Sistema comunitario de xestión e auditoría medioambientais EMAS

Axudas

Non existen liñas de axuda para este sistema na actualidade

O EMAS: Información e tramitación de solicitudes

EMAS é o Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais, regulado polo Regulamento (CE) nº 1221/2009, que se atopa á disposición das organizacións que, de forma voluntaria, desexen avaliar e mellorar o seu rendemento medioambiental. Calquera organización, ou alomenos aqueles centros de traballo con unha maior incidencia ambiental, do sector público ou privado pode rexistrarse neste sistema. Un dos obxetivos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras é o fomento da adhesión a EMAS das pequenas e medianas empresas. A adhesión a EMAS dun centro reporta interesantes beneficios como son:

  • Xestión medioambiental de calidade.
  • Maior credibilidade.
  • Incentivación do persoal e mellora da dinámica de equipo.
  • Maior concienciación do persoal.
  • Mellora da imaxen da empresa.
  • Reducción dos custos e do número de normas.
  • Novas oportunidades comerciais.
  • Maior confianza dos clientes.
  • Mellora das relacións cos clientes, a comunidade local e os reguladores.

O órgano competente para a adhesión de centros productivos de calquera sector ó Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático. O formulario de solicitude/renovación pode descargalo do enlace ao documento que aparece máis abaixo, ou dende a sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento: MT970A.

Documento/s relacionados
Anexo I de solicitude/renovación no rexistro EMAS Descargar

Ligazon/s relacionadas
Solicitude sede electrónica
Portal de EMAS da Comisión Europea
Real Decreto 486/2022, de 21 de junio, por el que se modifica el Real Decreto 239/2013, de 5 de abril, por el que se establecen las normas para la aplicación del Reglamento (CE) n.º 1221/2009 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 25 de noviembre de 2009, relativo a la participación voluntaria de organizaciones en un sistema comunitario de gestión y auditoría medioambientales (EMAS), y por el que se derogan el Reglamento (CE) n.º 761/2001 y las Decisiones 2001/681/CE y 2006/193/CE de la Comisión.
Regulamento (UE) 2017/1505 da Comisión, de 28 de agosto de 2017, polo que se modifican os anexos I, II e III do Regulamento (CE) n.° 1221/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría medioambientais (EMAS)

Contacto/s relacionados
Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos :
prevencion.ambiental.cma [at] xunta.es

Teléfono: 981 541 046/ 981541779

Rexistro galego de centros adheridos ao EMAS

Centros EMAS

Guía interactiva de aplicación do sistema de xestión ambiental EMAS en Pemes

Introdución

A presente "Guía interactiva de aplicación do Regulamento (CE) nº 1221/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro, relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría medioambientais (EMAS) e polo que se derogan o Regulamento (CE) nº 176/2001 e as Decisións 2001/681/CE e 2006/193/CE da Comisión, en pequenas e medianas empresas" está pensada como unha ferramenta de traballo que facilite a interpretación e implantación dos requirimentos do Regulamento EMAS nas PEMES.

Na súa elaboración tiveronse en conta os principais problemas que soen aparecer ao afrontar o deseño e implantación dun Sistema de Xestión Medioambiental en base a EMAS e as dificultades inherentes ás pequenas e medianas empresas, polo que se elaborou en soporte electrónico con numerosos exemplos prácticos.

Estrutura xeral

A guía deseñouse de xeito que permite acceder e interrelacionar os distintos requirimentos do EMAS de forma rápida e sinxela.

Para isto a guía estructúrase nos seguintes bloques:

  • Identificación do requirimento, onde se explica de forma máis sinxela qué significa cada un dos requirimentos.
  • Aplicación do requirimento, onde se detalla cómo levar a cabo o requirimento pola empresa, ilustrado con exemplos, ideas e experiencias de outras empresas.
  • Axuda ás PEMES, onde se inclúe toda unha serie de informacións útiles para a aplicación do EMAS nas pequenas e medianas empresas.

Requirimentos do sistema

Ordenadores PC compatibles co navegador web Netscape Navigator ou Internet Explorer. A aplicación está optimizada para a versión 4 do Netscape Navigator ou para a versión 4.0 do Microsoft Internet Explorer, e para unha resolución de 800x600 píxeles e 256 cores. Para a correcta visualización dos contidos do CD é necesario ter instalado no navegador os correspondentes "plugins" de Adobe Acrobat Reader, Flash Player, Shockwave e Quicktime.

Instrucións de uso

O arquivo comprimido (en formato ZIP) contén todo o necesario para executar a aplicación.

Se o desexa, pode gravar os contidos do arquivo (unha vez descomprimido) nun CD, que unha vez insertado no lector executará automáticamente a aplicación. Se isto non ocorrera ou non desexa gravar o CD, ten dúas opcións:

  • Executar o arquivo EMAS05.exe que se atopa no directorio mimam (só entornos Ms.Windows).
  • Abrir co navegador web a páxina EMAS04.htm que se atopa no directorio mimam, dende o que poderá desplazarse aos distintos elementos da aplicación.
Aplicación de xeración de logos EMAS

Pode vostede descargar de forma gratuíta a aplicación para a xeración do logo EMAS personalizado co código da empresa

A aplicación EMASLogo deseñouse para dar ás organizacións a oportunidade de demostrar que están rexistradas no EMAS, así coma de aportar un completo conxunto de normas e guías que documentan o sistema EMAS. Este xerador de logos creouse co obxectivo de axudar ás organizacións competentes, compañías e outros organismos a usar o logo EMAS electrónicamente tanto no procesamento de textos coma na impresión.

A continuación inclúense unhas breves instrucións para axudalo na utilización desta nova versión da aplicación que xa permite escoller o idioma, o que facilita o seu emprego.

Instrucións de instalación e uso da aplicación

Unha vez descargada a aplicación, para instalala chegará con gardar o arquivo no seu PC e descomprimilo, co que se creará unha carpeta chamada "Logogenerator", na que se atopa o arquivo que deberá executar pinchando dúas veces, e que se chama "Emas3" e ten o icono do logotipo EMAS

Unha vez arrancado o programa, deberemos elixir o idioma no desplegable que aparece na primeira pantalla, premer "CONTINUAR" para acceder aos menús, que conteñen varias opcións que pasamos a describir brevemente a continuación, e que están documentadas de xeito máis completo na opción "AYUDA".

Aparecerá un pequeno formulario solicitando os datos de pais, rexión etc. necesarios para crear o logo. Estes datos son, campo por campo:

  • "formato de archivo" de saída no que se almacenará o logo unha vez creado.
  • "formato de color" formato da imaxe de saída (cor, branco sobre negro, negro sobre branco ou color pantone).
  • "idioma del logo" lingua de saída do texto que aparecerá no logo.
  • "texto del logo" texto que aparecerá no logo
  • "Païs" país no que se atopa a empresa.
  • "Región" rexión dentro do país (por exemplo, Comunidade Galega).
  • "Numero de registro" número de rexistro EMAS do organismo que se deberá introducir en formato: ES-GA-xxxxxx. Este paso pode tardar uns minutos.

Unha vez cubertos os campos poderemos volver a xerar o logo premendo sobre "Deshacer" ou "Restablecer", ou poderemos salvar o logo creado nun arquivo premendo sobre "Guardar logo".

O EMAS: información e tramitación de solicitudes

EMAS é o Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais, regulado polo Regulamento (CE) nº 1221/2009, que se atopa á disposición das organizacións que, de forma voluntaria, desexen avaliar e mellorar o seu rendemento medioambiental. Calquera organización, ou alomenos aqueles centros de traballo con unha maior incidencia ambiental, do sector público ou privado pode rexistrarse neste sistema. Un dos obxetivos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras é o fomento da adhesión a EMAS das pequenas e medianas empresas. A adhesión a EMAS dun centro reporta interesantes beneficios como son:

  • Xestión medioambiental de calidade.
  • Maior credibilidade.
  • Incentivación do persoal e mellora da dinámica de equipo.
  • Maior concienciación do persoal.
  • Mellora da imaxen da empresa.
  • Reducción dos custos e do número de normas.
  • Novas oportunidades comerciais.
  • Maior confianza dos clientes.
  • Mellora das relacións cos clientes, a comunidade local e os reguladores.

O órgano competente para a adhesión de centros productivos de calquera sector ó Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático. O formulario de solicitude/renovación pode descargalo do enlace ao documento que aparece máis abaixo, ou dende a sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento: MT970A.

  • Guía de aplicación del EMAS (formato zip) Descargar  (67 MB)
  • Aplicación de generación de logos EMAS (formato zip) Descargar  (23 MB)