O programa de Seguimento e Control de cianobacterias se realiza de forma coordinada pola Consellería de Medio Ambiente (a través do ROAGA-LMAG), Augas de Galicia, e a Consellería de Sanidade.
A unificación de criterios e a coordinación de esforzos destes tres organismos permitiu a mellora progresiva dos protocolos aplicados.
ROAGA-Seguimento dos encoros da Demarcación Galicia Costa.Control continuo de todos os encoros destinados de forma directa ou indirecta a abastecemento co obxectivo de realizar unha detección temperá da aparición das cianobacterias. A periodicidade dos controis ven determinada polas características e dinámica de cada encoro así como pola meteoroloxía.
Aguas de Galicia. Detección de indicios de proliferación nos encoros e comunicación de resultados as empresas xestoras do abastecemento e a Consellería de Sanidade.
Conselleria de Sanidade.Vixilancia sanitaria dos abastecementos de augas de consumo humano.
Establecemento de controis de presenza de cianotoxinas por parte dos xestores. No caso de detectarse, activación dos tratamentos para a eliminación de microcistina previstos para cada abastecemento.
Supervisión de todos estes procedementos.
Novo Protocolo de Seguimento e Control
No ano 2007 o ROAGA elaborou un Protocolo de Seguimento baseado nas directrices da Organización Mundial da Saúde e a Universidade Autónoma de Madrid. Dito protocolo que establecía tres niveis de actuación (Vixilancia, Alerta 1 e Alerta 2) foi modificado e simplificado no 2012.
Son varias as razóns que xustifican e motivan esta modificación:
Os recontos de cianobacterias estimadas nas análises non sempre reflicten os aumentos ou descensos reais da cianobacteria no encoro. As correntes, o vento, e a propia mobilidade das células poden provocar que as cianobacterias se acumulen nun punto, que se dispersen, ou que a concentración aumente moito nunha zona pero diminúa en outra. Polo tanto, os valores rexistrados nas mostraxes poden en algún caso non ser representativos da realidade.
A clorofila e a concentración de cianobacterias non constitúen unha medida directa do risco da presenza da toxina, son só unha forma de avaliar a dinámica da proliferación.
O risco potencial da aparición da toxina na auga existe dende que se inicia a proliferación ata o seu remate.
Por estas razóns, establecer tres niveis da alerta en función da clorofila e a concentración de cianobacterias non e sinxelo, e considérase moito más axeitado simplificar o modelo, diferenciando unicamente dúas situacións: “Estado de normalidade” (non existe proliferación e por tanto non existe risco de toxicidade) e “Estado de Alerta” (existencia de proliferación).
A transición a “Estado de Alerta” se produce nas seguintes situacións:
a) Concentración de cianobacterias >2000 cel/ml en calquera de os puntos de captación directa existentes no sistema. Dita concentración e o valor mais restritivo que marca a OMS nos seos documentos.
b) Concentración de cianobacterias >50000 cel/ml nos encoros sen captación directa pero situados augas arriba das mesmas.
c) Por criterio de experto, independentemente de que non se alcancen os valores anteriores.
* Tendo en conta a alta variabilidade destas medidas, para que se produza a transición do Estado de Normalidade a Estado de Alerta, cando o umbro marcado se supera de xeito marxinal, é necesario que a tendencia sexa verificada con al menos dous controis consecutivos.
Cando se detecta o “Estado de Alerta” procédese a dar aviso a Augas de Galicia, que a súa vez se coordina coa Consellería de Sanidade e as empresas xestoras do abastecemento.
Tras isto, o ROAGA-LMAG continúa realizando mostraxes periódicas para seguir a evolución das proliferacións (en base a dinámica da concentración de clorofila e a abundancia das cianobacterias), comunicando a Augas de Galicia calquera outro aspecto que poda ser relevante ao longo do seu desenvolvemento (picos de especial magnitude, etc.) así como o final do episodio cando a proliferación remite.
