Diario Oficial de Galicia, 18-12-2006, Núm. 241
Orde do 1 de decembro de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a actividades de divulgación, formación educativa e estudos técnicos, para os concellos incluídos na Rede Natura 2000, así como a súa convocatoria para 2007.
A Rede Natura 2000 xorde como unha rede coherente, ecolóxica e representativa de espazos naturais coa contribución de todos os estados membros da Unión Europea, e ten como obxectivo principal asegurar o mantemento nun bo estado de conservación das mellores manifestacións da biodiversidade europea, ideada tamén para fomentar o equilibrio harmónico entre as actividades sociais e económicas que neles se levan a cabo e a calidade de vida das persoas que os habitan.
A creación da Rede Natura 2000 é un proceso complexo e dinámico en que participan os estados membros e as institucións comunitarias e que, tras máis de 10 anos de elaboración, entra na súa fase final.
A Rede Natura 2000 está conformada por dous tipos de áreas: zonas de especial protección para as aves (Zepas) e lugares de interese comunitario (LIC).
En Galicia foron declaradas ata a data 14 zonas de especial protección para as aves (Zepas), que abranguen 71.578 ha de extensión. A parte mariña integrada nas Zepas galegas comprende 14.763 ha, mentres que a parte terrestre representa o 1,9% da superficie total de Galicia. A contribución das Zepas galegas á Rede Natura 2000 céntrase especialmente nos ecosistemas costeiros, cun total de 11 Zepas, que inclúen illas, acantilados mariños, praias, rías ou esteiros. As Zepas de montaña acollen, entre outros medios, monte baixo, bosques e zonas rochosas.
Na actualidade, a Rede Natura 2000 está representada en Galicia, ademais das Zepas, por 59 lugares de importancia comunitaria (LIC), que suman unha superficie total de 374.405 ha, das cales unhas 29.000 ha corresponden a áreas mariñas. A extensión terrestre das LIC representa o 11,6% da superficie de Galicia. A maioría dos espazos sitúanse na rexión bioxeográfica atlántica (49 LIC), catro están na rexión mediterránea e seis repártense entre ambas as dúas rexións, abranguendo no seu conxunto unha variada mostra de ecosistemas costeiros, fluviais e de montaña, entre outros.
Coa liña de subvencións que agora se establece preténdese harmonizar o traballo da Administración galega e o dos concellos no labor de promoción, difusión e divulgación dos valores naturais e patrimoniais dos espazos que conforman a Rede Natura en Galicia, a través da promoción de accións de formación, educación e investigación que poñan en valor estes espazos, ao tempo que deben xerar unha nova sensibilidade e percepción social sobre a importancia, valor e funcións ecolóxicas da Rede Natura 2000; no entendemento de que os concellos son parte e actores fundamentais na xestión e posta en valor dos seus territorios e na procura dunha maior conscienciación e sensibilización da poboación local na protección, defensa e promoción dos nosos espazos naturais máis prezados.
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, segundo o establecido no artigo 11 do Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, ademais do Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a súa estrutura orgánica, é o órgano da Xunta de Galicia a que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións que, en materia de medio e conservación da natureza, se establecen nos artigos 27.15º e 30º, así como no artigo 29.4º do Estatuto de autonomía de Galicia, e demais normativa de aplicación, en especial na normativa sobre protección ambiental de Galicia.
O réxime xeral das axudas e subvencións nestas administracións públicas establécese nas disposicións básicas da Lei 38/2006, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aprobou o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A nivel regulamentario a normativa principal constitúea o Decreto 287/2000, do 21 de novembro.
Segundo a antedita normativa de subvencións, este programa de axudas sométese ao réxime de concorrencia competitiva, sendo competente para resolver o titular da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, logo de proposta dunha comisión de avaliación creada para os efectos.
Nos vindeiros exercicios, estas axudas financiaranse con cargo ás consignacións orzamentarias que, mediante disposición complementaria, se determinen anualmente, de acordo co contido da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para cada un deles.
En virtude do anterior, en consonancia co disposto no artigo 27.30º do Estatuto de autonomía e no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo 1º.- Finalidade e obxecto.
Por medio desta orde regúlanse as bases e convócanse para 2007 axudas para a difusión da Rede Natura 2000 con medidas de divulgación, formación, investigación e outras accións semellantes.
Artigo 2º.- Beneficiarios.
1. Poderanse acoller ás axudas desta orde os concellos que se encontren dentro da Rede Natura 2000 segundo esta orde.
As ditas entidades locais poderán concorrer individual ou conxuntamente, caso no que deberán indicar expresamente na solicitude as accións que se van desenvolver, o investimento que se realizará por cada unha delas e o importe da axuda correspondente a cada unha.
2. En ningún caso poderán ter a consideración de beneficiarios as entidades incursas nalgún dos supostos previstos no artigo 13.2º e 3º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Artigo 3º.- Réxime e principios de aplicación.
Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, concorrencia competitiva, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, así como o de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados nesta orde e de eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos, con sometemento en todos os seus aspectos ao previsto nos artigos 78 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que o desenvolve.
Artigo 4º.- Ámbito territorial.
1. Con carácter xeral, as actividades deberanse levar a cabo dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Excepcionalmente poderán subvencionarse as actividades de promoción desenvolvidas polos concellos fóra do territorio da comunidade autónoma.
Artigo 5º.- Actividades subvencionables e importe.
1. Poden ser obxecto das axudas previstas nesta orde as seguintes actividades:
1.1. Divulgación, promoción, publicacións, sinalización e outras accións semellantes na Rede Natura 2000.
1.2. Formación educativa, monitorización de actividades, seminarios, cursos, edición de material escolar e accións semellantes que traten sobre a Rede Natura 2000.
1.3. Realización de inventarios e estudos técnicos que traten sobre o patrimonio natural e cultural existente na Rede Natura 2000.
2. Poderase conceder ata o 100% do seu custo, cun importe máximo de 10.000 euros, en función do ámbito territorial da actividade e da importancia dos obxectivos que se perseguen co proxecto.
3. Dada a natureza dos investimentos subvencionables, estes deben manterse afectos ao fin para que se lle concedeu a subvención, como mínimo durante dous anos.
O IVE non será subvencionable na medida en que sexa recuperable da Facenda pública.
Artigo 6º.- Criterios de valoración.
As axudas concederanse con base nos criterios de valoración que de seguido se indican:
1. Porcentaxe da superficie do concello incluído na Rede Natura 2000:
Superficie dos concellos:
* Cando a superficie do concello sexa menor do 30% da superficie: 30 puntos.
* Cando a superficie do concello sexa entre o 30% e o 60% da superficie: 40 puntos.
* Cando a superficie do concello sexa maior do 60% da superficie: 50 puntos.
2. Informe do Servizo Provincial de Conservación da Natureza en que se determine o alcance e contido das repercusións ambientais da acción do proxecto:
a) Alcance e incidencia das repercusións ambientais da acción, ata 25 puntos.
b) Contido e beneficios xerais e sociais do proxecto ou actividade, ata 25 puntos.
Artigo 7º.- Baremación.
1. As axudas solicitadas serán baremadas segundo os criterios xerais de valoración establecidos no artigo 6º desta orde e unicamente se terán en conta aquelas que acaden unha puntuación igual ou superior a 65 puntos.
2. A puntuación máxima que poderán acadar os solicitantes da axuda é de 100 puntos. Os puntos acadados na baremación transformaranse nunha porcentaxe equivalente ao correspondente da subvención.
3. A dispoñibilidade orzamentaria asignada a esta convocatoria limitará o número de expedientes que se aprobasen. Neste senso, ordenaranse os investimentos solicitados de acordo cos criterios do baremo indicado, aprobándose estes investimentos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento.
Artigo 8º.- Solicitudes.
1. As entidades deberán solicitar as axudas no modelo que se xunta como anexo I a esta orde, modelo que estará ao dispor dos interesados nas delegacións provinciais da consellería, así como na Dirección Xeral de Conservación da Natureza, mesmo tamén a poderán acadar na páxina web desta consellería:
http://medioambiente.xunta.es/formularios.jsp
2. Co fin de facilitar que se cubran as solicitudes, poderanse encherse directamente nos formularios publicados na páxina web, imprimíndoos ulteriormente para os efectos da súa presentación. Así mesmo, tamén poderán cubrirse á máquina ou á man, pero neste último caso con caracteres lexibles.
Artigo 9º.- Prazo de presentación de solicitudes.
As solicitudes de subvención irán dirixidas ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e presentaranse, debidamente asinadas por duplicado, nas delegacións provinciais, directamente ou ben na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 10º.- Documentación.
1. Xunto coa solicitude, en orixinal ou debidamente compulsada, deberase presentar a seguinte documentación:
* Certificación expedida polo secretario do concello relativa á resolución adoptada polo órgano local competente na cal dispón solicitar a subvención regulada na presente orde.
* Memoria explicativa da acción ou adquisición que se vai realizar e para a cal se solicita axuda.
* Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou percibidas para a mesma finalidade de calquera Administración pública ou entidades dependentes.
Artigo 11º.- Órganos de xestión e resolución.
1. A avaliación da documentación presentada xunto coa solicitude realizarana os servizos de Conservación da Natureza das delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
2. Se a solicitude de subvención non reúne algún dos requisitos exixidos nesta orde, o servizo provincial requirirá ao solicitante para que, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da recepción do requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, indicándolle, que se non o fixer, se poderá considerar desistido da súa petición e arquivala sen máis trámites, de acordo co disposto no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
3. Os servizos de Conservación da Natureza das delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible remitirán os expedientes xunto co seu informe á Dirección Xeral de Conservación da Natureza no prazo máximo de 45 días naturais, contados a partir da data límite de presentación das solicitudes. No informe determinarase o alcance e contido das accións propostas e da súa viabilidade.
4. Os expedientes serán valorados por unha comisión de avaliación creada para tal fin. Esta comisión será presidida polo director xeral de Conservación da Natureza ou persoa en que delegue. Ademais, serán membros da devandita comisión o subdirector xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade e o xefe do Servizo de Conservación de Espazos Naturais nos servizos centrais; o xefe da Sección de Conservación de Ecosistemas actuará como secretario. Se algún dos seus membros non puider participar nunha sesión, por calquera causa, será substituído por un funcionario da dirección xeral para o efecto designado polo seu titular.
5. A comisión de avaliación elevará as súas propostas de resolución ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a quen lle corresponderá ditar a resolución do procedemento.
6. A proposta de resolución fará mención aos solicitantes para os cales se propón a concesión da subvención e a contía desta de modo individualizado, especificándose a súa avaliación segundo a aplicación dos criterios seguidos para efectuala. As solicitudes para as cales se propoña a súa denegación relacionaranse con indicación da súa causa, segundo o disposto no artigo 9.5º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 12º.- Prazo de resolución.
1. O prazo máximo en que se debe notificar a resolución será de 5 meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se dite e notifique a resolución posibilitará que os interesados poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo, sen prexuízo da obriga de resolver expresamente, conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999.
3. Na resolución que se dite especificaranse os gastos subvencionables, a porcentaxe de subvención, o importe da subvención concedida, os prazos de execución e as condicións xerais e particulares da subvención.
Artigo 13º.- Recursos.
A resolución do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no de tres meses desde que a entenda desestimada por silencio administrativo; ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución for expresa, ou seis meses desde que a entenda desestimada por silencio administrativo, de acordo co disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, e o artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Artigo 14º.- Publicidade.
1. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, do programa e o crédito orzamentario a que se imputan, da beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade ou finalidades da subvención.
Así mesmo, publicarase no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da consellería unha relación que conteña os aspectos indicados no artigo 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999.
2. O beneficiario terá a obriga de publicitar a axuda concedida en toda actividade subvencionada durante a realización desta, así como nos anuncios e programas previos, de ser o caso, á súa realización e, de ser o caso, nas publicacións.
Tamén deberá pór un cartel, en lugar ben visible, preferentemente no acceso ao recinto, no caso das subvencións concedidas para investimentos materiais.
Artigo 15º.- Aceptación.
Unha vez resolta favorablemente a solicitude de axuda, o beneficiario disporá dun prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da recepción da notificación para lle remitir á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible un escrito de aceptación da axuda (anexo II), entendéndose, no caso contrario, que o beneficiario renuncia a esta.
Artigo 16º.- Modificación da resolución de concesión.
Toda alteración nas condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, de acordo co disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Artigo 17º.- Compatibilidade.
As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades, sempre que a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos.
Artigo 18º.- Xustificación e aboamento.
Unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade, o beneficiario deberá solicitar o aboamento do importe da axuda logo da xustificación, en documentación orixinal ou copia compulsada, segundo os casos.
1. No caso de publicacións e de estudos, o solicitante deberá achegar 3 copias en formato papel e tres en formato dixital (páxina web, pdf, dvd, cd, etc.).
2. No momento da xustificación da execución total do proxecto, con anterioridade ao pagamento, o beneficiario deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.
3. A xustificación do investimento obxecto de axuda deberase realizarse segundo o disposto na alínea 2.c do artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia .
4. A data máxima para a xustificación será ata o 30 de setembro de 2007.
5. Se o custo xustificado da actividade ou investimento for inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda pero diminuirase proporcionalmente o seu importe.
Artigo 19º.- Crédito.
1. A presente orde financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.541-B-760.3 (código de proxecto 2007 00640) «axudas a concellos Rede Natura 2000», por un importe de 1.000.000 de euros dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2007.
2. Os devanditos importes iniciais poderanse incrementar con achegas adicionais tras a oportuna tramitación orzamentaria.
Artigo 20º.- Control das actividades subvencionadas.
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible poderá, en calquera momento, inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para os cales foron concedidas. En consecuencia, os servizos da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible poderán facer visitas e inspeccións nos lugares onde se realizasen as actividades, mesmo con carácter previo á concesión das axudas, para comprobar a súa adecuación á normativa vixente, así como solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a axeitada execución das actividades que fosen obxecto das axudas.
Artigo 21º.- Obriga de facilitar información.
1. Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, os beneficiarios das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lles requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles requira calquera órgano comunitario de inspección ou control.
2. Os beneficiarios deberán conservar, para os efectos de comprobación e control, os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos polo menos durante cinco anos desde o último pagamento.
Artigo 22º.- Reintegro.
1. Os beneficiarios destas subvencións deberán reintegrar total ou parcialmente a axuda pública recibida, cos xuros de demora, no caso de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, así como nos supostos de incumprimento da obriga de xustificación, de obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, e de incumprimento da finalidade para a cal foi concedida, conforme o artigo 19 do Decreto 287/2000, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas na Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 78.10º do Decreto lexislativo 1/1999, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
2. Aos beneficiarios destas axudas seralles de aplicación, nos seus propios termos, o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións establecido no artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
Disposicións adicionais
Primeira.- A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible poderá reproducir, almacenar e distribuír por calquera medio, electrónico, en soporte papel ou outros semellantes, a información obtida e os traballos subvencionados mediante a presente orde de convocatoria de axudas, citando as fontes dos titulares dos dereitos da propiedade intelectual.
Segunda.- No caso de que, atendidas as solicitudes presentadas nesta convocatoria, haxa un remanente de crédito, poderase reabrir o prazo, tantas veces como se coide oportuno, ata esgotar a consignación orzamentaria, por orde publicada no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de novas solicitudes.
Terceira.- A presente convocatoria de axudas tramítase de acordo co establecido na Orde do 11 de febreiro de 1998, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2007.
Disposicións derradeiras
Primeira.- Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento do establecido nesta orde.
Segunda.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2006.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
ANEXO II - Compromiso de execución do proxecto
D/Dª/entidade/asociación/empresa.
..., con DNI...
Acepta a subvención que polo importe de... euros lle foi concedida ao amparo da Orde do... de... de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a actividades de divulgación, formación educativa e estudos técnicos para os concellos incluídos na Rede Natura 2000, así como a súa convocatoria para 2007.
Para a realización da subvención...
Número de expediente:...
E expresa o seu compromiso de executalo.
En..., ... de... de 2007.
(Sinatura)

Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS