RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2019 pola que se convocan para o ano 2019 as axudas para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN607F, IN607G e IN607H).

Diario Oficial de Galicia, 12-09-2019, Núm. 173, Páx. 39974
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ter a condición de beneficiarias o seguinte tipo de entidades, segundo o artigo 3 da convocatoria e das bases reguladoras:
a) Para a liña 1: pemes e organismos de investigación e difusión.
b) Para as liñas 2.1 e 2.2: pemes.
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto, atendendo ás bases reguladoras recollidas na Resolución do 31 de maio de 2019, aprobar a convocatoria para o ano 2019 das axudas para o fomento da participación galega de calidade no Programa marco da Unión Europea nas súas diferentes liñas:
– Liña 1 (IN607F): axudas para actividades de preparación de propostas de calidade, tanto de xeito individual como en consorcio, no Programa marco de investigación e innovación.
– Liña 2.1 (IN607G): axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada a algunha das convocatorias da fase I do instrumento peme do Programa marco.
– Liña 2.2 (IN607H): axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada a algunha das convocatorias da fase II do instrumento peme do Programa marco.
Prazo
Ata o 30 de outubro de 2019 ou ata o esgotamento dos fondos asignados.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 03-09-2019_gl.pdf galego
Ex Res 03-09-2019_es.pdf castellano
Res 03-09-2019_es.pdf castellano
Ex Res 03-09-2019_gl.pdf galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles