Diario Oficial de Galicia, 28-10-2005, Núm. 208, Páx. 1742
Resolución do 7 de outubro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Ulla e se fixa o período e condicións para presentar as solicitudes para a súa adxudicación no vindeiro ano 2006.
De conformidade coa disposición adicional segunda da Orde do 20 de xaneiro de 2000, pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia, na que se faculta o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra para ditar cantas normas sexan necesarias para a regulación da pesca da lamprea no río Ulla e, co obxecto de que se realice un aproveitamento ordenado desta pesqueira, establécese un réxime especial de pesca da antedita especie para o vindeiro ano 2006 nos tramos e coas limitacións que a continuación se indican, ás que se deberán ater as persoas autorizadas como titulares, así como as autorizadas para pescar nelas:
* Nas pesqueiras de Areas e Bellas deberán deixar libre a canle central do río, non podendo faenar na denominada vea.
* O período de pesca será: desde o lugar de Areas (Herbón) ata o lugar denominado Bellas ambos inclusive, do día 10 de xaneiro ao 31 de marzo; e no tramo comprendido desde a canle de Herbón ata o lugar de Sinde do 7 de febreiro ata o 29 de abril.
* A pesca só poderá practicarse desde as pesqueiras tradicionais, detalladas no anexo, debendo empregar redes que non causen dano a outras especies piscícolas.
* As redes só poderán estar colocadas desde as 20.00 ata as 8.00 horas.
* Prohíbese a realización dos labores de pesca, debendo levantarse as redes das pesqueiras, desde as 8.00 horas dos sábados ata as 20.00 dos luns.
* Toda persoa que faene nas pesqueiras deberá estar en posesión da correspondente licenza de pesca e do permiso de 4ª categoría para cada día e pesqueira, documentos que deberán levar consigo xunto co DNI durante a práctica desta actividade.
* Serán devoltos ás augas ou entregados aos axentes que o soliciten todos aqueles exemplares piscícolas que no sexan as lampreas capturadas nas pesqueiras.
* En todo momento, deberán colaborar cos axentes de conservación da natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, seguindo as súas instrucións.
* O mesmo día en que remate o réxime especial procederase a retirar as artes de pesca.
As infraccións contra esta regulación serán sancionadas de conformidade co establecido na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial. Polo uso indebido da pesqueira responderá o seu titular; se nun mesmo posto hai varios titulares responderán conxunta e solidariamente.
Os permisos para toda a temporada estarán á venda a partir do 19 de decembro do 2005.
Xunto cos permisos entregarase un cuestionario de rexistro de capturas que deberá ser debidamente cuberto e deberá estar sempre a disposición dos axentes de conservación da natureza. Unha vez rematada a temporada será entregado no Servizo de Conservación da Natureza. O cumprimento deste requisito será indispensable para poder obter permiso para a próxima temporada.
No caso de que a pesqueira a traballe unha persoa distinta do seu titular, para a obtención dos citados permisos, deberá acreditar no Servizo de Conservación da Natureza estar autorizado polo do titular dela.
O Servizo de Conservación da Natureza, por razóns hidrobiolóxicas, de estiaxe ou calquera outra que o faga necesario, poderá modificar o contido da presente normativa adoptando medidas axeitadas.
Prazo para presentar as solicitudes:
Co obxecto de adxudicar as pesqueiras para a pesca da lamprea, acordo abrir o prazo para que os titulares das pesqueiras do río Ulla presenten a súa solicitude:
- O dito prazo estará aberto desde a publicación da presente resolución ata as 14.00 horas do día 14 de novembro de 2005.
- Coa solicitude deberán presentar copia do DNI e a documentación que acredite a titularidade da pesqueira no Servizo Provincial de Conservación da Natureza, r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, Pontevedra.
- A pesqueiras solicitadas serán as que se relacionan no anexo.
Pontevedra, 7 de outubro de 2005.
Juan Francisco Froján Fontán
Delegado provincial de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO