Diario Oficial de Galicia, 24-11-2004, Núm. 229, Páx. 16166
Resolución do 8 de novembro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. 132 kV Mondoñedo-Meira, tramo II da L.A.T. 132 kV Farrapa-Mondoñedo e modificación da actual L.A.T. 132 kV Mondoñedo-Vilalba, nos concellos de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), promovido por Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
En cumprimento do disposto no artigo 5º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 1 de outubro de 2004, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. 132 kV Mondoñedo-Meira, tramo II da L.A.T. 132 kV Farrapa-Mondoñedo e modificación da actual L.A.T. 132 kV Mondoñedo-Vilalba, nos concellos de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), promovido por Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2004.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas
Declaración de impacto ambiental
Examinada a documentación que constitúe o expediente, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.
Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores.
As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá a solicitude, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada esta declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral.
1. Ámbito da declaración.
Esta declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, con orixe na subestación de Mondoñedo e remate na de Meira, de 25.286 m de lonxitude, e que inclúe as seguintes instalacións:
- A devandita L.A.T. 132 kV Mondoñedo-Meira, en simple circuíto con condutor LA-280, sobre 106 apoios metálicos de celosía.
- Tramo II da L.A.T. 132 kV Mondoñedo-Farrapa, de 6.476 m de lonxitude, con orixe na subestación de Mondoñedo e remate no apoio nº 35 da liña anterior.
- L.A.T. 132 kV Mondoñedo-Vilalba, cunha lonxitude de 2.768 m, con orixe na subestación de Mondoñedo e remate no apoio nº 16 da L.A.T. Mondoñedo-Meira.
O trazado discorrerá polos concellos de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), conforme o plano «Planta xeral. Números 2.1, 2.2 e 2.3. Abril 2003» do estudo de impacto ambiental.
2. Condicións xerais.
2.1. Protección das augas e leitos fluviais.
Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e/ou policía dos cursos de auga, así como os cruzamentos, captacións e/ou vertidos, precisarán da autorización do órgano de conca competente, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.
Non se afectarán ou serán repostas na súa totalidade as instalacións de abastecemento de auga, saneamento ou calquera outra amparada pola lexislación hidraúlica que poidan atoparse no trazado das obras.
Non se acumularán terras, entullos, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume dos cursos fluviais nin en zonas de forte pendente próximas a estes, para evitar a súa incorporación ás augas no caso de chuvias, cheas ou escorrega superficial.
Calquera operación de formigonado próxima aos leitos dos ríos deberase realizar en condicións que eviten o derramo de formigón. Así mesmo, non está permitido o lavado de maquinaria e útiles nos cursos de auga.
2.2. Protección da fauna e vexetación.
2.2.1. Sobre a fauna.
Para levar a cabo os labores de corta e roza de vexetación na rúa de seguridade, así como as tarefas de mantemento periódico, escolleranse datas fóra das épocas de nidificación e cría da fauna máis sensible a este tipo de actuacións, que se determinarán en función do inventario faunístico incluído no estudo ambiental.
2.2.2. Sobre a vexetación.
Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira aplicarase o disposto na Resolución do 27 de maio de 2002 (e posteriores correccións de erros), da Consellería de Medio Ambiente, relativa á tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.
2.3. Sobre o Programa de vixilancia e seguimento ambiental.
O obxecto deste programa é o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudo ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.
No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente ao órgano substantivo, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas. Se se pon de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo poñerá este feito en coñecemento da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Todas as medicións e/ou analíticas do programa de vixilancia deberán ser realizadas por entidade homologada ou acreditada, e os resultados deberán vir asinados por un técnico da dita entidade.
Así mesmo, co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un/s responsable/s do control deste, notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo.
3. Condicións específicas.
3.1. Sobre a protección do patrimonio cultural.
1. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos, en todo o ámbito da liña eléctrica. Para tal fin, e previamente ao inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Como anexo ao proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o transcurso desta, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.
2. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.
3. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.
3.2. Fase previa ao inicio das obras.
1. O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.
Proponse como importe do aval, que deberá fixar o órgano substantivo, a cantidade de 10.256 A, correspondente ao orzamento de execución por contrata dos labores de restauración asociados á fase de obras, incluíndo a restauración asociada ao desmantelamento de antiga liña, de acordo co proxecto de restauración presentado.
3.3. Fases de replanteo e obra.
1. Co obxecto de preservar a vexetación de ribeira asociada á zona húmida de Fonmiñá no contorno do apoio nº 103, substituirase este apoio, un Drago 2500 de 18 m de altura, por outro da mesma serie de 33 m de altura, de acordo co descrito na «Documentación complementaria. L.A.T. Mondoñedo-Meira. Abril 2004».
2. En relación coa apertura e mantemento da rúa de seguridade baixo a liña, teranse en conta as seguintes consideracións:
- A rúa de seguridade deberá estar limpa de todo tipo de vexetación incompatible coa liña, de forma permanente e durante toda a vida útil da instalación. As dimensións mínimas da rúa determinaranse en función da lexislación sectorial aplicable; non obstante, e dependendo da topografía do terreo, dos ventos e do tipo de vexetación existente, a largura determinarase de xeito que se minimice o risco de lumes nestas zonas e, no caso de que se produzan, se impida a súa propagación e se faciliten as tarefas de extinción.
- Neste sentido, recoméndase realizar unha silvicultura preventiva, preferentemente a realización de áreas devasa nas zonas colindantes á rúa, polo que o promotor ou propietario da liña deberá establecer as servidumes da suficiente amplitude para poder realizar, sen contratempos, os devanditos labores.
- Como excepción ao exposto nos parágrafos anteriores deberase respectar ou, de ser o caso, reducir a afección ao mínimo imprescindible, a vexetación de ribeira e outras árbores e rodais singulares, así como as especies endémicas, singulares e/ou protexidas. Para este arboredo adoptaranse as medidas expostas ao longo do estudo ambiental, tendo presente que, en todo caso, as accións baixo a liña deberán estar consensuadas coa Subdirección Xeral de Defensa Contra Incendios Forestais.
3. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental a que se refire o punto 2.3 desta DIA, o promotor presentará perante o órgano substantivo, con carácter trimestral durante a execución das obras, un informe de obras co contido proposto no estudo ambiental, tendo en conta que o cronograma de obras actualizado se poderá presentar trimestralmente, incluído no propio informe de obras.
Así mesmo, en relación co plan de seguimento do nivel de ruído, as medicións poderán restrinxirse aos puntos de control 1, 6 e 7, nos que só será necesario realizar medicións cando se estean executando obras preto deles e non con carácter trimestral en todos os puntos como se propón no plan presentado.
3.4. Ao final da fase de obras.
1. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, o promotor presentará, perante o órgano substantivo, un informe fin de obras co contido proposto no estudo ambiental.
3.5. Fase de funcionamento.
1. Unha vez entre en servizo a liña procederase, no caso de que non se puidese realizar ao longo da fase de obras, ao desmantelamento da antiga liña Mondoñedo-Meira e á realización dos pertinentes labores de restauración, tal e como se prevé no proxecto de restauración incluído no estudo ambiental.
Prestarase especial atención á correcta xestión de todos os residuos que se xeren como consecuencia do dito desmantelamento, atendendo a súa natureza e de acordo co establecido na lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte ao vertido.
2. Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitirá ao órgano substantivo un informe de seguimento ambiental, con periodicidade semestral durante os dous primeiros anos de explotación da liña e anual os seguintes, tendo en conta que á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos ou ben a proposta motivada do promotor, poderase modificar o contido dos sucesivos informes ou a frecuencia dos controis e informes para realizar.
Este informe incluirá o contido proposto no estudo ambiental, engadindo información sobre o estado da rúa de seguridade, así como os labores de mantemento realizados e, con carácter xeral, a descrición da eficacia e evolución de calquera outra medida protectora e/ou correctora adoptada. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.
3.6. Fase previa ao abandono.
No caso de que se prevexa o desmantelamento da liña, no prazo de seis (6) meses previos á finalización da súa explotación, o promotor remitirá ao órgano substantivo un documento técnico onde se describan todas as actuacións necesarias para desmantelar a liña e recuperar a situación preoperacional da zona ocupada pola instalación, incluído, con carácter xeral, a desmontaxe e retirada de apoios e condutores, demolición de peanas en superficie, restitución de terreos e servizos afectados e revexetación das zonas alteradas pola desmontaxe. Xunto con esta documentación presentarase o cronograma estimado destas actuacións.
3.7. Fase de abandono.
Ao longo da fase de desmantelamento e abandono da liña levaranse a cabo as actuacións previstas polo promotor en cumprimento do sinalado no punto anterior, se é o caso.
3.8. Fase posterior ao abandono.
Co obxecto de efectuar o seguimento e vixilancia ambiental, o promotor remitirá ao órgano substantivo, no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono da liña, un informe que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Xuntarase de reportaxe fotográfica que reflita o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.
ANEXO I - RESUMO DO PROXECTO
A liña eléctrica prevista, a 132 kV, conectará as subestacións de Mondoñedo e Meira, mediante un trazado que atravesa os concellos de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo) e inclúe as seguintes instalacións:
- A propia liña a 132 kV entre as subestacións de Mondoñedo e Meira, cunha lonxitude de 25.286 m, en simple circuíto con condutor LA-280, sobre 106 apoios metálicos de celosía, que substituirá a liña existente na actualidade, cuxa capacidade de transporte está desbordada. Tras a execución da nova liña prevese o desmantelamento da antiga. O trazado coincide co da actual liña desde o inicio ata o apoio nº 16 e entre os apoios 70 e 73. No resto do trazado discorrerá paralela á actual, gardando unha separación media duns 12 m.
- O tramo II da L.A.T. 132 kV Mondoñedo-Farrapa, de 6.476 m de lonxitude, con orixe na subestación de Mondoñedo e remate no apoio 35 da liña anterior, desde onde continuará ata a subestación de Farrapa polo tramo I, que é obxecto doutro proxecto.
- L.A.T. 132 kV Mondoñedo-Vilalba, cunha lonxitude de 2.768 m, que tamén ten orixe na subestación de Mondoñedo e remata no apoio 16 da liña Mondoñedo-Meira, substituíndo neste tramo a actual liña Mondoñedo-Vilalba. A partir deste apoio continúa ata a subestación de Vilalba por outra liña xa existente.
Polo tanto, e segundo o número de circuítos que conflúan ao mesmo tempo, na liña pódense distinguir tres tramos:
- 1º, entre a subestación de Mondoñedo e o apoio nº 16, en triple circuíto, xa que leva condutores das tres liñas.
- 2º, entre os apoios 16 e 35, en dobre circuíto.
- 3º, entre o apoio 35 e o remate da liña, no apoio 106 á altura da subestación de Meira, en simple circuíto, dado que só leva xa o circuíto da liña Mondoñedo-Meira.
A liña disporá ao longo de todo o trazado de cable de comunicacións de fibra óptica OPGW e condutor LA-280. O illamento realizarase mediante cadeas de illadores de vidro.
Segundo o estudo ambiental, a vexetación na área de influencia da L.A.T. está composta por matogueira de breixo, toxo e piorno, repoboacións de piñeiro e eucalipto, masas de frondosas con presenza de carballos, castiñeiros, bidueiros, salgueiros e ameneiros, vexetación herbácea que inclúe prados húmidos e unha pequena representación de vexetación de turbeira, e prados e cultivos nas proximidades das zonas habitadas.
ANEXO II - RESUMO DAS MEDIDAS PROTECTORAS E CORRECTORAS PROPOSTAS NA DOCUMENTACIÓN AVALIADA
Na epígrafe de medidas protectoras e correctoras do estudo ambiental inclúense basicamente as seguintes:
* Rega das superficies cando as obras coincidan co período de estiaxe.
* Cumprimento da normativa referida a emisión de partículas sólidas.
* Plan de mantemento da maquinaria para reducir as emisións.
* Afastar o trazado o máis posible de potenciais receptores. Diminuír a distancia entre fases. Procurar o equilibrio de cargas entre fases.
* Os niveis de presión sonora non poderán superar os límites legais.
* As obras axustaranse ao especificado no proxecto, sen invadir terreos non previstos.
* Empregaranse, na medida do posible, as vías existentes na zona que, no caso de ser deterioradas, deberán ser repostas.
* En zonas de fortes pendentes empregaranse apoios con patas desiguais, de xeito que as escavacións sexan as mínimas posibles.
* Retirada coidadosa e mantemento da terra vexetal para que non perda as súas cualidades. Selección dos lugares de amoreamento.
* Os sobrantes de terras levaranse a vertedoiro autorizado, non creándose vertedoiros incontrolados. Os materiais de préstamo terán a súa procedencia acreditada.
* O mantemento e reparación de maquinaria realizarase en talleres dedicados a tal fin.
* Xestión adecuada dos residuos, de acordo coa lexislación vixente.
* O formigón procederá de plantas de fabricación, e transportarase mediante formigoneiras, evitando así instalacións provisionais.
* En canto aos accesos aos apoios, empregaranse ao máximo as pistas existentes. No caso dos accesos de nova construción, adaptaranse o máximo posible ao terreo, evitando grandes movementos de terras e a creación de desmontes e terrapléns. Intentarase que a maior parte dos accesos se realicen sen actuar sobre o terreo. En zonas arborizadas, o trazado será sinuoso, para reducir ao mínimo a corta de arboredo. Se se executa tratamento superficial do firme, empregarase o propio terreo sempre que sexa posible, sen facer esplanacións.
* Non se modificará a rede hidrolóxica da zona sen autorización do organismo de conca.
* Evitaranse os accesos e o paso de maquinaria sobre regos e regatos. De ser necesario, o paso farase mediante pranchas ou pasarelas e sen afectar á vexetación de ribeira.
* Drenaxes transversais nos accesos aos apoios, cando sexa necesario, mantendo o réxime hídrico. Seguimento da rede de drenaxe.
* Eliminación de residuos de obra.
* O deseño do trazado primará os puntos de menor visibilidade.
* Desmontaxe e retirada da liña na fase de abandono.
* A rúa de seguridade terá a mínima largura posible.
* Nas zonas de vexetación arbórea autóctona primará a poda en vez da corta.
* Restauración de vías que non sexan empregados na fase de funcionamento.
* Criterios para a intervención na vexetación baixo a rúa de seguridade e para o mantemento posterior.
* Tratamento específico dos residuos vexetais xerados, diferenzando madeiras, leñas, pólas delgadas.
* Previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, conforme o disposto no Regulamento de montes.
* Respectar todos os hábitats de interese para a fauna.
* Velocidade baixa de circulación de vehículos, para evitar atropelos de fauna.
* No caso de instalar algún paso canadense (non están previstos) implementaranse medidas para que os pequenos vertebrados queden atrapados neles.
* Non se empregarán herbicidas no mantemento da rúa de seguridade, recomendándose a roza.
* No referente a medidas de protección de avifauna, aplicarase o disposto no Decreto 275/2001, do 4 de outubro.
* Plan de vixilancia de avifauna na fase de funcionamento da liña, que considera a adopción de medidas anticolisión (sinalizadores) e compensatorias (mellora do hábitat e reintrodución ou reforzo de poboacións) no caso de que así o aconsellen os resultados do seguimento.
* Retirada de animais mortos nas proximidades da liña que poidan ser foco de atracción de aves predadoras, para evitar aumentar o risco de colisión e electrocución.
* Medidas de deseño da liña para evitar a electrocución.
* Estudo arqueolóxico, coas correspondentes medidas protectoras.
* Comprobación de interferencias nas telecomunicacións.
* Contratación de man de obra local na fase de construción da liña.
* Adquisición de materiais de obra a empresas da zona.
* Reposición de vías existentes no caso de que queden deteriorados polas obras.
* Proxecto de restauración e revexetación, que inclúe os labores de restauración asociadas á nova liña e aquelas relativas ao desmantelamento da liña actual.
Na «Documentación complementaria. L.A.T. Mondoñedo-Meira. Abril 2004» unha vez estudada a vexetación da zona próxima ao apoio 103, asociada á zona húmida de Fonmiñá, proponse a elevación do dito apoio, que pasaría de ter 18 a 33 m, preservando así a vexetación de ribeira existente.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL