Traslado transfronteirizo de residuos

Normativa que afecta ao traslado transfronteirizo de residuos

Regulamento (CE) num. 1013/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, de 14 de xuño de 2006, relativo aos traslados de residuos.

Esta disposición legal organiza a vixiancia e control dos traslados de residuos tendo en conta a necesidade de preservar, protexer e mellorar a calidade do medio ambiente. Así mesmo, integra na lexislación europea as disposicións do Convenio de Basilea.

Estas medidas aplícanse aos seguintes traslados:

  • Entre estados membros da Unión Europea (UE), con ou sen tránsito por terceiros países
  • Residuos importados na UE de terceiros países
  • Residuos exportados da UE a terceiros países
  • Residuos en tránsito pola UE, que van dun terceiro país a outro
Clasificación de residuos

A efectos do transporte entre países da UE, os residuos clasifícanse en:

Listas de residuosAnexo
Residuos suxeitos aos requisitos de información xeral establecidos no artigo 18 (lista verde)Anexo IIIFormato PDF. 94 KB
Mesturas de dous ou máis residuos enumerados no anexo III que non estean clasificadas nunha categoría específica ás que se refire o artigo 3, apartado 2Anexo III-A. Formato PDF. 82 KB
Outros residuos da lista 'verde' espera de ser introducidos nos anexos pertinentes do Convenio de Basilea ou da Decisión da OCDE aos que se refire o artigo 58, apartado 1, letra b)Anexo III-B (sen datos)
Residuos suxeitos ao procedimiento de notificación e autorización previas (lista ámbar)Anexo IV. Formato PDF. 88 KB
Residuos enumerados no anexo III suxeitos ao procedemento de notificación e autorización previas por escrito (artigo 3, apartado 3)Anexo IV-A (sen datos)
Residuos suxeitos á prohibición de exportación do artigo 36Anexo V. Formato PDF. 79 KB

Nos procedementos de traslado transfronteirizo utilízanse tamén as clasificacións e codificacións seguintes:

  1. Lista Europea de Residuos (LER)
  2. Código de identificación do Real decreto 952/1997 para os residuos tóxicos e perigosos
  3. Código Internacional de Identificación dos Residuos. Formato PDF. 112 KB
Axentes implicados no traslado transfronteirizo de residuos

Axentes implicados:

  • Produtor: persoa física ou xurídica que xera os residuos.
  • Notificante: toda persoa física ou xurídica que se propoña trasladar ou facer que se trasladen residuos. Sobre ela recae a obriga de tramitar o traslado transfronteirizo (produtor, destinatario, intermediario,consultor, etc.).
  • Destinatario: a persoa ou a empresa á cal se trasladan os residuos para a súa eliminación ou valorización.
  • Transportista: persoa física ou xurídica que transporta os residuos dende o produtor ata o destinatario.
  • Autoridade competente de expedición: Administración competente do país de onde saen/exportan o residuo.
  • Autoridade competente de destino: Administración competente do país que recibe/importa o residuo.
  • Autoridade de tránsito: Administración/s competente/s do/s país/es por onde pasan os residuos sen ser orixe nin destino.

Autoridades competentes:

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é a autoridade competente de expedición/destino no transporte de residuos entre Galicia e o resto de países da Unión Europea.

O Ministerio de Medio Ambiente do Estado español é a autoridade competente para a importación/exportación de residuos entre Galicia e os países que non pertencen á Unión Europea.

Contacto/s relacionados

  • Ministerio de Medio Ambiente. Secretaria General de Medio Ambiente. Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental : Plaza San Juan de la Cruz, s/n
    08071 - Madrid 
    Teléfono: 91 597 57 94 
    Fax: 91 597 63 61
Procedementos para o traslado de residuos no interior da Unión Europea
ProcedementoDestinoResiduosDescarga
Notificación e autorización previasEliminaciónTodosProcedemento. Formato PDF. 97 KB. Fianza. Formato PDF. 58 KB
ValorizaciónAnexo IV (lista ámbar)
Anexo IV-A
Residuos non clasificados nunha categoría específica dos anexos III, III-B, IV ou IV-A
Mesturas de residuos non clasificados nunha categoría específica dos anexos III, III-B, IV ou IV-A, excepto se figurarasen no anexo III-A
Valorización ou eliminaciónResiduos municipais mesturados (LER 200301)
Requisitos de información xeral establecidos no artigo 18ValorizaciónCando a cantidade trasladada sobrepasa os 20 Kg de:  
-residuos do anexo III (lista verde)
-residuos do anexo III-B
-mesturas, non clasificadas nunha categoría específica do anexo III, de dous ou máis residuos enumerados no anexo III
Procedemento artígo 18. Formato PDF. 69 KB
Análise de laboratorioResiduos que se trasladan expresamente para avaliar as súas características físicas ou químicas ou para determinar a súa idoneidade para operacións de valorización ou eliminación (cantidade máxima 25 Kg)
Documentos e formularios para o traslado de residuos
Documentos e formulariosAnexoDescarga
Documento de notificación (DN)Anexo I-AFormato PDF. 205 KB. 
Solicitar o impreso por
teléfono: 981541773 
ou fax: 981541100
Información que debe facilitar no DN ou achegar co mesmoAnexo II-parte 1Formato PDF. 66 KB.
Lista de códigos e abreviaturas utilizados no DNPáx. 39-40Formato PDF. 155 KB.
Documento de movemento (DM)Anexo I-BFormato PDF. 211 KB.
Información que debe facilitar no DM ou achegar co mesmoAnexo II-parte 2Formato PDF. 47 KB.
Lista de códigos e abreviaturas utilizados no DMPáx. 43-44Formato PDF. 544 KB.
Información adicional que poden solicitar as autoridades afectadasAnexo II-parte 3Formato PDF. 47 KB.
Información que debe acompañar os traslados de residuos regulados no artigo 18Anexo VIIFormato PDF. 471 KB.
Previsión semestral (requisitos de información xeral do artigo 18)Anexo VIIIFormato DOC. 42 KB.
Declaración anual (requisitos de información xeral do artigo 18)Anexo IXFormato DOC. 36 KB.