O proxecto require unha abordaxe multidisciplinar e interinstitucional que integre a información, os coñecementos e a experiencia acumulados en diversas institucións e centros de investigación, e que permita a determinación de evidencias e impactos nos ámbitos terrestre e mariño.
Dende esta perspectiva, o proxecto contempla os seguintes ámbitos ou áreas de estudo:
- Grupo de Traballo de Meteoroloxía e Clima
Xustificación
O principal obxectivo de este grupo de traballo e o estudo da evolución do clima en Galicia, partindo da análise das tendencias observadas nos últimos anos e súa probable evolución baixo distintos escenarios climatolóxicos.
Deste xeito, analizaranse as tendencias observadas ata o momento actual e a súa modelización futura nas principais variables meteorolóxicas (temperatura, precipitación...), nalgúns índices derivados de especial interés (balance hídrico, índice de seca...) e nos principais índices de teleconexión (NAO, EA...)
A caracterización das tendencias observadas no clima actual é especialmente importante por ser a evidencia máis directa da existencia do cambio climático en Galicia, facilmente comparable con outros estudos realizados a distintas escalas espaciais. A existencia de tales tendencias é, ademais, unha das premisas das que parten moitos dos traballos deste proxecto. Por todo esto, o estudo das tendencias en temperatura e precipitación farase moi pormenorizado, partindo dun conxunto de series revisadas exhaustivamente para garantir a calidade dos seus rexistros diarios e a homoxeneidade dos seus valores mensuais.
Por outra banda, a modelización dos escenarios futuros, tanto nas variables puramente meteorolóxicas utilizadas neste apartado coma aquelas usadas noutros puntos do proxecto, parten da execución dun modelo climático que adaptarase a Galicia cunha resolución espacial de 25 km.
Os productos finais desde grupo de traballo serán: i) informe técnico (un por cada contido), con estructura de capítulo de libro científico/divulgativo; ii) resumen executivo con recomendacións finais; iii) base de datos diarios revisados de rexistros históricos de precipitación e temperatura e iv) saída do modelo climatolóxico para distintas variables.
Institucións participantes
- Meteogalicia – CINAM. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento sostible (CMADS).
- Universidade de Santiago de Compostela (USC).
- Universidade de Vigo (UVI).
Coordinadores
- Raquel Cruz Guerrero (Meteogalicia, CMADS).
Contidos
Tendencias observadas en variables meteorolóxicas (Temperatura e precipitación. Días de neve). Analizarase a evolución de valores medios (ou acumulados no caso da precipitación) e a frecuencia de valores extremos en distintas escalas temporais (anual, estacional, mensual). Responsables: Raquel Cruz, Ángeles Lago, Santiago Salsón e Ana Lage (Grupo de Clima, Meteogalicia)
Tendencias observadas en índices meteorolóxicos (balance hídrico, índice de seca, olas de calor). Responsables: Francisco Díaz-Fierros (USC). Grupo de clima de Meteogalicia.
Tendencias observadas en índices de teleconexión (NAO, EA, etc). Responsables: Juan Taboada (Meteogalicia), Nieves Lorenzo (UVI) y Luis Gimeno (UVI).
Modelización de escenarios futuros. Analizarase a evolución futura de tódalas variables nas que se analizou a existencia de tendencias recentes en apartados anteriores (Variables meteorolóxicas: Temperatura y precipitación. Días de neve. Índices meteorolóxicos. Índices de teleconexión). Responsables: Gonzalo Míguez (USC). Grupo de Clima de Meteogalicia.
- Grupo de Traballo de medio terrestre
Xustificación
Este grupo terá como obxectivos fundamentais no relativo ás evidencias do Cambio Climático en Galicia o estudo da posible evolución dos índices bioclimáticos máis significativos, así como de aquelas variables climáticas e hidrolóxicas ou edáficas que presenten unha mayor influencia sobre a distribución e comportamento dos ecosistemas terrestres. Por outra parte as evidencias biolóxicas que se poidan identificar como resultado do Cambio Climático seran tamen analizadas. O período de análise temporal dos índices e variables climáticas será prioritariamente o comprendido entre a década dos setenta e a actualidade pois existe un amplo consenso de que entre esas datas sitúanse os cambio máis evidentes , ao tempo que corresponde ao tempo no que as series de datos son máis amplas e consistentes. En algúns casos concretos o período poderá ampliarse ata os comezos do século vinte e, sobre todo, no relativo aos datos paleoclimáticos ao Holoceno recente e,mesmo, ata a saída da última glaciación. Dentro deste grupo e como un caso de singular importancia se estudarán tamén as repercusións posibles do Cambio Climático sobre a saúde humana. No relativo aos impactos, os datos de partida serán os que fornezan o grupo de Meteoroloxía sobre as previsións climáticas en Galicia para os finais do século vinteún. Con eses datos, tentarase continuar a evolución previsible dos índices y varaibles significatibas bioloxicamente para a partir delas poder inferir a súa influencia sobree a distribución e comportamento dos ecosistemas terretres e a saúde humana.
A caracterización das tendencias observadas no clima actual é especialmente importante por ser a evidencia máis directa da existencia do cambio climático en Galicia, facilmente comparable con outros estudos realizados a distintas escalas espaciais. A existencia de tales tendencias é, ademais, unha das premisas das que parten moitos dos traballos deste proxecto. Por todo esto, o estudo das tendencias en temperatura e precipitación farase moi pormenorizado, partindo dun conxunto de series revisadas exhaustivamente para garantir a calidade dos seus rexistros diarios e a homoxeneidade dos seus valores mensuais.
Por outra banda, a modelización dos escenarios futuros, tanto nas variables puramente meteorolóxicas utilizadas neste apartado coma aquelas usadas noutros puntos do proxecto, parten da execución dun modelo climático que adaptarase a Galicia cunha resolución espacial de 25 km.
Os productos finais desde grupo de traballo serán:
i) informe técnico (un por cada contido), con estructura de capítulo de libro científico/divulgativo;
ii) resumen executivo con recomendacións finais;
iii) base de datos diarios revisados de rexistros históricos de precipitación e temperatura e
iv) saída do modelo climatolóxico para distintas variables.
Institucións participantes
- Universidade de Santiago de Compostela.
- Centro Forestal de Lourizán (CMMA).
- Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (CSIC)
Coordinadores
Francisco Díaz-Fierros Viqueira (USC).
José Antonio Vega Hidalgo (Centro Forestal de Lourizan).
Pablo Ramil Rego (USC).
Contidos
Marco paleoambiental. Evidencias dos cambios ecolóxicos e climáticos desde a última glaciación a partir das análises dos indicadores paleoambientais. Responsable P. Ramil.
Indicadores climáticos. Análise das series temporais (1970-2005) correspondentes ás variables cunha maior incidencia sobre a distribución e comportamento dos ecosistemas terrestres. Responsable F. Díaz-Fierros
Indices bioclimáticos e fenoloxía. Análise das series temporais (1970-2005) corre
- Grupo de Traballo en Oceanografía e Medio Peláxico
Xustificación
Este grupo de traballo analizará as evidencias e impactos a longo prazo do cambio climático nos ecosistemas mariños de Galicia, centrándose nos seguintes aspectos:
Clima marítimo: condicións oceanográficas.
Diversidade, composición e producción das comunidades planctónicas.
Recursos explotables: pesca extractiva, marisqueo e acuicultura.
Abordarase o estudio particularizado das tendencias interanuais en resposta ó cambio climático de once contidos seleccionados pola súa sensibilidade, relevancia, facilidade de cuantificación e influencia directa sobre os sectores críticos. O ámbito xeográfico do estudio comprenderá as augas mariñas máis próximas a Galicia, incluíndo estuarios, rías, plataforma continental e augas oceánicas adxacentes. O estudio centrarase nas características fisicoquímicas da auga mariña e nos organismos que reciben a súa influencia directa, especificamente o plancto e peces peláxicos, anque tamén se tratarán os organismos cultivados extensivamente e os que son obxecto de marisqueo en parques de cultivo.
Os productos finais desde grupo de traballo serán:
i) informe técnico (un por cada contido1), con estructura de capítulo de libro científico/divulgativo, que inclúa as evidencias actuais e os impactos probables nos escenarios climáticos previstos para o 2070-2100.
ii) resumen executivo con recomendacións finais.
iii) base de índices oceanográficos do cambio climático e base de metadatos empregados no estudio.
Institucións participantes
- Centro de Investigacións Mariñas (CIMA).
- Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (CEPAM-R).
- Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC).
- Instituto Español de Oceanografía (IEO).
- Universidade de Vigo (UVI).
Coordinadores
Xosé Antón Álvarez Salgado (Dpto. de Oceanografía, CSIC)
Antonio Bode Riestra (Centro Oceanográfico de A Coruña, IEO).
Contidos
Marco climático mariño de Galicia na era preindustrial (variabilidade e tendencias da temperatura superficial e a composición do plancto no holoceno). Responsable: Guillermo Francés Ferraz (Dpto. de Xeociencias e Ordenación do Territorio, UVI).
Índices climáticos mariños (índices climáticos e específicos do océano obtidos mediante rexistro instrumental). Responsable: Manuel Ruiz Villareal (Centro Oceanográfico de A Coruña, IEO).
Hidrografía e dinámica (variabilidade da temperatura, salinidade e correntes). Responsable: Gabriel Rosón Porto (Dpto. de Física Aplicada, UVI).
Fertilización e acidificación (variabilidade química das augas da plataforma continental e as rías). Responsable: Carmen G. Castro / Aida F. Ríos (Dpto. Oceanografía, CSIC).
Fitoplancto (biomasa, taxonomía e producción). Responsable: Manuel Varela (Centro Oceanográfico de A Coruña, IEO) e Francisco G. Figueiras (Dpto. de Oceanografía, CSIC).
Zooplancto (biomasa e taxonomía). Responsable: Antonio Bode (Centro Oceanográfico de A Coruña, IEO).
Peces (aparición e desaparición de especies). Responsable: Rafael Bañón (CEPAM-R).
Marisqueo (análise de capturas, de episodios de elevada mortalidade e límites de tolerancia en especies de especial interese comercial). Responsables: José Molares e Juan Blanco (CIMA).
Acuicultura do mexillón (análise do índice de condición, períodos de cerre de polígonos e límites de tolerancia). Responsable: María José Fernández Reiriz (Dpto. de Biotecnoloxía e Acuicultura, CSIC).
Sardiña (análise de tendencias nas capturas a escala rexional e de Galicia, estudio das relacións cos factores climáticos e oceanográficos). Responsables: Carmela Porteiro y Begoña Santos (Centro Oceanográfico de Vigo, IEO).
Polbo (análise de tendencias nas capturas a escala rexional e de Galicia, estudio das relacións cos factores climáticos e oceanográficos). Responsable: Ángel Guerra (Departamento de Recursos e Ecoloxía Mariña, CSIC).
- Grupo de Traballo en Economía
Xustificación
Preténdese realizar unha valoración económica dos posibles efectos do cambio climático sobre dous sectores produtivos galegos de notable relevancia económica: as actividades asociadas ao turismo e á pesca extractiva.
Institucións participantes
- Universidade de Vigo (UVI).
Coordinadores
- Mª Dolores Garza Gil (Dpto de Economía Aplicada, UVI)
Contidos
Turismo (variación esperable no fluxo turístico a Galicia en función do datos climatolóxicos obtidos. A poboación a estudar mediante unha mostra estatisticamente representativa será a Comunidade Autónoma de Madrid mercado orixe principal dos principais clientes turísticos de Galicia). Responsables: Mª Xosé Vázquez Rodríguez e Albino Prada Blanco (Dpto. de Economía Aplicada, UVI).
Pesca (perda (incremento) nos ingresos esperados na pesqueira estudada, a perda (incremento) no valor engadido xerado e, xa que logo, a perda (ganancia) de renda económica). Responsables: Mª Dolores Garza Gil e Manuel M. Varela Lafuente (Dpto. de Economía Aplicada, UVI).
