Diario Oficial de Galicia, 26-01-2004, Núm. 16, Páx. 1140
Orde do 19 de xaneiro de 2004 pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia.
Visto o expediente de recoñecemento e declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia.
Antecedentes de feito.
1. Francisco Bobadilla Prosper, en representación da fundación, en escrito do 23 de decembro de 2003, formulou solicitude de clasificación de fundacións de interese galego e de declaración de fundacións de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.
2. A fundación foi constituída en escritura pública, outorgada en Lugo, o día 12 de decembro de 2003, ante o notario Germán Aguilera Cristóbal co número dous mil novecentos sesenta e catro do seu protocolo, por José Manuel Barreiro Fernández, Francisco Cacharro Pardo, Faustino Martínez Fernández, Javier Ruiz de Almirón Schlung, Justo de Benito Basanta e José Carlos Rodríguez Andina; intervén Francisco Cacharro Pardo como presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Manuel Barreiro Fernandez no seu carácter de conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Faustino Martinez Fernández como secretario xeral da Deputación Provincial de Lugo e os restantes no seu propio nome e dereito.
3. A Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia ten por obxecto a investigación, fomento e promoción das especies cinexéticas e piscícolas, e a súa relación co ambiente e especialmente coa flora e demais fauna silvestre, ademais da formación das persoas interesadas nestas actividades dentro da nosa comunidade autónoma, sen prexuízo das colaboracións que se poidan establecer con outras institucións de fóra de Galicia, segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos.
4. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública proposta de clasificación como de interese ambiental da Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese ambiental e a súa adscrición á Consellería de Medio Ambiente.
5. Á vista da citada proposta da Comisión de Secretarios Xerais, por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 8 de xaneiro de 2004 (Diario Oficial de Galicia, do 16 de xaneiro), clasificouse como de interese ambiental a Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia e adscribiuse á Consellería de Medio Ambiente para efectos do exercicio do protectorado sobre ela, en cumprimento do disposto no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.
6. Na anteriormente sinalada escritura pública de constitución da fundación constan os extremos relativos á personalidade do fundador; a súa capacidade para constituíla e a súa vontade de facelo como de interese galego conforme os preceptos da Lei 7/1981, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro; os estatutos; a dotación inicial constituída pola achega do fundador que consta na escritura de constitución e que debe entenderse realizada a título gratuíto por estar afectada de modo duradeiro á realización dos seus fins; e a designación das persoas naturais que constitúen o órgano de goberno inicial da fundación, coa aceptación, no devandito acto fundacional, dos seus cargos.
7. Nos estatutos da fundación constan os extremos relativos á natureza e denominación de Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia (artigo 1), a súa personalidade e capacidade (artigos 2 e 3), o seu obxecto de investigación, fomento e promoción das especies cinexéticas e piscícolas e a súa relación co ambiente e especialmente coa flora e demais fauna silvestre (artigo 6); o seu domicilio no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, na provincia de Lugo (artigo 4); as regras para a aplicación dos recursos ó cumprimento dos fins fundacionais e para a determinación dos beneficiarios; os órganos de goberno e a xestión da fundación (artigos 9 a 23); o réxime económico da fundación (artigos 24 a 29) e a modificación, agregación ou extinción da fundación (artigos 30 a 33).
8. En cumprimento do establecido no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, con data 19 de xaneiro de 2004, a Asesoría Xurídica emite informe favorable sobre a legalidade da declaración de interese galego da Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia.
Fundamentos de dereito.
Primeiro.- O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, consonte a lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia establece que é competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega o réxime das fundacións de interese galego.
Segundo.- De acordo co disposto no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego en relación co Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, correspóndelle á Consellería de Medio Ambiente a declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia, así como o exercicio das funcións de protectorado e as demais que correspondan á Xunta de Galicia de conformidade co indicado no dito regulamento.
Terceiro.- Á vista dos artigos 2, 3, 4.1º, 5, 6, 7.1º, 2º e 5º e 11.1º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, e 4 do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado delas, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, deben entenderse substancialmente cumpridos os requisitos establecidos pola declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Medio Ambiente, da Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia, polo que procede dicta-la presente orde. Por todo iso,
DISPOÑO:
Primeiro.- Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia.
Segundo.- Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Medio Ambiente.
Terceiro.- Que a dita fundación, expresamente sometida á Lei 7/1983, do 27 de xuño, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e demais normativa de aplicación, onde se establecen especialmente as obrigas de lles dar publicidade suficiente ós seus obxectivos e actividades, da ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios e de solicita-las preceptivas autorizacións, quede suxeita ó protectorado da Xunta de Galicia, que será exercido por esta consellería.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2004.
José Manuel Barreiro Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA/RÉXIME COMPETENCIAL
CAZA, PESCA E MARISQUEO