, os factores climáticos, a incidencia no cambio climático (en particular unha avaliación axeitada da pegada de carbono asociada ao plan), os bens materiais, o patrimonio cultural, a paisaxe e a interrelación entre estes factores. Estes efectos deben comprender os efectos secundarios, acumulativos, sinérxicos, a corto, medio e longo prazo, permanentes e temporais, positivos e negativos.
  7. Medidas previstas para previr, reducir e, na medida do posible, compensar calquera efecto negativo importante no medio da aplicación do plan, incluíndo aquelas para mitigar a súa incidencia sobre o cambio climático e permitir a súa adaptación a este.
  8. Resumo dos motivos da selección das alternativas contempladas e unha descrición da maneira que e realizou a avaliación, incluídas as dificultades, como deficiencias técnicas ou falta de coñecementos e experiencia que puideran atoparse á hora de recompilar a información requirida.
  9. Programa de vixilancia ambiental no que se describan as medidas previstas para o seguimento do plan.
  10. Resumo de carácter non técnico da información facilitada en virtude dos epígrafes precedentes.
  11. Información cartográfica.

Capacidade técnica e responsabilidade

No estudo ambiental estratéxico deberase identificar o seu autor/es indicando a súa titulación e, no seu caso, profesión regulada. Ademais, deberá constar a data de remate e sinatura do autor.

Confidencialidade

O promotor deberá indicar que parte da información contida no documento presentado considera que debería gozar de confidencialidade.

Formato de entrega

A documentación (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

Contacto/s relacionados

  • Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas : 

    estratexica.medioambiente [at] xunta.gal (estratexica[dot]medioambiente[at]xunta[dot]gal)

    Teléfono: 981 957 672