Corrección de erros.- Orde do 29 de marzo de 2007 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2007-2008.

Diario Oficial de Galicia, 20-04-2007, Núm. 77, Páx. 6421
Corrección de erros.-Orde do 29 de marzo de 2007 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2007-2008. Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 67, do 4 de abril de 2007, cómpre publicar as seguintes correccións: Na páxina 5.385, no artigo 7º, punto segundo, onde di: «... 2. Tanto a solicitude como a realización dos ganchos estará suxeita...», debe dicir: «... 2. Tanto a solicitude como a realización dos ganchos de raposo estará suxeita...». Na páxina 5.386, no artigo 12º, punto segundo, onde di: «... 2. En todo caso, nunca poderán incluírse como pezas de caza: As femias de caza maior cando vaian acompañadas das súas crías. Os machos inmaduros. Os machos adultos que teñan efectuado a esmouca antes do peche do seu período hábil de caza...». Debe dicir: «... 2. En todo caso, nunca poderán incluírse como pezas de caza: As femias de caza maior cando vaian acompañadas das súas crías. Os machos inmaduros de cervo e corzo. Os machos adultos que teñan efectuado a esmouca antes do peche do seu período hábil de caza...». Na páxina 5.388, no artigo 16º, punto segundo, onde di: «... c) Cervo, gamo e muflón (Cervus elaphus, Dama dama y Ovis ammon musimon): o período hábil estenderase desde o 1 de novembro de 2007 ata o 30 de decembro de 2007, nos terreos cinexéticos de réxime especial, logo de autorización dos servizos de Conservación da Natureza...», debe dicir: «... c) Cervo, gamo e muflón (Cervus elaphus, Dama dama e Ovis ammon musimon): o período hábil estenderase desde o 1 de novembro de 2007 ata o 30 de decembro de 2007, os xoves, sábados, domingos e festivos, nos terreos cinexéticos de réxime especial, logo de autorización dos servizos de Conservación da Natureza...».
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
ceO29032007.pdf Galego
ceO29032007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles