Diario Oficial de Galicia, 20-09-2004, Núm. 204, Páx. 14249
Resolución do 9 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de Parque Eólico Fonteavia, nos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo (Pontevedra) e Avión (Ourense), promovido pola empresa Eurovento, S.L.
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 3 de agosto de 2004 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a declaración de impacto ambiental do Parque Eólico Fonteavia, nos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo (Pontevedra) e Avión (Ourense), promovido pola empresa Eurovento, S.L., que se transcribe como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2004.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas
Declaración de impacto ambiental.
Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.
Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, para os sós efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores.
As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que aporten unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, aportando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada a presente declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral.
1. Ámbito da declaración.
A presente declaración refírese ao proxecto do Parque Eólico Fonteavia tal e como vén descrito no estudo de impacto ambiental, e que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 49,4 mW de potencia total nos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo (Pontevedra) e Avión (Ourense), constituído por 38 aeroxeradores modelo Izar Bonus de 1.300 kW de potencia unitaria.
As poligonais que delimitan as actuacións previstas en cada unha das dúas fases nas que se dividiu o proxecto están definidas polas seguintes coordenadas UTM:
Poligonal 1ª fase.
Vértice X Vértice Y
554.500 4.689.000
557.250 4.690.250
557.250 4.689.000
558.250 4.689.000
559.000 4.688.000
559.000 4.684.000
558.250 4.684.000
557.000 4.687.500
556.000 4.687.500
556.000 4.688.750
Poligonal 2ª fase.
Vértice X Vértice Y
557.250 4.690.250
557.250 4.692.000
551.000 4.692.000
551.000 4.690.500
554.500 4.689.000
A localización dos aeroxeradores e infraestrutura asociada ao parque eólico será a que se recolle no plan Infraestruturas del Parque Eólico de Fonteavia. Plano núm. 4. Abril 2003, do estudo de impacto ambiental, agás para o indicado no punto 3.2.2 desta DIA.
Asemade, se co motivo do procedemento de autorización substantiva da 2ª fase fose necesario introducir algunha modificación significativa nas infraestruturas ou instalacións da dita fase respecto do establecido na presente DIA será preciso, para efectos ambientais, o informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
As coordenadas UTM dos aeroxeradores previstos en cada fase son as seguintes:
1ª fase.
Aeroxerador UTM X UTM Y
19 557.365 4.688.833
20 557.466 4.688.736
21 557.554 4.688.634
22 557.639 4.688.534
23 558.068 4.688.649
24 558.148 4.688.547
25 558.226 4.688.443
26 558.302 4.688.339
27 558.390 4.688.243
28 558.235 4.687.514
29 558.300 4.687.391
30 558.366 4.687.266
31 558.432 4.687.143
32 558.496 4.687.020
37 555.184 4.689.194
38 555.242 4.689.061
2ª fase.
Aeroxerador UTM X UTM Y
1 555.003 4.691.944
2 555.083 4.691.839
3 555.158 4.691.731
4 555.224 4.691.619
5 555.290 4.691.508
6 555.368 4.691.387
7 555.493 4.691.318
8 556.354 4.691.945
9 556.393 4.691.779
10 556.427 4.691.614
11 555.857 4.691.155
12 555.932 4.691.048
13 556.010 4.690.937
14 556.038 4.690.733
15 556.093 4.690.526
16 556.130 4.690.358
17 556.183 4.690.187
18 556.271 4.690.068
33 555.068 4.689.672
34 555.086 4.689.480
35 555.125 4.689.329
36 555.184 4.689.194
2. Condicións xerais.
2.1. Protección da atmosfera.
Os camións de transporte de terras ou materiais que poidan xerar po deberán ir cubertos con lonas ou similar.
2.2. Protección das augas e leitos fluviais.
Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e/ou policía dos cursos de auga, así como calquera captación e/ou vertedura, precisará da autorización do órgano de conca competente en cada caso, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.
Á saída das drenaxes transversais e nos puntos onde a auga das cunetas se incorpore ao terreo, así como nos tramos de cuneta en zonas de elevada pendente, disporanse sistemas protectores e/ou de disipación de enerxía co fin de evitar fenómenos erosivos, deposición de sólidos ou asolagamentos.
Realizarase un control do correcto funcionamento dos dispositivos de drenaxe e disipación de enerxía, así como das condicións de incorporación das augas de drenaxe á rede natural, adoptando todas as medidas correctoras necesarias no caso de producirse este tipo de fenómenos.
Non se acumularán terras, entullos, material de obra nin calquera outro tipo de materiais nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga nin interferindo na rede natural de drenaxe, co fin de evitar a súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial.
2.3. Protección do solo.
No caso de ter que realizar voaduras, disporanse os medios necesarios (redes, lonas...) que eviten a proxección de fragmentos de rocha ao contorno. En calquera caso, se estes se producisen, deberán ser retirados da zona e depositados en lugar autorizado.
Con carácter xeral, non se efectuarán préstamos na zona, salvo xustificación previa. Nese caso, deberán ter a súa procedencia debidamente acreditada, tendo que restauralos ao finalizar a obra.
No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestrutura ou instalación preexistente debido ás labores de construción do parque, deberá restituírse a súa calidade aos niveis previos ao inicio das obras.
2.4. Protección da fauna.
Para levar a cabo os labores de corta e roza escolleranse datas fóra das épocas de nidificación e cría da fauna máis sensible a este tipo de actuacións, tomando as precaucións necesarias para garantir a súa tranquilidade.
No caso de instalar pasos canadenses para impedir o paso de gando, deberán adoptarse medidas que posibiliten o escape dos pequenos vertebrados que poidan caer ao foxo, que poden consistir, entre outras, nunha rampla de subida ou o foxo con laterais abertos.
2.5. Sobre a integración paisaxística.
Os afloramentos rochosos con interese xeomorfolóxico, botánico ou paisaxístico existentes na serra deberán ser respectados, sen que se vexan afectados polas obras.
2.6. Sobre o Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental.
O obxecto deste programa é o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudo ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.
No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente ao órgano substantivo, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo poñerá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Todas as medicións e/ou analíticas do programa de vixilancia deberán ser realizadas por entidade homologada ou acreditada, e os resultados deberán vir asinados por un técnico da dita entidade.
Asemade, co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un/s responsable/s do control deste, notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo.
3. Condicións específicas.
3.1. Fase previa ao inicio das obras.
1. Elaborarase un proxecto arqueolóxico, que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que se contemplen os traballos de control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico.
Asemade, tendo en conta a gran cantidade de elementos do patrimonio etnográfico (testemuñas do sistema de explotación gandeira tradicional) que lle confire especial singularidade á Serra do Suído, elaborarase un Plan de Revalorización e Posta en Valor do patrimonio etnográfico, que abranga desde o estudo integral do patrimonio da zona e labores de limpeza ata a consolidación e recuperación dos elementos máis significativos, así como unha adecuada sinalización e difusión. O dito plan terá que contar co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e desenvolverase na fase que a dita dirección xeral determine.
2. O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao medio e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.
Proponse como importe do aval, que deberá fixar o órgano substantivo, o 1% do investimento previsto, ascendendo á cantidade de 323.575,30 euros. A dita proposta poderá ser revisada se o promotor presenta un novo presuposto de execución por contrata dos labores de restauración asociadas á fase de obras de cada unha das dúas fases do parque, e no que se contemplen os labores de restauración relativas á subestación transformadora. Para a fase de desmantelamento e abandono do parque proponse que o órgano substantivo considere a necesidade ou non de fixar un aval que garanta a dita fase e, de considerar que non, substituílo por outros mecanismos acordados co promotor, todo iso no ámbito das competencias que posúe para fixar a contía do aval segundo o citado Decreto 455/1996.
3. No caso de coincidir o inicio das obras coas datas sinaladas no plan de vixilancia de avifauna, levarase a cabo a campaña previa de detección de parellas reprodutoras de aves rapaces, adoptando as medidas protectoras precisas en función dos resultados obtidos. O mesmo é de aplicación no caso do bufo real (Bubo bubo), de acordo coa proposta de estudo específico da especie na área de competencia do parque eólico, recollida na «Documentación complementaria ao estudo de impacto ambiental. P.E. Fonteavia. Marzo 2004».
3.2. Fases de replanteo e obra.
1. Levarase a cabo o proxecto de control e seguimento arqueolóxico a que se refire o punto 3.1.1 desta DIA. En base aos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que durante estas fases se revisarán os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.
2. Co fin de preservar a formación de breixeira húmida atlántica existente nas inmediacións do vial de acceso aos aeroxeradores 31 e 32, o dito vial executarase co trazado reflectido no plano «Modificado vial. Plano nº 02», do documento «Documentación complementaria ao estudo de impacto ambiental. P.E. Fonteavia. Marzo 2004».
Asemade, previamente á execución do citado vial procederase ao balizamento da formación de breixeira, co obxecto de sinalizar a súa presenza e previr calquera afección polo tránsito de maquinaria. A dita medida adoptarase tamén no piornal detectado no polígono 23 que figura na cartografía de vexetación, entre os aeroxeradores 33 e 34.
3. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental a que se refire o punto 2.6 desta DIA, con carácter trimestral durante a execución das obras o promotor presentará, perante o órgano substantivo, un informe de obras co seguinte contido mínimo:
a) Cronograma de obras actualizado, con todas as actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ao total. No cronograma figurará a data de actualización.
b) Resultados do plan de seguimento de avifauna e, se é o caso, da campaña previa de detección de parellas reprodutoras de aves rapaces, así como resultados do estudo específico do bufo real (Bubo bubo) detallando, se é o caso, as medidas protectoras ou correctoras adoptadas, de acordo co sinalado no punto 3.1.3 da DIA.
c) Informe onde se detallen, para aqueles indicadores ambientais que non teñan plans de seguimento específicos, os resultados dos controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia presentado (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, incidencias e/ou imprevistos acontecidos, labores de restauración efectuados, xestión dos residuos de obra, etcétera. O informe reflitirá o cumprimento da declaración en relación a todos os aspectos contemplados nela.
d) Informe de avance da obra, onde se describa o desenvolvemento dos traballos en relación a todos os compoñentes do proxecto. Acompañarase de reportaxe fotográfica (con indicación da data e hora nas fotografías e plano de puntos de toma) e plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflita a situación real das obras e a porcentaxe de execución de cada actividade.
3.3. Ao final da fase de obras.
1. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos o promotor presentará perante o órgano substantivo un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:
a) Informe onde se describa o desenvolvemento dos traballos dende a emisión do último informe de obras e o estado final do parque trala finalización destas, así como os controis ambientais e medidas protectoras e correctoras levadas a cabo, incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, destino dos sobrantes de terras, residuos de obra, etcétera. Descrición detallada do estado final da área afectada en relación a todos os aspectos contemplados no estudo ambiental e no condicionado da declaración.
b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, estado dos viais, cunetas e drenaxes, gabias do cableado, estado de limpeza da área (en especial da zona destinada a instalacións de obra), zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras, etcétera. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.
c) Plano as built, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflita a situación real de todas as instalacións e infraestruturas do parque, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras.
3.4. Fase de funcionamento.
1. Á vista da información aportada no estudo ambiental, non se estima necesario levar a cabo o seguimento da calidade das augas proposto, sen prexuízo da necesidade de controlar o funcionamento dos sistemas de drenaxe e as condicións de incorporación das augas á rede natural, tal e como se establece no punto 2.2 da DIA.
2. En relación co plan de seguimento de avifauna proposto no estudo ambiental, aumentarase ata o 30% o número de aeroxeradores revisados por visita para a detección de aves mortas por colisión.
3. Levarase a cabo un seguimento da posible aparición de efectos acumulativos e/ou sinérxicos sobre a avifauna entre o parque obxecto da presente DIA e os de Deva e Tea, así como coa liña de evacuación Suído-A Graña, valorando conxuntamente os resultados dos seus respectivos plans de vixilancia, de acordo co estudo de sinerxias incluído no estudo ambiental.
4. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitirá ao órgano substantivo un informe de seguimento ambiental, con periodicidade semestral durante os dous primeiros anos de funcionamento do parque e anual os seguintes. Terase en conta que á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos de seguimento ou ben a proposta motivada do promotor, poderase modificar o contido dos sucesivos informes ou a frecuencia dos controis e informes a realizar. O dito informe incluirá, como mínimo, o seguinte contido:
a) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición.
b) Resultados do plan de seguimento de avifauna (con especial atención á poboación de aves rapaces e ao estudo específico sobre o bufo real (Bubo bubo) segundo o que se derive da campaña previa e do seguimento en fase de obras) e informe dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos, de acordo co sinalado nos puntos 3.1.3, 3.4.2 e 3.4.3 da DIA.
c) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se describan os resultados do plan de restauración, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado dos viais, cunetas, plataformas de montaxe, gabias do cableado, drenaxes e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detallaranse os controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas) para verificar a eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.
3.5. Fase previa ao abandono.
No prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase un cronograma estimado das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación acompañado, se é o caso, dun informe no que se recollan as posibles variacións respecto do previsto no plan de desmantelamento, xunto coa súa xustificación.
3.6. Fase de abandono.
Ao longo da fase de desmantelamento e abandono do parque eólico, unha vez rematada a súa vida útil, levaranse a cabo todas as actuacións necesarias para recuperar a situación preoperacional da zona ocupada pola instalación, incluíndo a revexetación das zonas afectadas pola desmontaxe, conforme o plan de restauración presentado.
3.7. Fase posterior ao abandono.
No prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono do parque, remitirase un informe que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflita o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.
ANEXO I - Resumo do proxecto
O proxecto do Parque Eólico Fonteavia, promovido pola empresa Eurovento, S.L., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 38 aeroxeradores e a súa infraestrutura asociada, para instalar nos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo (Pontevedra) e Avión (Ourense). Por cuestións de limitación da potencia para instalar, o promotor dividiu o proxecto en dúas fases, para primeira de 16 aeroxeradores e a segunda cos 22 restantes. Os aeroxeradores distribuiranse dentro dos polígonos definidos polas coordenadas UTM que se indican, para cada unha das fases, no punto 1 desta declaración.
As características básicas do proxecto, considerando as dúas fases, son as seguintes:
Número de aeroxeradores: 38.
Modelo: Izar-Bonus 1.3.
Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW.
Potencia total instalada: 49,4 MW.
Altura das torres: 55 m.
Diámetro do rotor: 62 m.
Inversión prevista: 32.357.530,34 euros.
Para a transformación da enerxía producida no parque empregarase a futura subestación 220/30 kV A Graña, obxecto de proxecto independente, aínda que para efectos ambientais incluíuse e valorouse no estudo ambiental. Anexo á subestación situarase o edificio de control do parque, cuxo acabado exterior será acorde co contorno e que albergará a sala de celas eléctricas, a oficina de control, un almacéntaller, aseo dotado de fosa séptica e vestiario. A evacuación realizarase a través da L.A.T. 220 kV Subestación Suído-Subestación A Graña, que xa conta con declaración de impacto ambiental.
A obra civil inclúe a execución duns 7.000 m de viais de acceso e servizo aos aeroxeradores, cun largo de rodadura de 5 m e dotados de cunetas e drenaxes transversais para a recollida e evacuación de augas pluviais. Prevese a execución de 14.557 m de gabias para soterrar o cableado de media tensión e de comunicacións que interconectará os aeroxeradores coa subestación transformadora.
Segundo o estudo ambiental, a vexetación na área de implantación do parque está composta maioritariamente por breixeiras secas europeas, aparecendo breixeiras húmidas atlánticas nas zonas máis húmidas. En menor proporción aparecen tamén formacións herbosas con Nardus, vexetación casmofítica e pasteiros pioneiros en superficies rochosas.
ANEXO II - Resumo das medidas preventivas e correctoras previstas na documentación avaliada
No apartado de medidas protectoras e correctoras do estudo ambiental inclúense basicamente as seguintes:
- Humectación de superficies cando as obras coincidan cos períodos máis secos.
- Deseño da rede de drenaxe acorde co réxime hídrico da zona, sen alterar a distribución dos fluxos de auga nas microconcas da área ocupada polo parque.
- Controis analíticos da calidade das augas.
- O replanteo levarase a cabo o máis exactamente posible co fin de ocupar só os terreos previstos.
- Retirada e correcto acopio da terra vexetal.
- Nos movementos de terras axustarase ao máximo o volume de desmonte co de terraplén para minimizar os sobrantes de terras. Os sobrantes de escavacións depositaranse en lugar indicado pola administración competente.
- A circulación de vehículos e maquinaria realizarase polas zonas acondicionadas para o efecto para reducir, entre outros, os efectos da compactación.
- A eliminación de vexetación herbácea e arbustiva realizarase mediante brozadora, axustándose ás superficies de actuación proxectadas.
- Non se vai afectar a ningunha formación arbórea.
- Para valorar posibles afeccións sobre a avifauna realizaranse comprobacións periódicas de acordo co disposto no plan de vixilancia específico de aves.
- As liñas eléctricas serán soterradas, o acabado dos aeroxeradores mate e o edificio da subestación integrarase co contorno.
- Revisarase a evolución das superficies revexetadas co obxecto de minimizar a afección á paisaxe e amortecer o impacto visual dos viais.
- As medidas para paliar ou minimizar os efectos sobre o patrimonio detállanse no estudo arqueolóxico específico e xa foron tidas en conta na fase de redacción do proxecto.
Outras medidas protectoras e correctoras que aparecen dispersas ao longo do estudo ambiental, así como as recollidas na documentación complementaria son as seguintes:
- Respectarase a Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire á defensa e uso destas.
- Reducirase ao máximo a superficie ocupada polos novos viais e gabias do cableado.
- Procurarase que os viais discorran en desmonte aberto en ladeira, evitando trincheiras e compensando volumes de desmonte e terraplén para minimizar a saída de terras a vertedoiro. Minimizaranse os noiros e terrapléns.
- Construiranse obras de paso sempre que a traza dos viais cruce unha corrente de auga continua ou descontinua, ou cando se prevexa acumulación de auga nas cunetas. Consistirán en tubos de formigón de 400 m de diámetro con deflectores de roca á saída, para diminuír a velocidade e potencial erosivo da auga.
- Aproveitaranse na medida do posible os viais existentes e devasas para a execución de accesos ao parque.
- Os labores de limpeza, mantemento e reparación de maquinaria realizaranse en talleres autorizados, e cando non sexa posible e se teñan que realizar no parque, faranse na zona de instalacións de obra protexendo o solo con materiais impermeables.
- Procederase á trituración dos restos vexetais e os restos serán esparexidos uniformemente polo solo.
- O formigón traerase de fábrica, de planta próxima á obra.
- Creación de emprego e adquisición de materais durante a execución das obras.
- Proxecto de restauración e revexetación, que se desenvolverá de forma paralela ao avance das obras. Plan de desmantelamento e abandono do parque.
- Desvío de viais para a protección de hábitats naturais. Preservación dos piornais.
- Programa de vixilancia de ruídos, revexetación, avifauna, control arqueolóxico...
- Seguimento específico para as poboacións de aves rapaces e o bufo real (Bubo bubo), con campañas previas, seguimento en obra e funcionamento e medidas de mellora do hábitat. Seguimento de sinerxías.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL