Resolución do 8 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se veda para o exercicio da pesca da troita un tramo do río Miño no concello de Lugo.

Diario Oficial de Galicia, 14-08-2003, Núm. 157, Páx. 10620
Resolución do 8 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se veda para o exercicio da pesca da troita un tramo do río Miño no concello de Lugo. Visto o informe do Servicio Provincial de Caza e Pesca Fluvial de Lugo en relación coas altas densidades de troitas en diversos puntos do río Miño nos que as augas presentan condicións de osixenación, temperatura e sombra mellores cás existentes en zonas nas que o escaso caudal, a ausencia de vexetación de ribeira e as altas temperaturas que se acadan impiden o normal desenvolvemento das troitas. Vista a proposta de veda formulada pola Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo ante o prexuízo que se lle pode causar á poboación de troitas permitindo a pesca nas condicións ambientais existentes. Esta dirección xeral, de conformidade co disposto no artigo 48 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), RESOLVE: Vedar para o exercicio da pesca da troita o tramo do río Miño comprendido entre o Caneiro do Rei Chiquito e o Caneiro de Vilar, ambos límites dentro do termo municipal de Lugo. A veda manterase ata o comezo da temporada hábil do ano 2004. Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2003. Francisco García-Bobadilla Prósper Director xeral de Conservación da Natureza
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res14082003.pdf Galego
res14082003.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles