Diario Oficial de Galicia, 17-11-2006, Núm. 222, Páx. 16954
Resolución do 7 de novembro de 2006, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se fai pública a modificación do 6 de novembro da declaración de impacto ambiental do 10 de marzo de 2006, publicada por Resolución do 4 de outubro de 2006, do parque empresarial de Vimianzo.
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a modificación do 6 de novembro de 2006 da declaración de impacto ambiental do 10 de marzo de 2006 (DIA), da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, publicada por Resolución do 4 de outubro de 2006, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto sectorial do parque empresarial de Vimianzo, no concello de Vimianzo (A Coruña), promovido por Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. (SEA).
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2006.
Mª Teresa Táboas Veleiro
Conselleira de Vivenda e Solo
Modificación do 6 de novembro de 2006 da declaración de impacto ambiental do 10 de marzo de 2006 relativa ao proxecto sectorial do parque empresarial de Vimianzo, no concello de Vimianzo (A Coruña), promovido polo Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. (SEA). Clave: 2006/0039.
Con data do 10 de marzo de 2006 formulouse a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto sectorial arriba indicado.
Con data do 11 de abril de 2006 recíbese un informe do Concello de Vimianzo en que se indica a imposibilidade de localizar a EDAR proxectada na parcela situada á dereita do río de Vimianzo, xa que se trataba dunha zona inundable, e polo tanto pertencente ao dominio público hidráulico, mentres que na marxe proposta inicialmente non existe este problema ao atoparse a parcela seleccionada a unha cota superior ao nivel das augas.
Polo tanto, á vista do anterior, procédese á seguinte modificación da DIA:
* No punto C.2.4. elimínase o parágrafo: «Sen detrimento do antedito, replantearase a localización da EDAR á dereita do río en lugar de á esquerda, para así evitar o cruzamento do río co colector de saneamento».
E para que conste para os efectos oportunos.
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE VIVENDA E SOLO
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL