Convocatoria 2022 - (Espazos de autorreparación e puntos limpos de proximidade)

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou no Diario Oficial de Galicia, do 21 de xuño de 2022, unha nova orde de axudas dirixida ás entidades locais de Galicia, para o financiamento de actuacións destinadas ao fomento da prevención, reutilizacón e recollida en proximidade de residuos municipais. 

Nesta sección atoparedes toda a información relacionada con esta convocatoria.