- Normativa básica
EUROPEA
Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación) (DOUE núm. 334, do 17.12.2010
).ESTATAL
Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, por el que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31.12.2016
).Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19.10.2013
).Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11.12.2013
).AUTONÓMICA
Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25.10.2017
).- Lei IPPC
A Directiva 96/61/CE e a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Lei IPPC), establecen un novo enfoque na concepción do medio. Os aspectos máis relevantes son:
- Introduce o concepto de mellores técnicas dispoñibles (MTD) como referencia para establecer os valores límites de emisión (VLE).
- Establece a autorización ambiental integrada (AAI), que integra e coordina procedementos e autorizacións existentes, para o que é imprescindible a plena coordinación administrativa dos organismos implicados na súa concesión.
- Fomenta o dialogo e o intercambio de información entre as administracións e sectores industriais.
- Promove o principio de transparencia informativa, a través de actuacións como os rexistros PRTR e EPER e outros mecanismos de información.
A Lei IPPC desenvolveuse mediante o Real Decreto 509/2007, do 20 de abril, que considera as medidas de carácter técnico-administrativo para tramitar as autorizacións ambientais integradas das instalacións.
Modificación da Lei IPPC
O 25.01.2013 o Consello de Ministros aprobou a remisión ás Cortes Xerais do Proxecto de Lei que modificaba a Lei de prevención e control integrados da contaminación, do 1 de xullo de 2002, para a súa tramitación mediante procedemento de urxencia.
O novo texto, ademais de cumprir coa transposición parcial da nova Directiva 2010/75/UE sobre emisións industriais (DEI), revisa e modifica a lexislación sobre control e prevención integrados da contaminación, impulsa unha maior simplificación administrativa na tramitación das autorizacións ambientais integradas, introduce melloras na información e na comunicación de datos entre as Administracións e os titulares das instalacións, e mellora a información pública.
Todas as autorizacións ambientais integradas (AAI) existentes tiveron que adecuarse antes do 7 de xaneiro de 2014 á nova Directiva.
