A disposición adicional primeira do Real Decreto 553/2020, do 2 de xuño, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado, establece que as comunidades autónomas deberán optar entre a tramitación electrónica dos traslados a través da plataforma habilitada polo Ministerio ou a través dunha alternativa autonómica.
A lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia establece a obrigatoriedade da tramitación electrónica da documentación relativa ao traslado de residuos a través da plataforma GAIA.

a) GAIA
O sistema GaIA é unha plataforma desenvolta pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no eido da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Gaia presenta varios módulos entre eles eResiduos. Dito módulo é unha aplicación desenvolvida para levar o control de todos os traslados de residuos de Galicia seguindo o estándar E3L; proporcionando unha ferramenta de traballo a Produtores, Xestores e Administración para a xestión dos mesmos e a levanza do arquivo cronolóxico tal e como indica a Lei 7/2022 do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
O artigo 29 da Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia indica que TODOS os documentos relacionados cos traslados de residuos dentro do ámbito da comunidade autónoma serán presentados ante o órgano competente da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en formato electrónico a través da plataforma habilitada para o efecto, de conformidade co previsto nesta lei e na normativa que a desenvolva, neste caso a plataforma GaIA eResiduos.
Teñen obriga da levanza do arquivo cronolóxico, e polo tanto de rexistrar TODOS os traslados a través da plataforma GaIA eResiduos:
- Produtores de residuos perigosos que xeren máis de 10 t/ano
- Produtores de residuos non perigosos que xeren máis de 1.000 t/ano
- Produtores de residuos sanitarios independentemente da cantidade xerada
- Xestores de residuos que leven a cabo operacións de tratamento: almacenamento, eliminación ou valorización (incluídas as plantas móbiles)
O módulo eResiduos atópase completamente adaptado ás esixencias en materia de traslados de residuos estipuladas polo Real Decreto 553/2020, do 2 de xuño, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado, seguindo os esquemas marcados polo estándar E3L.

b) eSIR

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITERD) desenvolveu un procedemento para a remisión da Notificación Previa e dos Documentos de Identificación de forma electrónica mediante a creación da plataforma eSIR.
En todo caso o procedemento electrónico só é necesario para os traslados de residuos suxeitos a Notificación Previa, conforme aos requisitos establecidos no artigo 3.2 do Real Decreto 553/2020 de traslados. Concretamente:
- Os traslados de residuos, perigosos e non perigosos, destinados a eliminación;
- Os traslados de residuos perigosos, de residuos domésticos mesturados identificados co código LER 20 03 01 e os que regulamentariamente se determinen, destinados a valorización.
As Comunidades Autónomas e o MITERD acordaron un protocolo para intercambiar electrónicamente a información sobre produción e xestión de residuos. Así eSIR permite a interoperabilidade cos sistemas electrónicos ou ferramentas informáticas dispoñíbeis nas comunidades autónomas, permitindo deste xeito o intercambio da documentación de traslados entre as diferentes administracións. A linguaxe adoptada para facilitar o intercambio electrónico de información é un estándar XML denominado E3L.
O Rexistro de Produción e Xestión de Residuos (RPGR) é un Rexistro único a nivel nacional (artigo 63 da Lei 7/2022, do 8 de abril) compartido con todas as administracións públicas, onde constan rexistradas todas as comunicacións e autorizacións das entidades que xestionan residuos.
O procedemento de traslados de residuos eSIR realiza validacións informáticas contrastando a información dos documentos de traslado presentados (notificación previa e documentos de identificación) co RPGR.
No caso de traslados con orixe Galicia e destino outra CA será a propia plataforma de GAIA a que tramite con eSIR os documentos, ao igual que ocorrerá cos traslados intercomunitarios con destino Galicia:


