Grupos técnicos de traballo (GTT)

Ao amparo da Comisión de Seguimento das Directrices de ordenación do territorio de Galicia , como soporte técnico para o desenvolvemento das funcións desta comisión, creáronse os grupos técnicos de traballo (GTT), nos que cada departamento con competencias de alcance territorial terá un papel protagonista na validación e consenso das proposicións que o IET faga, tanto para as DOT, como para os restantes instrumentos de ordenación do territorio. Este traballo dos GTT resultará de vital importancia, posto que os resultados do sistema de seguimento para cada ámbito competencial son responsabilidade do departamento de que se trate. Nestes GTT, participarán, ademais, o órgano ambiental (OA) responsable da Avaliación ambiental estratéxica e o órgano estatístico, Instituto Galego de Estatística (IGE).

En todos eles se traballaron tanto os indicadores de desenvolvemento (IDI) e de sostibilidade (IST), coma a proposta de enquisa de percepción territorial e urbanística (EPTU).

En canto aos IDI, o plan de seguimento considerou que ademais dos sinalados na Memoria ambiental das DOT, poden ser obxecto de ampliación con outros de análogas características e funcións, atendendo ás accións que as administracións públicas, en virtude das súas competencias, poidan desenvolver. Por iso, os distintos departamentos con incidencia territorial son consultados sobre as actuacións que poidan estar a levar a cabo neste sentido. Froito disto, establecéronse os seguintes IDI:

  • Número e porcentaxe de Plans territoriais integrados en elaboración e aprobados que desenvolven o modelo territorial das DOT.
  • Número de Plans sectoriais en elaboración e aprobados que desenvolven o modelo territorial das DOT.
  • Número de Plans xerais de ordenación municipal en elaboración e aprobados que desenvolven o modelo territorial das DOT.
  • Porcentaxe de Plans xerais de ordenación municipal en coherencia coas determinacións das DOT.
  • Porcentaxe de superficie con PGOM adaptado ás DOT.
  • Transformación urbanística a través de instrumentos de planificación e/ou de ordenación.

No que se refire aos IST, indícanse de forma pormenorizada, para cada un dos GTT, os distintos indicadores desenvolvidos.

En canto á Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU), os distintos GTT fixeron as súas achegas para a súa análise, estudo e posterior integración, de ser o caso, na "Enquisa Estratéxica de Fogares" (EEF).

Para a elaboración do Informe do Plan de seguimento das DOT e da sustentabilidade territorial, creáronse dezasete grupos técnicos de traballo.

GTT01Instituto Galego de Estatística (IGE)
GTT02Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
GTT03Axencia de Turismo de Galicia
GTT04Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral
GTT05Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
GTT06Secretaría Xeral Técnica. Consellería de Medio Rural
GTT07Dirección Xeral de Enerxía e Minas
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
GTT08Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
GTT09Augas de Galicia
Sanidade (D. X. de Saúde Pública)
GTT10Dirección Xeral de Patrimonio Natural
GTT11Secretaría Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático
GTT12Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
GTT13Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
GTT14Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
GTT15Dirección Xeral de Mobilidade
GTT16Ente Público Portos de Galicia
Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)
GTT17Dirección Xeral de Comercio e Consumo