Resolución do 21 de xuño de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables en Galicia correspondentes ao exercicio 2006, e ao abeiro dos convenios subscritos entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Consellería de Innovación e Industria, o IDAE e o Inega o día 4 de abril de 2006.

Diario Oficial de Galicia, 04-07-2006, Núm. 128, Páx. 10679
Resolución do 21 de xuño de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables en Galicia correspondentes ao exercicio 2006, e ao abeiro dos convenios subscritos entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Consellería de Innovación e Industria, o IDAE e o Inega o día 4 de abril de 2006. Dentro dos fins do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) atópase o fomento do uso racional da enerxía e o desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías enerxéticas incluídas as renovables. Para levar a cabo estes obxectivos o Inega establece este sistema de subvencións complementario aos creados por outras entidades públicas para proxectos que fomenten o aforro e eficiencia enerxética e as enerxías renovables. No marco das actuacións do Goberno Central en materia de aforro, diversificación enerxética e respecto ao medio natural, encamiñadas a cumprir os compromisos internacionais nestas materias, o Consello de Ministros con data 8 de xullo de 2005 aprobou un Plan de Acción Específico para o período 2005-2007 para o desenvolvemento da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España (E4). Do mesmo xeito, o Consello de Ministros con data 26 de agosto de 2005 aprobou o Plan de Enerxías Renovables (PER) 2005-2010. No desenvolvemento destas actuacións previstas no Plan de Acción, para o ano 2006, o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) conta cun orzamento específico, de acordo coa dotación consignada nos orzamentos xerais do Estado, 20.19, capítulo 7, por un importe total de 24.764.000 A. Adicionalmente, para o cumprimento das actuacións previstas no citado plan, aplicaranse os recursos establecidos no Real decreto 1556/2005, do 23 de decembro, polo que se establece a tarifa eléctrica para 2006, por un importe máximo de 173.460.000 A. No desenvolvemento das actuacións previstas no Plan de Enerxías Renovables para o ano 2006, o IDAE conta cun orzamento específico, de acordo coa dotación consignada nos orzamentos xerais do Estado, 20.19, capítulo 7, por un importe total de 26.333.000 A. Para o desenvolvemento dos referidos plans, o Ministerio de Industria, Turismo y Comercio e o IDAE consideraron conveniente deseñar mecanismos de colaboración con todas as comunidades autónomas, que faciliten a articulación das medidas en todo o territorio nacional, tendo en consideración, ademais, as necesidades e obxectivos de cada Comunidade en razón ás súas propias peculiaridades, e ao seu ámbito competencial. Para tal efecto, o IDAE facilitaralles ás comunidades autónomas os fondos necesarios para financiar as actuacións a levar a cabo, no marco do Plan de Acción, no ámbito de cada comunidade. A distribución destes recursos económicos ás Comunidades Autónomas aprobouse no seo da Conferencia Sectorial celebrada o 18 de outubro de 2005, delegando a súa concreción na Comisión Consultiva de Directores Xerais celebrada o 12 de xaneiro de 2006, e na Comisión Técnica celebrada o 20 de xaneiro de 2006; todo iso, atendendo a diferentes indicadores que teñen en conta a actividade sectorial, os potenciais das diferentes áreas e o esforzo que habería que realizar para acadar os obxectivos marcados no Plan de Acción e no Plan de Enerxías Renovables. Esta distribución, para o caso de Galicia, e segundo establecen os convenios de colaboración asinados entre o Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, a Consellería de Innovación e Industria, o IDAE e o Inega o día 4 de abril de 2006, concrétase nas seguintes contías: 11.883.276 A para medidas ou actuacións de aforro e eficiencia enerxética e 758.522 A para enerxías renovables. Artigo 1º.- Bases e marco normativo. Apróbanse as bases para a concesión de subvencións ou axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables en Galicia, que figuran como anexo a esta resolución. As axudas recollidas na presente resolución concederanse de acordo co establecido nos convenios de colaboración asinados entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Consellería de Innovación e Industria, o IDAE e o Inega o día 4 de abril de 2006. Artigo 2º.- Convocatoria. Convócanse as subvencións para o obxecto e conforme as bases reguladoras aprobadas nesta resolución para o ano 2006. Artigo 3º.- Crédito orzamentario. As subvencións outorgaranse con cargo aos orzamentos específicos establecidos nos respectivos convenios asinados entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Consellería de Innovación e Industria, o IDAE e o Inega, de acordo coa dotación proporcional consignada nos orzamentos xerais do Estado, 20.19, capítulo 7, e os recursos adicionais establecidos no Real decreto 1556/2005, do 23 decembro, polo que se establece a tarifa eléctrica para 2006, que ascenden a un total de 3.979.597,50 A para aforro e eficiencia enerxética e 758.522 A para fomento de enerxías renovables. Sector // Concepto // Beneficiario // Importe (A) Industria // Auditorías enerxéticas // Empresas // 775.920,50 Proxectos de uso racional da enerxía // Empresas Transporte // Estudos xerais de plans de mobilidade urbana sostible (PMUS) // Concellos // 891.710,00 Estudos de viabilidade de PMUS // Concellos Estudos de plans de transporte // Empresas Renovación de frotas de transporte // Concellos e outras AAPP Renovación do parque de turismos // Concellos e outras AAPP Edificación // Rehabilitación da envolvente térmica dos edificios existentes // Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada. // 2.046.442,50 Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas dos edificios existentes // Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada. Mellora das instalacións de iluminación interior dos edificios existentes // Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada. Servizos Públicos // Renovación de instalacións de iluminación pública // Concellos // 192.271,50 Mellora de novas instalacións de iluminación pública // Concellos Transformación enerxía // Estudos de viabilidade coxeracións //Empresas sector industrial e servizos // 73.253,00 Auditorías enerxéticas de plantas de coxeración: Empresas sector industrial e servizos Proxectos de coxeracións non industriais: Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada. Total: 3.979.597,50 A Esta cantidade total poderase incrementar, con carácter estimativo, en 5.624.750,50 euros, dependendo do criterio relativo á facilidade e resultados da aplicación do convenio subscrito entre o Inega e o IDAE con data 4 de abril de 2006. Sector //Concepto // Beneficiario // Importe (A) Plan enerxías renovables //Solar térmica Solar fotovoltaica illada Caldeiras de biomasa // Particulares, asociacións sen ánimo de lucro, empresas, administracións públicas: 758.522 A Artigo 4º.- Beneficiarios. 1. Poderán ser beneficiarios das subvencións os indicados en cada unha das modalidades dos anexos I e II. 2. Cando o beneficiario sexa unha agrupación de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, deberanse facer constar expresamente na solicitude e na resolución de concesión os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación así como o importe da subvención que se vai aplicar por cada unha delas, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Nestes casos, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación con poderes bastantes para cumprir as obrigas que lle corresponden á agrupación beneficiaria. Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 23 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. 3. Non poderán obter a condición de beneficiario as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. 4. Para as empresas incluídas no ámbito de aplicación do Decreto 115/2000, do 11 de maio, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de establecementos industriais de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 8.61º, será condición imprescindible estar inscritas no citado rexistro. Artigo 5º.- Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas. Estas axudas son compatibles con calquera outra liña de subvencións que poida ser de aplicación aos solicitantes, coa limitación do importe delas, que a lexislación fixe para cada caso. As empresas beneficiarias de axudas concedidas con cargo aos ditos créditos orzamentarios deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren con respecto ao proxecto subvencionado, o cofinanciamento con fondos do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e IDAE así como pola Xunta de Galicia, a través do Inega e da Consellería de Innovación e Industria. O importe das subvencións reguladas nestas bases en ningún caso poderá ser de tal contía que illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións, supere o custo da actividade subvencionable. O importe da subvención neta equivalente ás empresas, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, non poderá superar o máximo de intensidade rexional, 40% sobre o investimento subvencionable establecido para cada actividade nesta resolución. No caso de axudas a empresas PEME engadirase un 15% adicional ao devandito límite. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicárselle ao Inega tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos recibidos. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión nos termos previstos no artigo 14º destas bases reguladoras. Artigo 6º.- Solicitudes e documentación. 1. O modelo de solicitude é o que se establece como anexo III e anexo IV a esta convocatoria. 2. Os modelos atópanse tamén á disposición dos interesados no enderezo da internet http://www.inega.es 3. En todos os casos, a solicitude deberá presentarse acompañada da documentación establecida nas bases reguladoras para cada modalidade de subvención. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación: 1. Documentación acreditativa da personalidade: a) Copia cotexada do documento nacional de identidade do asinante ou asinantes da solicitude e documento público acreditativo do poder con que actúa o representante da empresa ou entidade solicitante, se é o caso. Se o solicitante é un concello, presentarán DNI e documento acreditativo da capacidade con que actúa o seu representante. b) Copia cotexada da tarxeta de identificación fiscal NIF/CIF, segundo proceda. c) No caso de fundacións, asociacións ou entidades sen ánimo de lucro, documento acreditativo de tal condición e copia cotexada da escritura pública de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro correspondente. d) Para as empresas, documentación acreditativa da súa constitución legal, inscrición no correspondente rexistro, enderezo social e do seu centro de traballo en Galicia. e) No caso de tratarse dunha agrupación, deberá achegarse documentación acreditativa da súa constitución e dos requisitos a que se refire o artigo 4º.2 destas bases. 2. Proxecto para o cal se solicita a subvención e que deberá incluír como mínimo: a) Memoria descritiva do proxecto que se vai desenvolver que conterá a valoración da eficiencia enerxética do proxecto e planos da actuación a escala axeitada así como esquema da instalación e esbozo que represente a súa integración arquitectónica ou paisaxística, cando proceda. b) Orzamento do investimento no que figuren os prezos unitarios dos principais elementos da actuación e no que o IVE se presentará desagregado. c) Calendario de execución do investimento con referencia a cada unha das actuacións que configuran o proxecto. 3. Declaración responsable doutras axudas solicitadas, obtidas ou que se prevé solicitar para o mesmo investimento de calquera outra Administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais. 4. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas nos puntos 2º e 3º do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Toda a documentación necesaria presentarase en duplicado exemplar. En todo caso, un dos exemplares incluirá orixinais ou copias cotexadas. De acordo co establecido no artigo 43 da Lei 7/2005, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a presentación da solicitude de concesión de subvención comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, co fin de acreditar que o solicitante está ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ten pendente de pagamentos ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega. Conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada lei. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento. No caso de que xa se solicitase a inclusión do proxecto na orde da Consellería de Innovación e Industria do 22 de marzo de 2006, seguirase o disposto no artigo seguinte. Artigo 7º.- Lugar e prazo de presentación das solicitudes. 1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contar ao día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e finalizará o 20 de setembro de 2006. 2. As solicitudes irán dirixidas ao director do Instituto Enerxético de Galicia e presentaranse no rexistro do Inega sito na rúa Ourense, nº.6 (A Rosaleda) Santiago de Compostela (A Coruña) ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que xa se solicitase a inclusión do proxecto na orde da Consellería de Innovación e Industria do 22 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva das subvencións a proxectos de mellora das infraestruturas enerxéticas en Galicia e se procede á convocatoria das correspondentes a 2006, e se manifestase expresamente na devandita solicitude a súa recuperación por parte do Inega, non será necesario presentala de novo. Artigo 8º.- Prazo para realizar e xustificar os investimentos. Consideraranse gastos subvencionables os realizados e pagados efectivamente entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 30 de xuño de 2007. Esta última data será ademais a data límite para presentar a documentación xustificativa dos investimentos realizados por derivarse así, con carácter imperativo, dos convenios subscritos co IDAE. Artigo 9º.- Gastos non subvencionables. 1. Non serán subvencionables: Ademais dos conceptos non subvencionables indicados en cada unha das medidas, como regra xeral non son obxecto de axuda: a) Os gastos que se realicen en pagamentos de licenzas, gastos sometidos a aranceis ou os correspondentes a investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro. b) Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda. 2. Poderase considerar subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) nos seguintes casos: a) Cando o solicitante da axuda sexa unha asociación ou entidade sen ánimo de lucro e acredite mediante a correspondente certificación que se atopa acollido ao réxime de exención do IVE. b) Cando o solicitante da axuda sexa unha persoa física e efectúe declaración responsable de que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe de ningunha forma a ningunha actividade empresarial ou profesional. Artigo 10º.- Criterios de valoración e ponderación outorgada. Ademais do cumprimento das bases reguladoras, dentro de cada sector a valoración dos proxectos terá en conta os criterios que se recollen a continuación para cada tipo de axuda: 1. Aforro e eficiencia enerxética: a) Aforro enerxético conseguido coa instalación proposta: 50%. b) Mellora ambiental adicional á obtida por motivos enerxéticos: 15%. c) Existencia dunha auditoría enerxética ou informes específicos enerxéticos que describan a situación de partida e a valoración da mellora que a execución do proxecto produce sobre o aforro enerxético. Deberán estar subscritos por un técnico ou unha empresa consultora establecida en Galicia con recoñecida experiencia na materia: 15%. d) Rateo de aforro/investimento: 20%. 2. Proxectos relativos ao fomento de enerxías renovables: a) Mellora ambiental. Valoraranse a eficiencia da instalación, a eficiencia dos equipos, o deseño, a calidade dos materiais, montaxe, garantías, o elevado nivel de uso das instalacións e a integración paisaxística: 40%. b) Capacidade de difusión, replicabilidade e o carácter innovador das instalacións: 30%. c) Proxectos de uso colectivo: 20%. d) Calidade técnica documental: 10%. Artigo 11º.- Valoración de solicitudes. 1. A valoración das solicitudes correspóndelle á comisión de valoración, a cal avaliará as solicitudes e proporá a aprobación ou denegación das subvencións de acordo cos criterios obxectivos que se establecen nestas bases reguladoras e baseándose no informe técnico dos proxectos, elaborado previamente polos técnicos da área do Inega que corresponda. 2. A composición da comisión de valoración será a seguinte: a) Presidente: o director do Departamento de Enerxía e Planificación Enerxética do Inega. b) Vogais: o subdirector xeral de Enerxía, o xefe do Servizo de Enerxías Renovables, que actuará como secretario e o xefe do Servizo de Infraestruturas Enerxéticas da Consellería de Innovación e Industria; o xefe da Área de Enerxías Renovables e o xefe da Área de Aforro e Eficiencia Enerxética do Inega. c) Poderá estar asistida polo persoal técnico que se considere necesario. 3. A comisión de valoración formulará as propostas de resolución en que figurarán de xeito individualizado os beneficiarios e proxectos seleccionados así como a porcentaxe e o importe da subvención proposta para cada un deles até esgotar o crédito dispoñible. 4. Os criterios de valoración utilizados e a súa ponderación serán os indicados no artigo anterior. Artigo 12º.- Resolución. 1. A comisión de valoración estudará as solicitudes a medida que se vaian presentando e elaborará unha relación delas coa puntuación que lle corresponde a cada unha en aplicación dos criterios de valoración, coa súa correspondente ponderación, establecidos no artigo 10º. As solicitudes puntuadas faranse públicas na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia http://www.inega.es, no prazo máximo dun mes, contado desde a data de presentación das correspondentes solicitudes. Os interesados poderán formular alegacións á puntuación outorgada a partir da referida publicación e até que transcorran dez días desde o remate do prazo de presentación de solicitudes. Unha vez analizadas as ditas alegacións, a comisión confeccionará a relación definitiva de puntuacións outorgadas ás solicitudes presentadas e elevará proposta de resolución ao director do Inega, en que se reflectirá a contía da axuda concedida a cada solicitude en relación coa puntuación definitiva a que fose acredora. 2. O director do Inega ditará a resolución motivada de adxudicación de axudas ou subvencións, outorgando ou denegando cada unha delas, segundo os criterios obxectivos que se derivan das bases da convocatoria. O prazo máximo para resolver e notificar a dita resolución será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao de finalización do prazo de presentación de solicitudes. 3. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. 4. As resolucións, expresas ou presuntas, que recaian ao abeiro desta resolución de convocatoria non porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Contra a resolución do recurso de alzada poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto. Todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente. Artigo 13º.- Aceptación. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, para os únicos efectos da optimización da xestión dos fondos dispoñibles, o beneficiario da axuda deberá comunicar a súa aceptación no modelo que se facilitará para o efecto xunto coa notificación da resolución. Transcorridos quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da notificación da resolución sen que o beneficiario presentase a súa aceptación, entenderase que concorre a renuncia á axuda concedida e procederase nos termos do artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Despois da aceptación, cada 3 meses deberá enviarse documentación xustificativa do estado ou situación da execución do proxecto ata a súa finalización. No caso de non procederse ao envío desta documentación entenderase que renuncia á axuda concedida. Artigo 14º.- Modificación da resolución. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. Poderase acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, debendo cumprirse os requisitos previstos no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo director do Inega, logo da instrución do correspondente expediente no cal se lles dará audiencia aos interesados na forma prevista no artigo 9.4º do Decreto 287/2000. Artigo 15º.- Subcontratacións. 1. Permítese a subcontratación total ou parcial sobre o importe da actividade subvencionada. 2. Non se considerará subcontratación nin a adquisición dos equipamentos nin a contratación da súa instalación e montaxe. 3. As subcontratacións que se efectúen rexeranse polo disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Artigo 16º.- Xustificación da subvención. Para o cobramento da subvención concedida, o beneficiario deberá presentar no lugar, forma e prazo sinalados na resolución de convocatoria, a seguinte documentación por duplicado: 1. Xustificación de ter realizado o investimento para o que se concedeu a subvención mediante os documentos que se relacionan a continuación: a) Informe técnico no que se describa a realización do proxecto ou actuación e os datos e incidencias máis significativas na súa execución. b) Facturas orixinais correspondentes ao investimento e documentación xustificativa do pagamento realizado. As empresas beneficiarias deberán achegar documentación orixinal da transferencia bancaria. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 A no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000 A no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultaría ou asistencia, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores de contraer o compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben. Non se exixiría xustificalo se polas especiais características dos gastos non existe no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou no caso en que se celebrase o contrato con anterioridade á solicitude de subvención. Deberá xustificarse en criterios de eficiencia e economía a elección da oferta finalmente seleccionada cando non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa. No caso dos concellos admitirase como medio de xustificación do investimento a certificación do órgano que teña atribuídas as facultades de control do cumprimento, na que se faga constar o cumprimento da finalidade para a que foi concedida e da aplicación dos fondos destinados para tal efecto. 2. Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución destinadas ao financiamento do mesmo proxecto, das distintas administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, indicando a súa contía. 3. Certificación bancaria orixinal acreditativa da titularidade e identificación da conta para o pagamento da axuda, na que consten o ordinal bancario, código de banco, código de sucursal e código de conta corrente. 4. Certificacións acreditativas de estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma galega. 5. Naqueles casos nos que así o requira a regulamentación vixente, achegarase proxecto e dirección de obra ou copia do boletín do instalador autorizado presentado na delegación correspondente. Artigo 17º.- Proposta de pagamento. 1. Os órganos competentes do Inega poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que o beneficiario os presentase, poderase entender que renuncia á subvención. 2. Previamente á proposta de pagamento os servizos técnicos do Inega poderán realizar unha inspección de comprobación material na que certifiquen que se realizou o investimento que foi obxecto da axuda e que tal investimento coincide co previsto na resolución de concesión. 3. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que isto non supoña unha realización deficiente do proxecto, a contía da subvención poderá reducirse proporcionalmente se debido á redución do investimento se superasen as porcentaxes máximas de subvención. Artigo 18º.- Reintegro das axudas concedidas. 1. Procederá o reintegro total ou parcial da axuda e dos xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia de tal reintegro nos casos previstos no artigo 78.10º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. 2. Procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo do investimento realizado. 3. A tramitación do correspondente procedemento de reintegro realizarase de acordo co disposto no capítulo IV do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 19º.- Fiscalización e control. Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Inega para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo. Artigo 20º.- Réxime sancionador. Aos beneficiarios das subvencións obxecto destas bases reguladoras seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Artigo 21º.- Publicidade. A través da páxina web do Inega (www.inega.es) daráselles publicidade ás subvencións concedidas con indicación de destino e importe adxudicado. Disposición adicional.- En todo o non previsto nesta resolución observarase o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2006. Xoán Ramón Doldán García Director do Instituto Enerxético de Galicia ANEXO I - Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a proxectos de fomento do uso racional da enerxía e de fomento das enerxías renovables en Galicia Artigo 1º.- Obxecto. 1. Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento de concesión de subvencións a proxectos de fomento do uso racional da enerxía e de fomento das enerxías renovables en Galicia. 2. A concesión das subvencións efectuarase en réxime de concorrencia competitiva. 3. Constitúen o obxecto destas subvencións: a) Uso racional da enerxía. b) Fomento de enerxías renovables. Artigo 2º.- Tipos de axudas e contía máxima delas. 1. Uso racional da enerxía no sector industrial. A. Estudos de optimización enerxética. Concepto: estudos de optimización enerxética que analicen o proceso produtivo dunha empresa e que propoñan medidas de redución do consumo enerxético. Beneficiarios: industrias manufactureiras excepto as do sector de transformación da enerxía (refinarías e produción de enerxía eléctrica). Contía máxima da subvención: 75% do custo do estudo cos seguintes valores máximos de subvención: Consumo enerxía final da industria (tep/ano): Valor máximo da subvención (A) >60.000: 22.500 >40.000-60.000: 18.000 >20.000-40.000: 15.000 >10.000-20.000: 12.750 >6.000-10.000: 10.500 >4.000-6.000: 9.000 <4.000: 7.500 Os estudos deberán ter o contido mínimo indicado no documento Contido mínimo dunha auditoría enerxética dispoñible na páxina web do INEGA (www.inega.es). B. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética. Concepto: investimentos en substitución de equipamentos e instalacións consumidoras de enerxía por equipamentos e instalacións que utilicen tecnoloxías de alta eficiencia co obxecto de reducir o consumo enerxético e as emisións de CO. Custo elixible: investimentos en equipamentos, instalacións e sistemas que transforman ou consumen enerxía no proceso produtivo así como os sistemas auxiliares necesarios para o proceso. Proxectos de enxeñaría asociada. Obra civil de implantación destes equipamentos e montaxe e posta en marcha. Beneficiarios: industrias manufactureiras excepto as do sector de transformación da enerxía (refinarías e produción de enerxía eléctrica). Contía máxima da subvención: 22% do custo elixible cun máximo de 1.200.000 A por proxecto. 2. Uso racional da enerxía no sector transporte. A. Estudos xerais de mobilidade urbana sustentable. Concepto: estudos integrais de mobilidade urbana sustentable, dirixidos a promover actuacións na mobilidade urbana que fagan posible un cambio modal cara á utilización de medios de transporte menos consumidores de enerxía. Beneficiarios: concellos. Contía máxima da subvención: 60% do custo do estudo cos seguintes valores máximos de licitación: Habitantes: Valor máximo de licitación do estudo 30.000-50.000: 100.000 A 50.000-100.000: 150.000 A 100.000-300.000: 200.000 A 300.000: 300.000 A Os estudos deberán facerse seguindo a guía metodolóxica sobre mobilidade urbana e plans de mobilidade urbana sustentable dispoñibles na páxina web do Inega (www.inega.es). B. Estudos de viabilidade de actuacións relacionadas cos plans mobilidade urbana sustentable. Concepto: - Estudos previos de implantación de medidas específicas de mobilidade urbana sustentable que teñan un impacto importante no aforro enerxético. - Experiencias piloto de medidas relacionadas coa mobilidade urbana (por exemplo. Implantación de autobuses lanzadeira, carrís-bus, sistema de coche compartido, etc...). Custo elixible: para experiencias piloto non se considera elixible o investimento nin os gastos en infraestrutura de obra civil. Beneficiarios: concellos. Contía máxima da subvención: 60% do custo elixible cos seguintes valores máximos de licitación dos estudos: Concepto: Valor máximo de licitación Estudos viabilidade: 50.000 A Proxectos piloto: 150.000 A C. Estudos para realizar plans de transporte a empresas. Concepto: - Estudos para realizar un plan de transporte a unha empresa ou centro de actividade (polígono industrial, centros educativos ou sanitarios etc.) de máis de 200 traballadores, dirixidos a cambiar o modo maioritario de desprazamento ao posto de traballo en vehículo turismo, con baixa ocupación. - Proxectos piloto, de duración limitada no tempo, para poñer en marcha plans de transporte en empresas ou áreas de actividade de máis de 200 traballadores. Custo elixible: para experiencias piloto non se considera elixible o investimento nin os gastos en infraestrutura de obra civil. Beneficiarios: concellos, outras administracións públicas e organizacións empresariais. Contía máxima da subvención: 60% do custo elixible cos seguintes valores máximos de licitación dos estudos: Concepto: Valor máximo de licitación - Estudos: * Entre 200 e 1.000 traballadores: 30.000 A * Entre 1.001 e 10.000 traballadores: 50.000 A * Máis de 10.000 traballadores: 60.000 A - Proxectos piloto: 100.000 A Os estudos deberán facerse seguindo a guía metodolóxica sobre mobilidade urbana e plans de mobilidade urbana sustentable dispoñibles na páxina web do Inega (www.inega.es). D. Auditorías enerxéticas a frotas de transporte por estrada. Concepto: auditorías enerxéticas a frotas de transporte industrial, pasaxeiros e mercadorías, tendentes a mellorar a súa xestión integral, e así reducir os seus consumos enerxéticos e aumentar a súa competitividade. Beneficiarios: empresas de transporte por estrada. Contido mínimo do estudo: xestión de rutas, de cargas e de combustible, utilización de novas tecnoloxías telemáticas, adecuación da frota aos servizos e formación de condutores e xestores. Contía máxima da subvención: 70% do custo da auditoría, cun límite de 21.000 euros. E. Renovación de frotas de transporte por estrada. Concepto: - Adquisición de vehículos industriais novos de propulsión eléctrica (con acumulación de enerxía en baterías), híbrida (con acumulación de enerxía en baterías e posibilidade de tracción eléctrica 100%), de pila de combustible, ou alimentados por gas natural, gases licuados do petróleo, ou hidróxeno. - Estacións de enchido de gas natural, de gases licuados do petróleo ou de hidróxeno para vehículos de transporte por estrada. Beneficiarios: empresas con frotas de vehículos do sector público, administracións públicas ou empresas que presten un servizo público (transporte urbano, recollida de lixo,...). Contía máxima da subvención: Investimento: Subvención (euros) Vehículo de propulsión con hidróxeno, de pilas de combustible, híbridos e eléctricos: 50.000 Vehículo alimentado por gas natural ou gases licuados do petróleo: 12.000 Estación de enchido individual: 30.000 Estación de enchido colectiva: 60.000 F. Renovación do parque automobilístico de turismos. Concepto: - Adquisición de vehículos turismos novos de propulsión eléctrica (con acumulación de enerxía en baterías), híbrida (con acumulación de enerxía en baterías e posibilidade de tracción eléctrica 100%), de pila de combustible, ou alimentados por gas natural, gases licuados do petróleo, ou hidróxeno, que teñan unhas emisións inferiores a 140 gramos de CO por quilómetro percorrido. - Transformación de vehículos turismos para ser alimentados por gases licuados do petróleo. Beneficiarios: administracións públicas, empresas pertencentes ás administracións públicas, ou persoas físicas ou xurídicas cuxos vehículos prestan un servizo público (taxis, por exemplo). Contía máxima da subvención: Investimento: Subvención (euros) Vehículo de propulsión con hidróxeno, de pila de combustible ou eléctrico: 6.000 Vehículo de propulsión híbrida, ou alimentado por gas natural ou gases licuados do petróleo (GLP): 2.000 Transformación dun vehículo para utilizar GLP: 450 3. Uso racional da enerxía no sector edificación. A. Rehabilitación da envolvente térmica dos edificios existentes. Concepto: actuacións enerxéticas que consigan unha redución da demanda enerxética do edificio mediante melloras da súa envolvente térmica. Por exemplo: mellora do illamento de fachadas e cubertas, mellora das carpintarías exteriores e vidros, instalación de proteccións solares, muros trombe, muros parietodinámicos, invernadoiros asociados ás fachadas, sistemas de sombreamento, ventilación natural, etc. Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada propietarios ou titulares de edificios do sector residencial e terciario (promotores, inmobiliarias, propietarios de edificios do sector terciario, propietarios de edificios de vivendas, comunidades ou mancomunidades de veciños, empresas municipais da vivenda, administracións públicas, etc.). Custo elixible: medidas tendentes a reducir a demanda enerxética de calefacción e refrixeración do edificio, mediante actuacións na súa envolvente térmica, considerando o seu sobrecusto e que se xustifiquen documentalmente. Contía máxima da subvención: 20.000 euros para proxectos de vivenda e por cada vivenda afectada, e 15% do orzamento da reforma cun máximo de 300.000 euros para proxectos de edificios do sector terciario. B. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas dos edificios existentes. Concepto: actuacións de mellora da eficiencia enerxética das instalacións de calefacción, produción de auga quente sanitaria e refrixeración que se renoven. Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada propietarios ou titulares de edificios do sector residencial e terciario (promotores, inmobiliarias, propietarios de edificios do sector terciario, propietarios de edificios de vivendas, comunidades ou mancomunidades de veciños, empresas municipais da vivenda, administracións públicas, etc.). Custo elixible: actuacións enerxéticas que consigan una redución de polo menos un 20% do consumo de enerxía convencional de calefacción e refrixeración do edificio, mediante actuacións nas súas instalacións térmicas, considerando o seu sobrecusto e que se xustifiquen documentalmente (por exemplo: substitución de equipamentos de produción de calor ou frío por outros de maior rendemento enerxético, substitución de equipamentos de movemento dos fluídos portadores por outros máis eficientes, sistemas de arrefriamento gratuíto por aire exterior e de recuperación de calor do aire de extracción). A reforma deberá cumprir o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE). Contía máxima da subvención: 20% do custo elixible, agás nos proxectos que incorporen equipamentos coa máxima categoría de etiquetaxe enerxética nos que poderá acadar o 25%. C. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación interior dos edificios existentes. Concepto: actuacións de mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación que se renoven. Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada propietarios ou titulares de edificios do sector residencial e terciario (promotores, inmobiliarias, propietarios de edificios do sector terciario, propietarios de edificios de vivendas, comunidades ou mancomunidades de veciños, empresas municipais da vivenda, administracións públicas, etc.). Custo elixible: actuacións enerxéticas que consigan una redución de polo menos un 25% do consumo de enerxía convencional na iluminación interior dos edificios, mediante actuacións nas súas instalacións técnicas, considerando o seu sobrecusto e que se xustifiquen documentalmente. Exemplos de actuacións subvencionables: - Substitución do conxunto luminaria-lámpada-equipamento por outro con luminarias de maior rendemento, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables que permitan reducir a potencia instalada en iluminación, polo menos, nun 30%, cumprindo cos requirimentos de calidade e confort visual regulamentados. - Sistemas de control de prendido e regulación do nivel de iluminación: incluirán aqueles sistemas de control por presenza e regulación de nivel de iluminación segundo o aporte de luz natural, conseguindo un aforro eléctrico de, polo menos, un 20% respecto á instalación sen control ou regulación. - Cambio de sistema de iluminación: modificación da situación dos puntos de luz con utilización das tecnoloxías anteriores, de forma que se reduza o consumo eléctrico respecto ao sistema actual de iluminación, polo menos, nun 30%. A reforma deberá cumprir a HE3, eficiencia enerxética das instalacións de iluminación do código técnico da edificación. Contía máxima da subvención: 22% do custo elixible. 4. Uso racional da enerxía no sector servizos públicos. A. Renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes. Concepto: renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes aplicando criterios de aforro e eficiencia enerxética. Beneficiarios: concellos, institucións públicas e empresas públicas ou privadas concesionarias do servizo de iluminación exterior. Custo elixible: as actuacións enerxéticas consideradas dentro desta medida serán aquelas que consigan unha redución do consumo de enerxía eléctrica en iluminación exterior e que se xustifiquen documentalmente. Formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos, a reforma de tendidos e instalacións eléctricas e a realización de proxectos de enxeñaría. Exemplos de actuacións subvencionables: - Substitución de lámpadas de vapor de mercurio e equipamento auxiliar por vapor de sodio alta presión co seu respectivo equipamento auxiliar. - Substitución de luminarias por outras con maior rendemento e lámpada de menor potencia. - Instalación de sistemas de regulación do nivel luminoso que permitan reducir os niveis de iluminación nas vías públicas cando se reduce súa a actividade. - Instalación de sistemas de prendido/apagado mediante reloxo astronómico. - Substitución da tecnoloxía actual por tecnoloxía LED en semáforos, aumentando a eficiencia enerxética. Contía máxima da subvención: 40% do custo elixible. B. Mellora da eficiencia enerxética das novas instalacións de iluminación exterior. Concepto: novas instalacións de iluminación pública exterior nas que se apliquen as tecnoloxías máis eficientes enerxeticamente. Beneficiarios: concellos, institucións públicas e empresas públicas ou privadas concesionarias do servizo de iluminación exterior. Custo elixible: formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos, as instalacións eléctricas e a realización de proxectos de enxeñaría que consigan una redución do consumo de enerxía eléctrica en iluminación exterior e que se xustifiquen documentalmente. Exemplos de equipamentos elixibles: - Lámpadas VSAP e equipamento auxiliar. - Luminarias e lámpadas de alto rendemento que permitan optimizar o seu consumo. - Sistemas de regulación do nivel luminoso que permitan reducir os niveis de iluminación nas vías públicas cando se reduce a súa actividade. - Utilización de tecnoloxía LED en semáforos. Contía máxima da subvención: 40% do custo elixible. 5. Uso racional da enerxía no sector transformación da enerxía. A. Estudos de viabilidade para coxeracións. Concepto: estudos de viabilidade técnica e económica dirixidos a promover novas plantas de coxeración, que definirán as solucións e os deseños técnicos máis correctos a partir das demandas de calor útil. Beneficiarios: empresas do sector industrial, servizos e tratamento de residuos industriais, que vaian realizar un estudo de viabilidade de planta de coxeración. Condicionantes: as consultoras que realicen o estudo de viabilidade deberán ter probada experiencia na realización deles na rama de actividade correspondente. Contía máxima da subvención: 75% do custo do estudo (cun máximo de 11.250 euros). B. Auditorías enerxéticas en coxeracións. Concepto: auditorías enerxéticas tendentes á mellora da eficiencia enerxética das plantas de coxeración existentes, e ao redeseño da súa potencia para adaptarse mellor ás demandas térmicas que deben satisfacer actualmente, e aplicar as novas tecnoloxías desenvolvidas en turbinas/motores, todo iso dentro do novo marco legal que será de aplicación a partir da transposición da Directiva 08/2004/CE. Beneficiarios: empresas industriais ou do sector terciario, que teñan en funcionamento una planta de coxeración independentemente do seu tamaño. Condicionantes: as consultoras que realicen a auditoría deberán ter probada experiencia na realización delas na rama de actividade correspondente. Contía máxima da subvención: 75% do custo do estudo (cun máximo de 9.000 euros). Os estudos deberán ter o contido mínimo indicado no documento Contido mínimo dunha auditoría enerxética dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es). C. Axudas públicas á coxeración non industrial. Concepto: axudas económicas á construción de plantas de coxeración de alta eficiencia no sector terciario e non industrial -terciario, servizos e agropecuarios (excepto xurros)-, que permitan diminuír o extracusto de investimento en relación con outras coxeracións en sectores industriais. Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada. Custo elixible: os activos fixos novos en plantas de coxeración de alta eficiencia incluíndo, se é o caso, os sistemas de frío. Formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos e sistemas, a obra civil asociada cun máximo do 10% e a realización de proxectos de enxeñaría. Contía máxima da subvención: 10% do custo elixible, cun máximo de 200.000 euros por proxecto. ANEXO II - Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a fomento de enerxías renovables en Galicia Artigo 1º.- Obxecto. Impulsar actuacións encamiñadas á utilización de fontes renovables nas seguintes áreas: - Área da biomasa. - Área da enerxía solar térmica. - Área da enerxía solar fotovoltaica illada. Artigo 2º.- Tipos de axudas e contía máxima delas. A) Área da biomasa. Aplicacións: produción de enerxía térmica, para uso doméstico ou en edificios utilizando como combustible biomasa. Descrición das partidas elixibles: formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos, e instalacións, obra civil asociada e realización de proxectos de enxeñaría. Os principais elementos de que consta este tipo de instalacións son os seguintes: - Sistema de tratamento e alimentación de combustible: preparación do combustible para que a caldeira do propio proxecto o reciba na forma e cantidades necesarias para alcanzar as prestacións da instalación. Se o sistema produce unha cantidade de combustible superior á consumida pola instalación térmica, só se considerará como partida elixible a fracción da instalación correspondente á porcentaxe de subministración do propio proxecto. - Sistema de combustión do forno: no que permita e estea destinado exclusivamente á xeración de calor por combustión da biomasa, transferíndoo ás paredes da caldeira e evacuando os fumes de forma adecuada. - Caldeira: sistema que transfire a enerxía térmica xerada no fogar e no circuíto de fumes ao fluído, auga presurizada, auga-vapor saturado ou sobrequentado, aceite para calefacción/refrixeración ou subministración de auga quente. - Sistemas de xeración de frío asociados á xeración de calor mediante máquinas de absorción. - Sistema de distribución: ben no propio edificio ou distribuído nos sistemas de distrito do tendido de tubos así como o sistema de regulación, control e medida de consumos enerxéticos. - Sistema eléctrico, de control e monitorización. - Obra civil: na que se inclúen escavacións, cimentacións, foxos, urbanizacións, edificios, etc. - Enxeñaría e dirección de obra. No caso de redes de distrito, considéranse elixibles ampliacións a novos usuarios, aínda que permaneza inalterada a potencia de xeración térmica. Potenciais peticionarios: persoas físicas, empresas, entidades públicas, comunidades de veciños ou mancomunidades de veciños. Intensidade da axuda: 30% do custo de referencia. Investimento adicional e custo subvencionable (acorde as directrices do medio ambiente): Para definir o custo adicional descontarase ao investimento o custo dunha instalación convencional equivalente en termos de cantidade de enerxía xerada. Defínese o custo dunha instalación convencional equivalente ao correspondente a unha caldeira alimentada con fuel da mesma capacidade de xeración térmica. O custo de referencia para esta instalación será de 150 euros/tep consumido. O custo subvencionable determinase a partir do custo adicional descontando os beneficios económicos netos actualizados dos cinco primeiros anos de explotación. A partir deste custo determinarase a axuda equivalente máxima ao proxecto acorde ás directrices que será limitativa no caso de que a axuda calculada acorde aos obxectivos enerxéticos alcanzables polo proxecto sexa superior a aquela. Custo de referencia: tomarase como custo de referencia, en relación cos obxectivos enerxéticos, un investimento máximo por unidade de potencia térmica instalada de 500 euros/kW de potencia instalada. B) Área da enerxía solar térmica. Ámbito de aplicación prioritaria: Instalacións por elementos: sistemas de enerxía solar para quentamento dun fluído a partir da captación da radiación solar, mediante captadores solares no que o coeficiente global de perdas sexa inferior a 9 W/(m ºC), para a súa utilización en aplicacións térmicas. Instalacións con sistemas prefabricados: sistemas indirectos de enerxía solar para quentamento dun fluído a partir da captación da radiación solar, ben sexa como sistema compacto ou como sistema partido. Consiste ben nun sistema integrado ou ben nun conxunto e configuración uniforme de compoñentes. Prodúcese baixo condicións que se presumen uniformes e ofrecidas á venda como equipamentos completos e listos para instalar, baixo un só nome comercial. Os captadores solares terán un coeficiente de perdas inferior a 9 W/(m ºC). Non se consideran elixibles os equipamentos directos. Aplicacións especiais: aplicacións de refrixeración ou outras aplicacións con temperatura de deseño superior a 60 ºC, e superando rendementos do 40%, para (tm-ta)=60 ºC e I=800 W/m sobre a curva cadrática de homologación do captador. Proxectos innovadores: considéranse proxectos innovadores aqueles que cumpran os criterios definidos na epígrafe de enerxía solar térmica do Plan de enerxías renovables 2005-2010. Descrición das partidas elixibles: formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos e instalacións que forman parte do equipamento, é dicir captadores solares térmicos, acumuladores, intercambiadores de calor, bombas de circulación, tubos, válvulas e conexións, vasos de expansión, illamentos, sistema eléctrico e de control, equipamentos de medida e demais equipamentos secundarios, así como a montaxe e conexionado do conxunto, obra civil asociada, deseño de enxeñaría da instalación, dirección de obra e posta en marcha. Os principais subsistemas de que consta son os seguintes: - Campo de captación solar: composto por captadores solares, elementos de soporte e fixación dos captadores, elementos de interconexión entre captadores, etc. - Acumulación: composto de tanques de almacenamento, intercambiadores, vasos de expansión, tubos, bombas, etc. - Regulación, control e monitorización (opcional): composto por equipamento de regulación, sensores, sistemas de adquisición de datos, etc. - Obra civil: composta por movemento de terras, cimentacións, foxos, etc. Todos os equipamentos e instalacións cumprirán o prego de condicións técnicas do IDAE para solares térmicas (PET-REV-Outubro 2002). Potenciais peticionarios: os titulares das instalacións poderán ser particulares, empresas ou administracións públicas. Así mesmo, contémplase a petición de agrupamentos de instalacións baixo un mesmo solicitante e diferentes localizacións. Investimento adicional e custo subvencionable (de acordo coas directrices do medio ambiente): posto que en calquera caso se precisa dispoñer da instalación convencional, o investimento ou custo adicional coincide coa totalidade do investimento. O custo subvencionable determínase a partir do custo adicional descontando os beneficios económicos netos actualizados dos cinco primeiros anos de explotación. A partir deste custo, da localización rexional do proxecto e da tipoloxía de empresa, determinarase a axuda equivalente máxima ao proxecto de acordo coas directrices que serán limitativas no caso de que a axuda calculada do acordo cos obxectivos enerxéticos alcanzables polo proxecto sexa superior a aquela. Custo de referencia: tomarase como custo de referencia, en relación con los obxectivos enerxéticos, un investimento máximao por unidade de potencia de captación instalada segundo as características de cada proxecto de: Categoría // Custo de referencia A/kW* (A/m) // Axuda máxima/Custo de referencia Sistema prefabricados // 1.160 A/kW (812 A/m) // 37% Sistemas por elementos // Ata 14 kW (20 m) // 1.160 A/kW (812 A/m) Más de 14 kW (20 m) // 1.015 A/kW (710,5 A/m) Aplicacións especiais // 1.450 A/kW (1.015 A/m) Proxectos innovadores // Ata un 50% mais dos custos de referencia definidos anteriormente (*) Considérase a relación 0,7 kW/m de superficie homologada. C) Área da enerxía solar fotovoltaica illada. Definición: sistema de xeración eléctrica, que transforma a enerxía da radiación solar mediante paneis fotovoltaicos en enerxía eléctrica, para o seu consumo illado da rede de distribución, podendo contar o sistema con acumulación de enerxía eléctrica. Descrición das partidas elixibles: formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos e instalacións, módulos fotovoltaicos, baterías, reguladores, convertedores, tendidos eléctricos e conexións, así como obra civil asociada, dirección e enxeñaría de proxecto, posta en marcha e documentación técnica. Os principais subsistemas de que consta son os seguintes: - Xerador fotovoltaico: composto polos módulos fotovoltaicos, os elementos de soporte e fixación dos módulos, os elementos de interconexión entre módulos, etcétera. - Acumulación: composto polas baterías, os reguladores, elementos de interconexión e cableado, indicadores do nivel de baterías, etcétera. Acondicionamento de enerxía: composto polos convertedores ou investidores, cadros eléctricos, interruptores e proteccións, cableados, etcétera. Monitorización (opcional): composto polos sensores, sistemas de adquisición de datos, sistemas de comunicación remota, etcétera. - Obra civil: composta polo movemento de terras, as cimentacións, os foxos, as arquetas, etcétera, necesarias exclusivamente para a instalación. Todos os equipamentos e instalacións cumprirán o prego de condicións técnicas do IDAE para instalacións solares fotovoltaicas illadas da rede (PCT-A-REV- Outubro 2002). Potenciais peticionarios: os titulares das instalacións, poderán ser particulares, empresas ou administracións públicas. Aplicacións prioritarias: - Electrificación doméstica e servizos públicos: vivendas, iluminación con farois autónomos, instalacións turísticas e refuxios, etcétera. - Electrificación agrícola ou gandeira: bombeos de auga, sistemas de rego, electrificación de granxas, sistemas de muxido, refrixeración, iluminación de invernadoiros, etcétera. - Sinalización e comunicación: navegación aérea e marítima, estradas e ferrocarrís, repetidores de telecomunicacións, etcétera. - Outras específicas: protección catódica, osixenación de auga, alimentación de vehículos eléctricos, etcétera. Intensidade de axuda: como máximo o 22% do custo de referencia. Investimento adicional e custo subvencionable (segundo directrices do medio ambiente): para o cálculo do investimento adicional, ao investimento definido anteriormente, descontaráselle o custo dunha instalación convencional equivalente en termo de cantidade de enerxía xerada. Defínese o custo dunha instalación convencional equivalente á dun grupo diésel da mesma capacidade de xeración anual; os valores de referencia serán: 1.500 h de funcionamento do sistema fotovoltaico e de 8.000 h do grupo, cun custo de referencia del de 360 A/kW instalado. O custo subvencionable determínase a partir do custo adicional descontando os beneficios económicos netos actualizados dos cinco primeiros anos de explotación. A partir deste custo, a localización rexional do proxecto, e a tipoloxía da empresa, determinarase a axuda equivalente máxima ao proxecto acorde coas directrices, que será limitativa no caso de que a axuda calculada, de acordo cos obxectivos enerxéticos alcanzables polo proxecto, sexa superior a aquela. Custo de referencia: tomarase como custo de referencia, en relación cos obxectivos enerxéticos, un investimento máximo por unidade de potencia eléctrica instalada de: - 12,00 A/Wp para instalacións con acumulación, e - 9,00 A/Wp para instalacións sen acumulación.
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res21062006.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles