Diario Oficial de Galicia, 16-01-2004, Núm. 10, Páx. 770
Orde do 8 de xaneiro de 2004 pola que se clasifica como de interese ambiental a Fundación Centro Superior Cinegético y Piscícola de Galicia.
Visto o expediente de clasificación da Fundación Centro Superior Cinegético y Piscícola de Galicia, con domicilio en Monforte de Lemos (Lugo).
Supostos de feito.
1. A fundación formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.
2. A Fundación Centro Superior Cinegético y Piscícola de Galicia foi constituída en escritura pública outorgada en Lugo o día 12 de decembro de 2003, ante o notario Germán Aguilera Cristobal co número de protocolo dous mil novecentos sesenta e catro por José Manuel Barreiro Fernández, Francisco Cacharro Pardo, Faustino Martínez Fernández, Javier Ruiz de Almirón Schlung, Justo de Benito Basanta e José Carlos Rodríguez Andina; interveñen Francisco Cacharro Pardo como presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Manuel Barreiro Fernández, no seu carácter de conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Faustino Martínez Fernández, como secretario xeral da Deputación Provincial de Lugo e os restantes no seu propio nome e dereito.
3. A fundación, segundo establece o artigo 6 dos estatutos, ten por obxecto a investigación, fomento e promoción das especies cinexéticas e piscícolas e a súa relación co ambiente e, especialmente, coa flora e demais fauna silvestre, ademais da formación das persoas interesadas nestas actividades dentro da nosa comunidade autónoma, sen prexuízo das colaboracións que se poidan establecer con outras institucións de fóra de Galicia e o desenvolvemento sustentable destas actividades en beneficio dos ambientes e do territorio no que se integran para mellora do hábitat.
4. O padroado da fundación estará integrado polos membros que se especifican no artigo 9 dos estatutos.
5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elévalle ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública proposta de clasificación como de interese ambiental da Fundación Centro Superior Cinegético y Piscícola de Galicia, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese ambiental e a súa ascrición á Consellería de Medio Ambiente.
Fundamentos de dereito.
1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.
2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.
3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 7 de xaneiro de 2004.
Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.
Na súa virtude,
DISPOÑO:
Clasificar como de interese ambiental a Fundación Centro Superior Cinegético y Piscícola de Galicia, adscribíndoa á Consellería de Medio Ambiente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2004.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO