Diario Oficial de Galicia, 04-04-2007, Núm. 67, Páx. 5384
Orde do 29 de marzo de 2007 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2007-2008.
O artigo 42 da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, establece a obriga de regular anualmente mediante orde as épocas hábiles de caza para as distintas especies cinexéticas, as limitacións ao exercicio da caza, os réximes especiais necesarios e a normativa aplicable nos terreos de réxime cinexético común.
En cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, oídos os comités provinciais e o comité galego de caza, no uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente modificada polas leis 11/1988, do 20 de outubro e 7/2002, do 27 de decembro, e de conformidade co disposto no Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en relación co Decreto 211/2005, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia,
DISPOÑO:
TÍTULO I - Normas de carácter xeral
Artigo 1º.- Obxecto.
Esta orde de vedas regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán o exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2007-2008.
Artigo 2º.- Período hábil para a caza.
O período hábil para exercer a caza, válido con alcance xeral, será o comprendido entre os días 21 de outubro de 2007 e o 6 de xaneiro de 2008, ambos inclusive, na Comunidade Autónoma de Galicia, coas excepcións que para cada especie se sinalan no título V de esta orde. Os días da semana en que se permitirá o seu exercicio dependerán de que se trate dunha ou doutra das modalidades de caza maior ou menor e veñen detallados nos títulos II e III desta orde que se refiren a cada unha delas, así como nas limitacións sinaladas no título V desta orde.
Nos terreos sometidos a réxime cinexético especial en que se inclúan zonas de caza permanente e de adestramento de cans conforme o disposto no artigo 8 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia, serán de cumprimento todas as disposicións recollidas nesta orde, salvo aquelas que expresamente se determinen na resolución que estableza a súa autorización.
Nas zonas de caza permanente reflectidas nos plans de ordenación cinexética do correspondente Tecor, autorízase a caza sementada de paspallás e perdiz, todos os días do ano. Igualmente, poderase autorizar a caza sementada de coello de monte e faisán.
Artigo 3º.- Venda, transporte e comercio das pezas de caza.
1. Só poderán ser obxecto de venda, transporte ou comercio as especies silvestres cazables que se relacionan no anexo I desta orde. Isto poderá realizarse unicamente durante a tempada hábil de caza para cada especie. O tráfico ou comercio de especies de protección temporal nas provincias onde a súa captura estivese prohibida precisará dunha guía expedida polo organismo competente que xustifique a súa procedencia.
2. Os exemplares de especies cinexéticas, procedentes de explotacións industriais, así como os seus ovos cando se trate de aves, poderán comercializarse en calquera época do ano, logo da acreditación suficiente da súa orixe e do cumprimento dos requisitos fixados no artigo 2 do Real decreto 1118/1989, do 15 de setembro, e demais normativa do ámbito sanitario.
Artigo 4º.- Repoboacións cinexéticas.
A posta en liberdade de animais silvestres vivos de carácter cinexético requirirá a autorización previa do Servizo de Conservación da Natureza da provincia correspondente, conforme co artigo 31 da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia. Na solicitude de autorización deberán facerse constar as especies, o número e a procedencia dos exemplares que se propón adquirir, así como a adecuación de tal propósito ás previsións do plan técnico de aproveitamento cinexético que afecta o terreo onde vaian ser liberados os espécimes.
TÍTULO II - Caza menor
Artigo 5º.- Días hábiles.
Consideraranse días hábiles de caza os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.
Artigo 6º.- Limitacións de carácter xeral.
1. Naqueles terreos de réxime cinexético común en que, en virtude do establecido no artigo 9.3º da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, estea permitido o exercicio da caza ao contar cunha superficie continua superior ás 500 h, a cota máxima por cazador e día será dunha perdiz rubia e dous coellos.
2. Nos terreos de réxime cinexético especial as cotas serán as que se establezan nos correspondentes plans de aproveitamento.
Artigo 7º.- Métodos e modalidades de caza.
1. Na práctica da caza en man, con ou sen cans, nos terreos cinexéticos de aproveitamento común non se poderá cazar en grupos maiores de seis cazadores, nin cazar coordinadamente máis dun grupo. Cada cazador poderá cazar como máximo con catro cans, cun máximo de quince por grupo.
2. Tanto a solicitude como a realización dos ganchos estará suxeita aos requisitos, ás medidas precautorias, normas de seguridade e responsabilidades que prevexa a Lei de caza de Galicia e o seu regulamento. Se por calquera circunstancia algún dos ganchos autorizados non se efectuase no lugar e data fixadas, en ningún caso se poderá trasladar a súa celebración a outro día.
3. No gancho, o seu responsable deberá levar no seu poder, en todo momento, a autorización correspondente del e a relación completa, encabezada por el, dos participantes cos respectivos nomes e números do DNI. Esta relación deberá estar confeccionada no momento da colocación dos cazadores nos postos.
4. Mentres non haxa unha regulación específica da cetraría na Comunidade Autónoma de Galicia, o Servizo de Conservación da Natureza poderá autorizar esta modalidade de caza.
Artigo 8º.- Adestramento de cans e aves de cetraría.
1. De acordo co establecido no artigo 10 e nos artigos 18 a 23 da Lei de Galicia 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, queda prohibido o adestramento de cans para a caza maior con espécimes de caza maior liberados dentro de cercados, ou de calquera maneira que implique maltrato para animais salvaxes en catividade.
2. Autorízase o adestramento de cans, sen petición previa, desde o 1 de setembro de 2007 ata o 20 de outubro os xoves, sábados, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico. Desde o 21 de outubro ata o remate da tempada hábil de caza menor poderase adestrar eses mesmos días, excepto os sábados, en todo caso, sen armas nin calquera outro medio de caza e sen que se produza a captura nin a morte da peza. En terreos de réxime cinexético especial, o número máximo de cans autorizados será de cinco cans por cazador e de 16 por grupo constituído por un máximo de cinco cazadores. En terreos de réxime cinexético común o número máximo de cans por cazador será de dous.
3. Autorízase o adestramento de cans en terreos de réxime cinexético especial, nas zonas destinadas a ese fin, sen petición previa, ao longo de todo o ano, salvo nos meses de maior sensibilidade para a cría das especies presentes na zona, cun mínimo de dous meses de suspensión, que serán propostos polo titular do espazo cinexético no plan anual de aproveitamentos, entendéndose no seu defecto, que corresponde este período ao comprendido entre a última semana de abril á primeira semana de xullo.
4. Autorízase o adestramento na modalidade de cans atrelados en terreos de réxime cinexético especial, en todo o Tecor ao longo de todo o ano, agás nas épocas sensibles de cría, determinándose esta época conforme o exposto no parágrafo anterior, e coas seguintes condicións: ter o can atrelado e controlado en todo momento, non molestar en ningún caso as especies cinexéticas, non acercarse ao cocho da peza, un can por cazador e coa autorización da sociedade titular do Tecor.
5. Os titulares de terreos de réxime cinexético especial extremarán as precaucións e adoptarán as medidas de seguridade precisas para evitar accidentes ou calquera interferencia durante a realización de ganchos ou montarías, no período que coincida co permitido para o adestramento de cans, non podendo realizar o adestramento na mesma mancha onde se realiza o gancho ou montaría.
6. Con fins de competición, previo informe da Federación Galega de Caza, os servizos de Conservación da Natureza poderán autorizar o adestramento de cans de rastro e mostra e das aves de cetraría, con caza sementada, en calquera época do ano nos lugares autorizados para estes fins.
Artigo 9º.- Competicións de caza.
A Federación Galega de Caza ou as sociedades de cazadores, logo da súa autorización, poderán celebrar competicións de caza en terreos de réxime cinexético especial, os xoves, sábados, domingos e festivos. Nas competicións poderán abaterse pezas de caza silvestre cando se realicen durante a temporada hábil de caza e ao longo de todo o ano, se se realizan con caza sementada ou sen morte da caza.
Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para ditar as normas e condicións en que se desenvolvan as citadas probas.
TÍTULO III - Caza maior
Artigo 10º.- Días hábiles.
Consideraranse días hábiles de caza, con carácter xeral, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, coas excepcións que se recollen nesta orde.
Artigo 11º.- Métodos e modalidades de caza.
1. A celebración de montarías ou ganchos en terreos de réxime cinexético especial requirirá a notificación previa ao Servizo de Conservación da Natureza correspondente, que deberá ser efectuada polo menos cunha antelación de 10 días. Tamén poderá comunicarse mediante un calendario que abarque toda a tempada. Tanto a solicitude como a celebración dela deberán axustarse ao disposto na Lei de caza de Galicia e no seu regulamento.
2. Nos terreos de réxime cinexético común en que, en virtude do establecido no artigo 9.3º da Lei 4/1997, de caza de Galicia, estea permitido o exercicio da caza ao contar cunha superficie continua superior ás 500 h, a caza maior só se poderá exercer os sábados e na modalidade de gancho ou montaría, cos requisitos que se dispoñen na Lei de caza de Galicia e no seu regulamento e a autorización previa do Servizo de Conservación da Natureza correspondente.
3. A solicitude e a realización dos ganchos e montarías, así como as medidas precautorias, normas de seguridade e responsabilidade, estarán suxeitos aos requisitos que prevexa a Lei de caza de Galicia e o seu regulamento. Se por calquera circunstancia algún dos ganchos autorizados non se efectuase no lugar e data fixados, en ningún caso se poderá trasladar a súa celebración a outra data ou lugar.
4. Nos ganchos e montarías, o seu responsable deberá levar no seu poder, en todo momento, a autorización correspondente del e a relación completa, encabezada por el, dos participantes cos respectivos nomes e números do DNI. Esta relación deberá estar confeccionada no momento da colocación dos cazadores nos postos.
5. Nos ganchos ou montarías de xabaril, no seu período hábil, e con autorización expresa da delegación provincial correspondente, poderase cazar o raposo utilizando armas e municións propias da caza maior.
Artigo 12º.- Pezas de caza.
1. Nos plans de aproveitamento dos terreos de réxime cinexético especial e nas autorizacións concedidas para o exercicio da caza maior nos terreos de aproveitamento cinexético común especificaranse as pezas de caza por especies, sexos e idades sobre as que se poderá exercer a caza.
2. En todo caso, nunca poderán incluírse como pezas de caza:
a) As femias de especies de caza maior cando vaian acompañadas da súas crías.
b) Os machos inmaduros.
c) Os machos adultos que efectuasen a esmouca antes do peche do seu período hábil de caza.
Todos os animais de caza maior, que fosen abatidos, deberán ser identificados mediante un precinto, que será facilitado aos titulares dos terreos cinexéticos, pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, logo do pagamento da correspondente taxa.
TÍTULO IV - Caza por danos
Artigo 13º.- Danos producidos pola caza.
1. Co fin de reducir os danos que se poidan producir na agricultura, na gandaría, na silvicultura, na flora e fauna silvestres, os servizos de Conservación da Natureza poderán acordar medidas de control. Fóra do período hábil de caza, estas medidas adoptaranse, logo de comprobación dos danos existentes polos axentes de Conservación da Natureza, seguindo directrices expresamente establecidas pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
2. As principais medidas de control fronte aos danos por especies que se poderán adoptar son as seguintes:
a) Lobo (Canis lupus): por danos constatados desta especie, poderanse autorizar esperas, ganchos ou montarías durante todo o ano, salvo nos meses de abril, maio e xuño, en que a especie está criando. A existencia de danos deberá ser comunicada ao Servizo de Conservación da Natureza tan axiña como sexa posible co fin de proceder a súa comprobación, como requisito previo á autorización da práctica cinexética sobre esta especie. Os solicitantes de cada gancho, montaría ou espera autorizados deberán informar dos resultados del por escrito ao Servizo de Conservación da Natureza correspondente nun prazo máximo de cinco días hábiles seguintes ao da súa realización. O incumprimento deste requisito poderá supoñer a non autorización doutros e a anulación automática dos xa autorizados.
b) Xabaril (Sus scrofa): co fin de reducir os danos producidos por esta especie, tras comprobarse a existencia daqueles, os servizos de Conservación da Natureza poderán autorizar a realización de ganchos, montarías ou esperas. As solicitudes deberán presentarse no prazo mais breve posible a partir da detección dos danos, de modo que permita a comprobación deles polo servizo antes mencionado. Os solicitantes dos ganchos, montarías ou esperas autorizados deberán informar por escrito dos resultados destes ao Servizo de Conservación da Natureza correspondente, nun prazo máximo de 10 días seguintes aos da súa realización. O incumprimento deste requisito poderá supoñer a non autorización de máis ganchos ou montarías e a anulación automática dos xa autorizados.
3. Nas autorizacións concedidas por manifestos e comprobados danos, tanto do lobo como do xabaril, en terreos cinexéticos de réxime especial, as solicitudes serán formuladas polo titular do dereito de aproveitamento, pero nela recolleranse obrigatoriamente as sinaturas do prexudicado ou dos prexudicados polos danos detectados. En terreos de aproveitamento cinexético común as solicitudes serán formuladas polo prexudicado ou polos prexudicados polos danos detectados.
4. O director xeral de Conservación da Natureza establecerá limitacións temporais á adopción destas medidas de control co fin de evitar alteracións nas poboacións de fauna silvestre e non interferir na súa cría e reprodución. Os servizos de Conservación da Natureza prestaranlles asesoramento técnico aos afectados polos citados danos, para a adopción de medidas alternativas de prevención e protección para as persoas ou na agricultura, na gandaría, nos montes ou na flora e fauna silvestres.
5. A carne das reses que se abatan en época de veda, como consecuencia da adopción das medidas de control, non poderá ser obxecto de venda ou comercio.
6. As pezas de caza maior que se abatan como consecuencia da adopción de medidas de control, deberán ser identificadas mediante precintos que serán facilitados pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de balde.
Artigo 14º.- Aves prexudiciais para a agricultura e a caza.
En virtude do disposto no artigo 9 da Directiva 79/409/CEE, poderase autorizar a caza e captura de aves que lles poidan causar danos aos cultivos agrícolas e á fauna.
Os interesados deberán formular unha solicitude dirixida ao Servizo de Conservación da Natureza na cal se fará constar:
a) Especie que se pretende cazar ou capturar.
b) Os prexuízos causados ou os riscos que se poidan producir, así como a magnitude deles.
c) Que fosen probadas técnicas disuasorias sen éxito.
d) Expresión do método, o tempo e o lugar onde se pretende cazar as aves prexudiciais.
Será preceptivo o informe do Servizo de Conservación da Natureza correspondente sobre os danos existentes, que informará se hai indicios razoables de que os danos foron causados ou non polas especies citadas. Se non fose posible establecer razoablemente a orixe dos danos, denegarase a solicitude.
TÍTULO V - Réximes especiais por especies
Artigo 15º.- Réximes especiais por especies, aprobados despois de oídos os comités provinciais de Caza e o Comité Galego de Caza.
As regulamentacións específicas nos terreos de réxime cinexético especial aprobadas polos servizos de Conservación da Natureza por proposta dos titulares, en que se establezan vedas e peches anticipados dos distintos períodos hábiles, serán de obrigado cumprimento. A infracción das limitacións ou prohibicións que regulen as ditas regulamentacións específicas sancionaranse de acordo có establecido na Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.
Artigo 16º.- Réximes especiais por especies.
1. Caza menor:
a) Arcea (Scolopax rusticola) e agacha (Gallinago gallinago): poderase prolongar o período hábil de caza para estas especies ata o día 31 de xaneiro de 2008, agás nos concellos que se relacionan no anexo II desta orde, das provincias de Lugo e da Coruña, en que se poderá prolongar ata o 10 de febreiro do ano 2008, en terreos cinexéticos de réxime especial e despois da solicitude acompañada dun plan de aproveitamento cinexético aprobado.
b) Charrela (Perdix perdix): queda prohibida a súa caza.
c) Lebre (Lepus granatensis): só se autoriza a súa caza, no período hábil comprendido entre o 21 de outubro de 2007 e o 2 de decembro de 2007, en terreos de réxime cinexético especial.
d) Raposo (Vulpes vulpes): no período hábil de caza menor pódese cazar nas distintas modalidades de caza menor e en gancho. Poderanse autorizar ganchos para a caza do raposo desde o 12 de agosto ata o comezo da tempada regular, os xoves, sábados, domingos e festivos. Así mesmo, entre o 7 e o 27 de xaneiro de 2008 e só nesta modalidade, poderase cazar os sábados e domingos en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Os Tecor que tivesen dificultades para acadar os obxectivos fixados no seu plan de aproveitamento, poderán solicitar unha ampliación deste período ata o 10 de febreiro de 2008.
e) Paspallás (Coturnix coturnix): pódese cazar no período hábil de caza menor. Poderase autorizar a súa caza nos Tecor da antiga lagoa de Antela nos concellos que se relacionan no anexo III desta orde, entre o 1 e o 23 de setembro de 2007. Autorízase a súa caza os sábados e domingos, cun máximo de 15 escopetas por xornada de caza e un máximo de 4 escopetas por cuadrilla, e require autorización expresa do Servizo de Conservación da Natureza de Ourense que poderá recoller medidas especiais para garantir o cumprimento destas condicións, e despois da presentación dun plan técnico de caza que ten que incluír un censo da especie, un cálculo do número de capturas totais e a súa repartición por xornada de caza, cun máximo de 10 pezas por cazador e día. Os cuarteis de caza autorizados contarán cunha superficie máxima de 1.000 h, e o seu número virá dado en función da superficie útil para a especie, de acordo coa seguinte táboa:
Número de cuarteis autorizados:
2.000 h
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO

| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN |
|---|---|
| Corrección de erros.- Orde do 29 de marzo de 2007 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2007-2008. | 20/04/2007 |