Resolución do 7 de xuño de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 12 de decembro de 2003, pola que se revisa a Resolución do 23 de decembro de 2002 do proxecto de concesión directa de explotación Mónica 7045, sito no concello de Trazo (A Coruña) e promovido por Granitos San Cristóbal, S.L.

Diario Oficial de Galicia, 21-07-2004, Núm. 140, Páx. 10422
Resolución do 7 de xuño de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 12 de decembro de 2003, pola que se revisa a Resolución do 23 de decembro de 2002 do proxecto de concesión directa de explotación Mónica 7045, sito no concello de Trazo (A Coruña) e promovido por Granitos San Cristóbal, S.L. O 23 de decembro de 2002 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) da concesión directa de explotación Mónica nº 7045, promovida pola empresa Granitos San Cristóbal, S.L.. Esta DIA resolve para os sós efectos ambientais a non viabilidade do proxecto de explotación con base nas consideracións recollidas no informe emitido pola Dirección Xeral de Turismo. Na antedita DIA prevese a posibilidade da súa revisión no suposto de que se produza algunha modificación substantiva na fundamentación fáctica ou xurídica que se desenvolve nesta. Con data 4 de agosto de 2003 a empresa promotora presenta o documento titulado Informe técnico xustificativo da revisión da declaración de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento da concesión directa de explotación Mónica nº 7045 no que se solicita a revisión da DIA de data 23 de decembro de 2002. Con data 7 de agosto de 2003 consúltase a Dirección Xeral de Turismo se procede revisar o informe que serviu de fundamento da mencionada declaración, recibíndose un novo informe en data 12 de novembro de 2003, tras o que, levada a cabo a correspondente visita de comprobación en data 21 de novembro de 2003, se acorda revisar a declaración. Realizada a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, modificado polo Decreto 333/2002, do 22 de novembro, formula a declaración de impacto ambiental (DIA) pola que se revisa a Resolución do 23 de decembro de 2002 do proxecto de concesión directa de explotación Mónica nº 7045. O órgano substantivo para este proxecto é a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, e o órgano ambiental é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. No anexo I resúmese o contido do proxecto e das medidas protectoras e correctoras propostas na documentación presentada. No anexo II resúmese o contido do informe da Dirección Xeral de Turismo téndose en conta, no que procede, o resultado deste no condicionado desta DIA. No anexo III indícase o método de actualización do aval. Declaración de impacto ambiental Examinada a documentación técnica que consta no expediente e constituída por: - Proxecto de explotación da C.D.E. Mónica, nº 7045, de dúas cuadrículas mineiras, en Trazo (A Coruña). Xullo 2001. - Estudo de impacto ambiental e plan de restauración da C.D.E. Mónica, nº 7045, de dúas cuadrículas mineiras, en Trazo (A Coruña). Xullo 2001. - Proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da Mina Mónica nº 7045. Trazo (A Coruña). Memoria. Prospección arqueolóxica. Outubro 2001. - Documento técnico xustificativo da revisión da declaración de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento da concesión directa de explotación Mónica nº 7045. Xullo 2003. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última. Ámbito da declaración Esta declaración refírese en exclusiva aos labores de explotación e instalacións anexas que dentro das dúas cuadrículas mineiras solicitadas e sobre unha superficie total afectada de 5,2 ha, se levarán a cabo dentro do perímetro reflectido no plano nº 3 zonas de alteración do medio. Xullo 2001, xuntado no estudo de impacto ambiental. Para outras áreas a explotar, se é o caso, será preciso revisar esta declaración ou emitir unha nova. 1. Atmosfera. 1.1. Sobre a emisión de po e gases. Os niveis de po e gases non superarán os límites para partículas sedimentables establecidos polo Real decreto 1073/2002, do 18 de outubro, sobre avaliación e xestión da calidade do aire ambiente en relación co dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno, óxidos de nitróxeno, partículas, chumbo, benceno e monóxido de carbono. 1.2. Sobre o ruído. 1.2.1. Os niveis de presión sonora nas vivendas máis próximas dos núcleos habitados de Tarrío, A Igrexa, Fecha, Bachao e Cerradelo así como nos establecementos de turismo rural Casa Grande de Bachao e Casa Rosinda, non poderán superar os valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ao respecto. 1.2.2. As voaduras efectuaranse exclusivamente entre as 10.00 h e as 12.00 h, en días laborais de luns a venres. 2. Augas. 2.1. Previamente ao inicio dos labores, o promotor deberá contar coa preceptiva autorización de verquido e/ou captación outorgada por Augas de Galicia. 2.2. En ningún caso se afectará ao río Tambre e ao rego da Chonia nin aos seus ecosistemas, dado que a zona a alterar aínda atopándose a uns 400 m se sitúa en ladeira cara ao río. 2.3. As augas pluviais que incidan directamente sobre as zonas a alterar, entulleira, así como na zona de amoreamentos de terra vexetal serán conducidas ás balsas de decantación previstas, prohibíndose a súa vertedura directa. 2.4. Para as canles de interceptación da escorrega externa e das balsas de decantación, co fin de evitar a erosión na incorporación das augas, colocaranse sistemas de disipación de enerxía (encanchados de pedra ou pequenos diques) nos puntos do vertedura. 2.5. Procederase á limpeza periódica das balsas con obxecto de manter a súa funcionalidade. 2.6. No que respeta aos viais de nova construción e os modificados, no caso de que se sitúen en ladeira e corten transversalmente o paso da auga (efecto presa), co fin de evitar que se reduza a achega de auga de escorrega á parte baixa da ladeira, deseñarase un número suficiente de drenaxes transversais. 2.7. Os lodos procedentes da foxa séptica prevista xestionaranse de acordo co establecido no Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de produtor e xestor de residuos de Galicia e se crea o Rexistro Xeral de Produtores de Residuos de Galicia. 3. Solo. 3.1. Nas novas zonas retirarase e amorearase a capa de terra vexetal procedente de cada superficie a ocupar, previamente ao inicio do seu laboreo. 3.2. As moreas de terra vexetal disporanse, como máximo, con alturas de ata 2 m. Asemade, estas moreas deberán ser estables e facerse de forma que se impida a súa deterioración por compactación e arrastres. 3.3. Co fin de conservar as propiedades da terra vexetal amoreada ata o momento da súa reposición, procederase ao seu mantemento realizando: sementeiras de herbáceas (mestura de gramíneas e leguminosas), removido cada seis meses como mínimo, achega de fertilizante mineral e rega nos períodos de seca. 3.4. Esta terra vexetal mentres permaneza amoreada non podera ser mesturada cos lodos de decantación nin con ningún tipo de residuos ou entullos. 3.5. Os labores de mantemento da maquinaria que non se leven a cabo en taller autorizado efectuaranse nunha zona delimitada para o efecto. Os aceites e outros residuos perigosos que se poidan producir deberán ser recollidos en contedores e entregados a xestor autorizado. 3.6. Previamente ao inicio dos labores, o promotor deberá contar coa autorización como pequeno produtor de residuos perigosos, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de produtor e xestor de residuos de Galicia e se crea o Rexistro Xeral de Produtores de Residuos de Galicia. 4. Fauna. 4.1. Na coroación dos noiros e durante a fase de explotación, instalarase un peche de protección de malla metálica de tipo cinexético que impida a caída de animais, cunha altura non inferior a 1,50 m, e a luz de malla na parte xunto ao solo será suficientemente pequena para impedir o paso de fauna de pequeno tamaño, evitarase en calquera caso o emprego de arame de espiño. O peche manterase en perfecto estado ata que non rematen os labores de restauración, momento en que será retirado. 5. Vexetación. 5.1. Respectarase sistematicamente a vexetación existente, compatible cos labores de explotación. 5.2. Para a realización de cortas das especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, tendo que facer a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso. Os restos vexetais que se produzan, deberán ser xestionados, prevalecendo sempre a súa valorización. No caso de depositalos no terreo, deberán ser triturados e espallados homoxeneamente, para permitir unha rápida incorporación ao solo. 6. Paisaxe. 6.1. A barreira vexetal proposta realizarase tal e como se indica no documento titulado Informe técnico xustificado da revisión da declaración de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento da concesión directa de explotación Mónica nº 7045. Xullo 2003. Esta pantalla vexetal, formada por plantacións de Pinus radiata, debe cumprir coa súa función desde o primeiro momento, polo que se implantará completamente ao inicio da explotación e a altura das especies a empregar serán como mínimo de 1,5 m. 6.2. No caso de que algunha das árbores que conforman a pantalla vexetal non prenda ou deixe de cumprir a súa función, deberá ser substituída por outra inmediatamente, asegurando a súa efectividade. 6.3. Ademais, e en todo caso debe asegurarse que a explotación non sexa visible desde a casa de turismo rural Casa Grande de Bachao. Asemade, naquelas zonas onde a vexetación existente oculta a explotación, no caso de que esta masa arbórea desapareza, deberá garantirse que a súa función se siga exercendo por outros medios. 7. Patrimonio. 7.1. Os xacementos arqueolóxicos e o seu ámbito de protección legal (raio de 200 m medidos desde o límite exterior do ben) quedarán excluídos da concesión de explotación. A realización de calquera tipo de obra nestas áreas, precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. 7.2. Co fin de evitar calquera afección sobre o citado patrimonio arqueolóxico, é necesario sinalar na cartografía empregada pola empresa promotora os xacementos arqueolóxicos situados no ámbito da concesión directa de explotación Mónica nº 7045. 8. Restauración. 8.1. Sempre que sexa tecnicamente viable procederase á restauración progresiva dos dous ocos de explotación e a entulleira a medida que se vaian esgotando. Para o recheo utilizaranse exclusivamente os estériles producidos na extracción do granito ou na elaboración deste. 8.2. As achegas externas de terra vexetal, necesarias para alcanzar os 20 cm de espesor, deberán provir de amoreamentos ou zonas debidamente autorizadas, sendo admisible, asemade, o uso de solos artificiais obtidos baixo autorización administrativa da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. 8.3. Co fin de integrar paisaxisticamente a explotación na fase de abandono, deberán realizarse plantacións de Quercus robur e Pinus radiata cun marco de plantación de 4x4 m (625 árbores ha). 8.4. Sobre toda a superficie alterada pola explotación procederase á sementeira, das especies indicadas no estudo, empregando unha dose de sementes de 250 kg/ha como mínimo. 8.5. Procederase á rega regular, á fertilización mineral de reforzo anual e á resementeira daquelas superficies nas que se observe a existencia de calvas e/ou marras, ata que se asegure a viabilidade da revexetación con obxecto de manter a densidade de plantación proposta. 8.6. Todas as árbores ou sementes a empregar reunirán as condicións suficientes de pureza, potencia xerminativa e ausencia de pragas e enfermidades que garantan o éxito de revexetación. 8.7. No que respecta ás balsas de decantación, sistema de drenaxe e valado perimetral, procederase ao seu recheo e/ou desmantelamento, ao final da fase de explotación así como ao peche e restauración dos viais interiores xunto coas súas correspondentes cunetas. 9. Documentación adicional. 9.1. Se a aplicación desta declaración supuxera algunha modificación ao proxecto obxecto da mesma, deberá presentarse o correspondente proxecto modificado nun prazo máximo de tres (3) meses desde a notificación desta DIA, e en calquera caso con anterioridade ao inicio dos labores, perante a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas para a súa aprobación pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. 9.2. O promotor presentará diante do órgano substantivo, anualmente xunto co Plan de Labores, un informe sobre a situación da restauración, no que se inclúa, como mínimo, a seguinte documentación: a) Planos en planta, dotados de coordenadas U.T.M. e a escala 1:2.000 ou maior detalle, nos que se diferencien e cuantifiquen as seguintes partidas: a.1. Superficie alterada acumulada (ha). a.2. Superficie restaurada acumulada (ha). a.3. Superficie sen restaurar (ha). a.4. Previsión de superficies a alterar e a restaurar no seguinte ano (ha). b) Accións levadas a cabo e previstas: b.1. Sobre a terra vexetal (volume retirado, amoreado e estendido, así como os labores de mantemento efectuados). b.2. Sobre o sistema de drenaxe e decantación (periodicidade de retirada de lodos e volume retirado). b.3. Sobre a revexetación (labores preparatorios, labores de plantación, sementeira, especies empregadas, regas, fertilización, % de marras e/ou de calvas observadas). b.4. Sobre os residuos (características, periodicidade de recollida e cantidade). c) Resultados das medicións do nivel de ruído, realizadas por unha entidade homologada por esta dirección xeral. d) Resultado da análise físico-química trimestral das augas provenientes da explotación unha vez decantadas e antes da súa vertedura, no que se inclúan como mínimo os seguintes parámetros: pH, sólidos en suspensión totais, materiais sedimentables, sólidos grosos, aceites e graxas. Como límites de referencia utilizaranse os establecidos na autorización emitida por Augas de Galicia. e) Reportaxe fotográfica na que se reflita o estado da explotación e dos labores de restauración levadas a cabo, sinalando nun plano o lugar de toma destas. 10. Condicións adicionais. 10.1. Para efectos de seguimento desta declaración de impacto ambiental, o órgano substantivo comunicará ao órgano ambiental a data de notificación da DIA ao promotor. 10.2. De acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, a contía do aval, que deberá ser fixada polo órgano substantivo a proposta do órgano ambiental, deberá ser suficiente para responder dos danos que se lle poidan causar ao ambiente e do seu custo de restauración, garantindo ademais o cumprimento das medidas correctoras e protectoras, durante un período non inferior á duración da explotación nin superior á finalización dos traballos de restauración. Así proponse como aval definitivo a cantidade de cento oitenta e un mil catrocentos noventa e nove euros (181.499 euros). O aval revisarase segundo o exposto no anexo III desta DIA e será renovado en función do cumprimento por parte do promotor do plan de restauración, segundo calendario previsto. 10.3. O promotor comunicará á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, a data de comezo da explotación. 10.4. As condicións indicadas nesta declaración de impacto ambiental son de obrigado cumprimento para o promotor. Nembargantes, este poderá solicitar ao órgano ambiental, a través do órgano substantivo, a revisión das medidas indicadas nesta DIA co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na explotación, e sempre e cando as novas medidas propostas permiten acadar os obxectivos e fins que se indican nesta declaración. Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo de un (1) mes despois de serlle notificada esta DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ao promotor, quen non poderá comenzar os traballos de explotación antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto. 10.5. Co obxecto de acadar a máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un responsable desta no caso de que non sexa o director facultativo, notificando o seu nomeamento ao órgano ambiental, a través do órgano substantivo, previamente ao inicio dos labores extractivos. 10.6. O órgano ambiental, a iniciativa propia ou a proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera intre e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais a esta declaración en función dos resultados que se obteñan no desenvolvemento da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non contemplado actualmente. 10.7. Se unha vez emitida esta DIA se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou a solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determinar as causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos. 10.8. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial por parte do promotor, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adoptar as medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente. ANEXO I: Resumo do proxecto O proxecto consiste nunha explotación de granito ornamental, no concello de Trazo, localizándose máis concretamente entre o Monte de Tarrío e o lugar de A Igrexa, ao lado do lugar de Xavestre. A superficie a alterar é dunhas 5,2 ha divididas en dúas zonas, e o método de explotación formulado é a ceo aberto mediante banqueo cunha altura dos bancos de 4, facéndose o arranque da roca por medio de perforación e voadura para a extracción de bloques, semibloques e outros elaborados vendibles. Realizarase por niveis formando bancos, de maneira ascendente. O arranque da roca efectuarase con perforación e acuñado. Rematada esta operación, o bloque cárgase por medio dunha pa aos camións, para o seu traslado ao taller de serrado. Proxéctase unha entulleira para os dous primeiros anos de explotación, a partir dos cales o material estéril utilizarase para o recheo dos ocos de explotación. Tendo en conta que as reservas que se explotarán serán de 73.638 m e o ritmo de explotación previsto é de 3.500 m/ano, considérase unha vida da canteira de 21 anos. As instalacións auxiliares necesarias son unha caseta de tipo móbil para comedor, vestiarios, servizos do persoal e una foxa séptica para augas residuais. Medidas correctoras No proxecto presentado prevese a adopción das seguintes medidas correctoras: Augas superficiais: - Construción dunha canle perimetral que evite a entrada das augas de escorrega procedentes das cotas superiores en todo o perímetro da explotación e nas zonas de traballo. - Existencia de foxa séptica para a xestión das augas residuais. - Na zona de explotación evitaranse as operacións de cambio de aceite, reparación e mantemento de maquinaria. Solo: - Retirada e amoreamento da terra vexetal das zonas ocupadas na explotación. Sobre ela realizaranse os labores necesarios para garantir a conservación das características orixinais, para poder ser utilizada na restauración da zona. - Recheo dos ocos cos estériles xerados. Calidade do aire: - Cumprirase o disposto no Real decreto 1321/1992, do 30 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Real decreto 1613/1985, do 1 de agosto, e se establecen novas normas de calidade do aire no referente á contaminación por dióxido de xofre e partículas. - Emprego de captadores de po nos equipos de perforación. - Rega dos viais durante a explotación para evitar a formación de po. - Mantemento da maquinaria e equipos en correctas condicións para que a emisión de gases sexa a menor posible. Control e prevención do ruído: - Utilización de materiais e técnicas especiais para a redución do ruído. - Mantemento da maquinaria e equipos en correctas condicións. Paisaxe e revexetación: - Creación de pantallas visuais formadas por Pinus radiata, que enmascare a zona de explotación. Implantaranse 773 m (580 pés) de apantallamento visual na zona 1 e 592 m (444 pés) na zona 2. - Plan de restauración no que se acomete a recuperación dunha forma progresiva a medida que se realiza a explotación. - A partir do segundo ano de explotación os estériles producidos servirán para o recheo das zonas explotadas. - A explotación da zona 2 se iniciará unha vez terminada a explotación na zona 1. - Descompactación das superficies a plantar mediante subsolado e escarificado. - Estendido de terra vexetal cun espesor mínimo de 10 cm. - Sementeira coas seguintes especies: Lolium perenne, Trifolium repens, Agrostis tennuis, Dactylis glomerata, Cytisus scoparius, Ulex europeaus e Erica cinerea empregando unha dose de sementes de 150 kg/ha. - Desmantelamento das instalacións auxiliares e peche de protección, recheo das canles e balsas de decantación ao finalizar a explotación. ANEXO II: Resultado das consultas realizadas Do contido dos informes recibidos cabe destacar as seguintes consideracións: A Dirección Xeral de Turismo emite informe no que se recolle que: - Con data 11 de decembro de 2002 a Dirección Xeral de Turismo emite informe sobre o proxecto de aproveitamento da concesión directa de explotación Mónica nº 7045 situada entre o Monte de Tarrío e o lugar de A Igrexa, no concello de Trazo. No devandito informe valorábase a incidencia turístico-ambiental que produciría a explotación, situada nun territorio de elevada calidade paisaxística e natural. Este informe, complementario do anterior, emítese debido á solicitude recibida pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. - A principal incidencia á que se aludía no informe anterior é a casa grande do Bachao, a que máis directamente se ve afectada pola proposta de explotación, localizada fronte aos montes nos que se propón a explotación mineira. - As pantallas vexetais propostas minimizan o impacto que se puidera producir pola posible percepción visual desde o contorno da casa do Bachao; cabe dicir, que non existe unha visión directa desde o punto xusto de asentamento do establecemento, tal e como se explica no informe recibido (aínda que si pode existir desde os percorridos ou o contorno máis ou menos próximo). - Polo tanto cabe dicir, como complemento ao informe emitido no seu día que: * O impacto sobre o medio, de elevada calidade paisaxística, é innegable como en calquera actuación deste tipo, as medidas propostas no informe presentado reducen as repercusións dese impacto. * Debido ao peso que ten a paisaxe natural nos valores turísticos da zona, os impactos nos aspectos turísticos estarán ligados aos impactos sobre a paisaxe, considérase polo tanto, que a avaliación final da repercusión do proxecto así como a posibilidade de revisar ou non a declaración de impacto ambiental emitida débese estudar desde un punto de vista ambiental. ANEXO III: Cada cinco (5) anos o aval actualizarase de acordo coa seguinte fórmula: Ti= ToxI1x...xIi-1x(S-SRi) So Sendo: To= importe total do aval inicial. Ti= importe do aval no ano i. i= ano de explotación. So= superficie inicial prevista a restaurar. SRi= superficie restaurada ata o ano i. Ii= inflación no ano i (IPC en Galicia). Previo ao cambio do aval fixará o órgano substantivo a superficie restaurada ata o ano i SRi. O cambio efectuarase cada cinco anos ou antes se o promotor o solicitase. A Coruña, 7 de xuño de 2004. Jesús Espada Martínez Delegado provincial da Coruña
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
07062004.pdf Galego
RES07062004.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles