Diario Oficial de Galicia, 08-08-2007, Núm. 113, Páx. 13512
Resolución do 18 de xullo de 2007, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se fai pública a concesión de axudas ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2006 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 18 de decembro) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a actividades de divulgación, formación educativa e estudos técnicos para os municipios incluídos na Rede Natura 2000, así como a súa convocatoria para 2007.
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible resolveu a publicación, no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da consellería, da relación das subvencións concedidas no ano 2007 ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2006 (DOG nº 241, do 18 de decembro) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a actividades de divulgación, formación educativa e estudos técnicos para os municipios incluídos na Rede Natura 2000, así como a súa convocatoria para 2007. Segundo se establece na resolución do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible do 1 de decembro de 2006, considéranse denegadas o resto das solicitudes; ben por non acadar a puntuación mínima na baremación, ben porque se se conseguiu a puntuación mínima, esgotouse o crédito dispoñible segundo o disposto no artigo 8º da orde ou ben por incumprimento do establecido na mesma orde.
Ademais, en cumprimento do artigo 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999 e da Orde do 1 de decembro de 2006, publícanse no anexo as solicitudes concedidas.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2007.
Xosé Benito Reza Rodríguez
Director xeral de Conservación da Natureza
Ver referencia pdf "15300D010P076.PDF"
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL
AXUDAS E SUBVENCIÓNS