Diario Oficial de Galicia, 27-06-2007, Núm. 123, Páx. 11134
Resolución do 13 de xuño de 2007 pola que se modifican as bases reguladoras das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables en Galicia, establecidas pola Resolución do 21 de xuño de 2006, no que respecta ao prazo máximo para realizar e xustificar os investimentos.
O Instituto Enerxético de Galicia ditou a Resolución do 21 de xuño de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables en Galicia (DOG do 4 de xullo).
No artigo 8 da devandita resolución fíxase como data límite para presentar a documentación xustificativa dos investimentos realizados o día 30 de xuño de 2007, por derivarse así, con carácter imperativo, dos convenios subscritos co IDAE.
Debido ao elevado número de beneficiarios de axudas que solicitan unha prórroga do prazo para xustificar os investimentos para os cales se concedeu subvención, así como a dificultade que supón para aqueles beneficiarios a que lles foi notificada a resolución de concesión de axuda en datas recentes, cumprir o prazo establecido para xustificar o investimento realizado,
DISPOÑO:
Único.-Modifícase o artigo 8 da Resolución do 21 de xuño de 2006, antes citada, que queda redactado deste xeito:
«Considéranse gastos subvencionables os realizados e pagados efectivamente entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de agosto de 2007.
A data límite para presentar a documentación xustificativa dos investimentos realizados por derivarse así, con carácter imperativo, dos convenios subscritos co IDAE, é o día 31 de agosto de 2007».
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2007.
Xoán Ramón Doldán García
Director do Instituto Enerxético de Galicia
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango legal
Resolución
Clasificación
ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|