As instrucións técnicas teñen por obxecto establecer as condicións e requisitos que deben observarse para a normalización de todos cantos procedementos se realizan na análise dun foco de emisión atmosférico na nosa comunidade. Estas instrucións técnicas serán publicadas de forma progresiva na nosa páxina, para a súa consulta e aplicación.
A día de hoxe, atópanse dispoñibles as seguintes instrucións (versión en galego):
F PX 02 01-Declaración e Resolución focos excluídos. Formato DOT. 139 KB
IT FE DXCAA 01-Criterios para definir VLE. Formato PDF. 193 KB
IT FE DXCAA 02-Contido documentos autorización. Formato PDF. 195 KB
IT FE DXCAA 07-Criterios para calcular altura cheminea. Formato PDF. 444 KB
IT FE DXCAA 08-Condicións de seguridade nos focos. Formato PDF. 222 KB
IT FE SXCAA 09-Acondicionamento da sección de medida en focos emisores á atmósfera. Formato PDF. 1.132 KB
IT FE DXCAA 10-Criterios de representatividade. Formato PDF. 159 KB
IT FE SXCAA 11-Criterios para definir métodos de referencia. Formato PDF. 805 KB
IT FE DXCAA 12-Certificación do SAM. Formato PDF. 698 KB
IT FE DXCAA 14-Criterios para a interpretación dos resultados de medidas. Formato PDF. 202 KB
IT FE DXCAA 15-Criterios para a verificación dos VLE. Formato PDF. 227 KB
PX FE DXCAA 02-Proceso de regularización focos. Formato PDF. 254 KB
PX FE DXCAA 03-Procedemento xeral de controis de emisión. Formato PDF. 276 KB
Nota Relativa á IT FE DXCAA 07- Criterios para calcular altura cheminea
"Para devandito cálculo, tomaranse os Valores Límite indicados no Real Decreto 1073/2002, do 18 de outubro, sobre avaliación e xestión da calidade do aire ambiente en relación co dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno, óxidos de nitróxeno, partículas, chumbo, benceno e monóxido de carbono e no Anexo I do Decreto 833/1975, do 6 de febreiro.
NOx: O valor de referencia (CMA) indicado na fórmula será o valor límite horario para a protección da saúde humana.
Chumbo e benceno: O valor de referencia (CMA) indicado na fórmula será o valor límite ano civil para a protección da saúde humana.
CO: O valor de referencia (CMA) indicado na fórmula será o valor límite media de oito horas máxima nun día para a protección da saúde humana."
polo seguinte:
Para o devandito cálculo tomaranse como referencia os valores límite diarios definidos no Anexo I do Real Decreto 102/2011, do 28 de xaneiro, relativo á calidade do aire, ou na norma que o substitúa, e a lexislación no ámbito de emisións á atmosfera que aplique.
Para as sustancias que non teñan establecido valor limite diario tomarase o seguinte criterio:
NOx: O valor de referencia (CMA) indicado na fórmula será o valor límite horario para a protección da saúde humana.
Chumbo e benceno: O valor de referencia (CMA) indicado na fórmula será o valor límite ano civil para a protección da saúde humana.
CO: O valor de referencia (CMA) indicado na fórmula será o valor límite media de oito horas máxima nun día para a protección da saúde humana.
