Resolución do 9 de xuño de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. a 132 kV Subestación P.E. Álabe-Montemaior Norte ata L.A.T. aérea existente 132 kV Mondoñedo-Montouto e derivación á Subestación P.E. Álabe-Montemaior Sur, no concello de Abadín (Lugo), promovido por Acciona Eólica de Galicia, S.A.

Diario Oficial de Galicia, 28-06-2004, Núm. 123, Páx. 9192
Resolución do 9 de xuño de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. a 132 kV Subestación P.E. Álabe-Montemaior Norte ata L.A.T. aérea existente 132 kV Mondoñedo-Montouto e derivación á Subestación P.E. Álabe-Montemaior Sur, no concello de Abadín (Lugo), promovido por Acciona Eólica de Galicia, S.A. En cumprimento do disposto no artigo 5º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 16 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. a 132 kV Subestación P.E. Álabe-Montemaior Norte ata L.A.T. aérea existente 132 kV Mondoñedo-Montouto, e derivación á Subestación P.E. Álabe-Montemaior Sur, no Concello de Abadín (Lugo), promovido por Acciona Eólica de Galicia, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución. Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2004. Ramón Ordás Badía Director xeral de Industria, Enerxía e Minas Declaración de impacto ambiental Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sen prexuízo do disposto no artigo 6.4º do Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres considera, se é caso, que se deberán cumprir as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última. 1. Ámbito da declaración. Esta declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, de simple circuíto e 2.390 m de lonxitude total, con illadores e cable de terra OPGW, sobre apoios metálicos de celosía, para interconexión das subestacións dos parques eólicos Álabe-Montemaior Norte e Álabe-Montemaior Sur coa liña eléctrica existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto. A traza discorrerá polo concello de Abadín (Lugo), segundo o reflitido no plano de emprazamento da L.A.T. número 2. Agosto 2002 do estudo de impacto ambiental, sendo as coordenadas UTM dos 12 apoios previstos as que figuran no dito estudo. 2. Condicións xerais. 2.1. Protección das augas e leitos fluviais. Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e/ou policía dos cursos de auga (en especial o cruzamento de leitos), así como calquera captación e/ou vertedura, precisará da autorización do órgano de conca competente en cada caso, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas. 2.2. Sobre a vexetación. Previamente á corta de arbolado realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo proceda, conforme o disposto no Regulamento de montes. 2.3. Sobre a integración paisaxística. Se os afloramentos rochosos existentes na zona tiveran interese xeomorfolóxico ou paisaxístico deberán ser preservados. Levarase a cabo o proxecto de restauración incluído no estudo ambiental, tendo que garantirse o mantemento da revexetación ao longo do tempo, para o que se efectuará un seguimento da súa efectividade e se adoptarán as medidas correctoras oportunas no caso de que se detecten dificultades para o desenvolvemento da revexetación. Na fase de desmantelamento e abandono da liña, unha vez rematada a súa vida útil, levaranse a cabo todas as actuacións necesarias para recuperar a situación preoperacional da zona ocupada pola instalación, conforme o proxecto de restauración presentado, incluíndo a revexetación das zonas afectadas pola desmontaxe. 3. Condicións específicas. 3.1. Para as fases de obra e funcionamento. 3.1.1. Sobre a avifauna. Respecto da avifauna, na fase de obras, ademais de comprobar a adopción das medidas de deseño recollidas en proxecto e a colocación de dispositivos salvapaxaros proposta no estudo ambiental, prestarase especial atención ao desenvolvemento da campaña de detección de rapaces nidificantes proposta no plan de seguimento de avifauna, que se prolongará o tempo necesario para verificar a presenza ou non de efectivos reprodutores. Na fase de explotación da liña levarase a cabo o plan de seguimento proposto no estudo ambiental, co fin de detectar se se producen colisións e/ou electrocucións de aves co tendido. Así mesmo, en ambas as dúas fases, de ser o caso, levarase a cabo o plan de vixilancia da posible aparición de efectos acumulativos e/ou sinérxicos sobre as poboacións de aves, en especial das aves rapaces, de acordo co estudo de sinerxias e plan de vixilancia incluídos no estudo ambiental. 3.2. Protección do patrimonio cultural. Previamente ao inicio das obras elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que se recollerá: - A sinalización, na fase previa ao inicio das obras, dos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxicos como etnográficos), de acordo co estudo de impacto arqueolóxico. - O control e seguimento arqueolóxico das obras e movementos de terras, de acordo coas medidas correctoras recollidas no dito estudo. - Como anexo ao proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía que emprege o persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión. En relación co impacto severo do apoio nº 2 sobre o punto arqueolóxico PU000727P03, previamente ao inicio das obras de instalación do dito apoio deberán realizarse as sondaxes arqueolóxicas previas sinaladas no estudo de impacto arqueolóxico, debendo presentarse os resultados das ditas sondaxes conforme o requirido no punto 4.2 da DIA. A apertura e limpeza da rúa no contorno das entidades patrimoniais deberase realizar con medios manuais e baixo control arqueolóxico. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia. 4. Documentación adicional. Previamente ao inicio das obras sinaladas en cada caso, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen lle dará traslado a esta Dirección Xeral para a súa valoración e, se procede, imposición das medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, a documentación que se cita a seguir: 4.1. Previamente ao inicio do conxunto das obras da liña, presentarase unha copia da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a realización do proxecto de control e seguimento arqueolóxico das obras, conforme o indicado no punto 3.2 da DIA. 4.2. Previamente ao inicio das obras de instalación do apoio nº 2, presentaranse dous (2) exemplares dos resultados das sondaxes arqueolóxicas previas á instalación do dito apoio, en relación co impacto sobre o punto arqueolóxico PU000727P03, conforme o establecido no punto 3.2 da DIA. Unha vez avaliada a antedita documentación remitiráselle ao promotor, a través do órgano substantivo, o resultado da dita avaliación, non podendo proceder ao inicio das obras ata que conte co informe favorable desta Dirección Xeral sobre a documentación requirida. Unha vez informado favorablemente por esta dirección xeral o cumprimento dos puntos anteriores, o promotor comunicará ao órgano substantivo a data de inicio das obras e remitiralle, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, o cronograma estimado de obras, no que figuren todas as actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista. 5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental. O obxecto deste programa é o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras consideradas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudo ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas. No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicaráselle inmediatamente ao órgano substantivo, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo poñerá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Tendo en conta o anterior, o promotor remitiralles ao órgano substantivo, coa periodicidade indicada, a seguinte documentación: 5.1. Ao final das obras, comunicarase a data de posta en servizo da liña e presentarase, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo: a) Definición das incidencias e/ou imprevistos acontecidos durante a realización das obras e solucións adoptadas, en relación a todos os aspectos considerados no condicionado da DIA e no plan de vixilancia proposto no estudo ambiental, así como descrición detallada do estado final da área afectada. De ser o caso, incluirase o informe de resultados do plan de vixilancia de efectos sinérxicos proposto no estudo ambiental. b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os apoios, estado da rúa de seguridade, limpeza da área, zonas onde se adoptaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización. c) Plano as built, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, onde se reflitan todas as accións de obra realizadas e os distintos elementos implantados, así como as zonas onde se efectuaron medidas protectoras e/ou correctoras. 5.2. Informe de seguimento ambiental, de periodicidade semestral durante os dous primeiros anos de explotación da liña e anual nos seguintes, tendo en conta que á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos ou ben a proposta motivada do promotor, poderase modificar o contido dos sucesivos informes ou a frecuencia dos controis e informes que se vaian realizar. Este informe incluirá, como mínimo, o seguinte contido: a) Resultados do plan de seguimento de avifauna e informe de seguimento dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos, conforme o sinalado no punto 3.1.1 da DIA. b) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se recollan os resultados das actuacións de integración paisaxística efectuadas, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado da rúa de seguridade, labores de mantemento realizados, etcétera. Detallaranse os controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas) para verificar a eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización. 5.3. Informe previo ao abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación da liña, remitirase un cronograma estimado das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación, acompañado, se é o caso, dun informe indicando as posibles variacións respecto do previsto no plan de desmantelamento, xunto coa súa xustificación. 5.4. Informe posterior ao abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono da liña, remitirase un informe que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflita o estado final da área unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación. 6. Condicións adicionais. 6.1. O promotor poderá solicitarlle ao órgano ambiental, a través do órgano substantivo, a revisión das medidas indicadas nesta DIA, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, e sempre e cando se propoñan novas medidas que permitan acadar os obxectivos e fins que se indican nesta declaración. Esta solicitude remitirase, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas, no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada esta DIA polo órgano substantivo, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto. 6.2. Co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo, quen o comunicará ao órgano ambiental. 6.3. Previamente ao inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental. Proponse como importe do aval, que será actualizable e deberá fixar o órgano substantivo, a cantidade de trinta e oito mil catrocentos setenta e catro euros con setenta e catro céntimos (38.474,74 euros), correspondente ao orzamento de execución por contrata dos labores de restauración nas fases de obra (5.344,22 euros) e desmantelamento (33.130,52 euros) da liña eléctrica. 6.4. Ante unha manifestación de calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, o órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar para os sós efectos ambientais, condicionados adicionais aos que constan nesta DIA. ANEXO I Resumo do proxecto A liña eléctrica prevista, a 132 kV en simple circuíto, conectará a subestación do Parque Eólico Álabe-Montemaior Norte coa liña eléctrica existente a 132 kV Mondoñedo-Montouto (á altura do seu apoio nº 62), mediante un tramo de 2.307 m de lonxitude sobre 12 apoios metálicos de celosía. Así mesmo, conta cunha derivación (que parte do apoio nº 5) á subestación do Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur, de 83 m de lonxitude, permitindo así a evacuación da enerxía xerada nos dous parques eólicos indicados. A lonxitude total da traza é polo tanto de 2.390 m, discorrendo integramente polo concello de Abadín (Lugo). Disporá de condutores LA-180, con cadeas de illadores e cable de terra OPGW. Segundo a documentación avaliada, a vexetación na área de influencia da LAT está composta por brexeiras húmidas atlánticas en distintos estados de conservación (sometidas a pastoreo ou con plantacións recentes de piñeiro), repoboacións de piñeiro e en menor medida, prados e cultivos. ANEXO II: Resumo das medidas protectoras e correctoras propostas no estudo de impacto ambiental O estudo de impacto ambiental inclúe unha proposta ben desenvolvida de medidas protectoras e correctoras agrupadas por fases (obra e funcionamento), que se centran nos seguintes puntos: - Sobre a atmosfera, con medidas contra o ruído, emisión de po e gases e medidas para evitar os efectos causados polas voaduras (ruído, po e proxeccións de rochas). - Sobre o solo, detallando medidas xerais, localización de instalacións auxiliares, retirada e amoreamento de terra vexetal, xestión de residuos, control dos límites das zonas de obra, execución de accesos, control da compactación e medidas contra a erosión. - Sobre as augas, con medidas de control da formigonaxe e inspección visual das cabeceiras de regatos. - Sobre a vexetación, con medidas para as cortas e rozas, control de superficies, xestión de biomasa vexetal e proxecto de revexetación. - Sobre a avifauna, con medidas de deseño da liña acordes co Decreto 275/2001, e colocación de dispositivos salvapaxaros cada 10 m. - Sobre a paisaxe, con medidas para a localización de instalacións auxiliares, e proxecto de revexetación que recolle a fase de desmantelamento e abandono da liña. - Para a protección dos elementos do patrimonio cultural inclúese un anexo específico coas correspondentes medidas protectoras e control arqueolóxico. Inclúe así mesmo un completo plan de vixilancia e seguimento de todas as medidas propostas e plans de vixilancia específicos para a avifauna, efectos acumulativos e/ou sinérxicos e para comprobar os resultados do proxecto de revexetación.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res09062004.pdf Galego
res09062004.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles