RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Diario Oficial de Galicia, 11-07-2019, Núm. 131, Páx. 32641
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ter a condición de beneficiarias nas correspondentes convocatorias anuais destas axudas o seguinte tipo de entidades:
a) Para a liña 1: pemes e organismos de investigación e difusión.
b) Para as liñas 2.1 e 2.2: pemes.
Obxecto
Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas ao abeiro da RIS3 Galicia no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 orientadas:
a) Ao fomento da participación galega de calidade no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (en diante, Programa marco).
b) Á coordinación estratéxica entre ambas as fontes de financiamento, apoiando propostas presentadas a convocatorias do instrumento peme do Programa marco, ou a accións do Consello Europeo de Innovación (CEI) que lle dean continuidade, cunha excelente avaliación pero que non puideron ser financiadas por insuficiencia de crédito.
Prazo
A data que se detalle nas distintas convocatorias.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 31-05-2019_gl.pdf Galego
Res 31-05-2019_es.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles